Back

ⓘ Narcotráfico en Galicia ..



                                               

Carmen Avendaño

Carmen Avendaño Otero, nada en Lavadores o 21 de novembro de 1945, é unha muller coñecida pola súa loita contra o narcotráfico en Galicia; presidenta e coordinadora da fundación Érguete-Integración.

                                               

Manuel Charlín

Manuel Charlín Gama, nado en Vilanova de Arousa o 17 de novembro de 1932, é un empresario e contrabandista galego. É o patriarca da saga familiar chamada clan dos Charlíns.

                                               

Marcial Dorado

Marcial Dorado Baúlde, nado en Cambados o 2 de abril de 1950, é un empresario galego, dende hai anos residente na Illa de Arousa, condenado por contrabando e narcotráfico.

                                               

Entre bateas

Entre bateas é un filme dirixido por Jorge Coira e estreado en 2002. Trátase dunha coprodución na que tanto o equipo técnico coma o artístico están formados na súa maior parte por galegos. Foi a gran triunfadora dos Premios Mestre Mateo do audiovisual galego ano 2002, recibindo os galardóns á mellor película de TV e o premio do público. Gañou as categorías da mellor dirección e montaxe Jorge Coira, actriz secundaria Rosa Álvarez, maquillaxe e peiteado Eva Fontenla e Trini Fernández, son, banda sonora Piti Sanz, dirección artística Marta Villar, dirección de produción Roberto Sinde.

                                               

Fariña (serie de televisión)

Fariña é unha serie de televisión inspirada en feitos reais, emitida pola canle de televisión española Antena 3, entre o 28 de febreiro e o 9 de maio de 2018. Está baseada no libro homónimo Fariña, do xornalista coruñés Nacho Carretero, e versa sobre o narcotráfico en Galicia e Sito Miñanco, un histórico traficante de drogas galego. Foi producida por Atresmedia Televisión en colaboración con Bambú Producciones e nela participaron un gran número de actores galegos como Javier Rey, Celso Bugallo, Marta Larralde, Patricia Vázquez e Antonio Durán "Morris", entre moitos outros. A súa estrea foi ...

                                               

Juan Carlos González Martín

Juan Carlos González Martín, alcumado "Culebra" ou "Culebras", nado en Vigo c.1938 e finado na mesma cidade o 25 de maio de 2018, foi un piloto de rally, contrabandista de tabaco e narcotraficante galego.

Free and no ads
no need to download or install

Pino - logical board game which is based on tactics and strategy. In general this is a remix of chess, checkers and corners. The game develops imagination, concentration, teaches how to solve tasks, plan their own actions and of course to think logically. It does not matter how much pieces you have, the main thing is how they are placement!

online intellectual game →