Back

ⓘ Meiga. Segundo a tradición popular, unha meiga é a muller con coñecementos de maxia e bruxaría, ademais de menciñeira. Entre as súas cualidades figuran a capaci ..



Meiga
                                     

ⓘ Meiga

Segundo a tradición popular, unha meiga é a muller con coñecementos de maxia e bruxaría, ademais de menciñeira. Entre as súas cualidades figuran a capacidade para facer feitizos e meigallos, males de ollo e adiviñación.

                                     

1. Etimoloxía

Existen varias teses sobre a súa etimoloxía. A máis común deriva o termo actual do latín medica. Para outros autores o termo é homónimo de maga, que procedería do persa antigo maguš -sabio- por mediación do grego μάγος e finalmente do latín magus, do que sería o seu feminino, ou da mesma raíz persa maguš vía latín mag-ister, mestre, polo que as meigas serían as posuidoras e transmisoras da sabedoría popular, feito polo que serían perseguidas na época cristiá cando a Igrexa loitaba por monopolizar o coñecemento.

                                     

2. Tradición

A figura da meiga está moi arraigada na tradición popular, e diferénciase da bruxa en que esta actúa sempre con maldade, podendo tratar e mesmo pactar co demo. A figura da bruxa correspóndese en gran medida co arquetipo clásico da bruxa vestida de negro, con sombreiro cónico e a súa vasoira, mentres que a figura da meiga achégase moito máis a unha muller de aldea, con certa idade, mais con maior heteroxeneidade no demais.

A meiga rivaliza en popularidade coa propia Santa Compaña, e achégase bastante á figura da curandeira dos druídas. Expresión típica pola que se recoñece a cultura galega en gran parte de España é aquela de eu non creo nas meigas, mais habelas hainas.

                                     

2.1. Tradición Tipos de meigas

Dise que hai un gran número delas, cada unha con diferentes poderes:

  • Lobismuller: ten que nacer en Noiteboa ou Venres Santo, ou ben ser a sétima ou novena filla dunha familia na que tódolos fillos son mulleres.
  • Marimanta: é a meiga do saco, rouba raparigos e fainos desaparecer.
  • Agoreiras: estas meigas avellentan prematuramente, pero viven moitos anos.
  • Vedoira: é esvelta e agradable no trato. Posúen facultades divinatorias, e son expertas en contactar co alén para dicir se alguén falecido está gozando eternamente no ceo ou se aínda pena no Purgatorio.
  • Feiticeira: vive preto dos ríos e regatos, aínda que anciá, o seu aspecto non repele, posúe unha voz moi fermosa que hipnotiza os mozos que se achegan ao río e fai que se vaian metendo no río, onde ao fin afogan.
  • Asumcordas ou bruxas da rúa: espreitan á xente e vixían quen entra e sae da casa.
  • Xacios: son seres mitolóxicos coa metade inferior dun peixe e a metade superior humana, masculina ou, sobre todo, feminina. Encántalles a auga e habitan nas pozas dos ríos.
  • Meigas-chuchonas: son as máis perigosas, e preséntanse con distintas caras ou caretas, chúchanlles o sangue aos nenos e róubanlles os untos para seren empregados na confección de pomadas.
  • Lavandeira: esta meiga sorprende o camiñante pola noite mentres lava a roupa, invitando a este a que colabore. Esta persoa ha de facelo pois pola contra estará exposta a serias desgrazas. O seu aspecto é totalmente común, é como calquera outra anciá diferenciándose porque as pezas que lavan están manchadas de sangue, a consecuencia, segundo se di, dun mal parto. Dise que a lavandeira non pertence ao reino dos vivos e o xeito de liberarse dela é pasar de longo sen dirixirlle ningunha palabra.
  • Dama de castro: esta meiga vive baixo castros milenarios ou baixo terra nun castelo de cristal, leva sempre un longo vestido branco de cola e sempre atende a solicitudes da xente. Xa que goza de benestar e fortuna, ningún tipo de favor serve para recibir dela consellos ou agasallos; ao contrario adoita aparecerse a persoas aflixidas por algunha situación difícil da súa vida, e a esas persoas de condición humilde outorga os seus favores.
  • Cartuxeiras: son meigas que botan as cartas e sempre acertan nos seus vaticinios.


                                     

3. Véxase tamén

Ligazóns externas

  • Meigas no Álbum de Mulleres do Consello da Cultura Galega.
  • Artigo de Montse Dopico en Praza Pública sobre a XI Xornada de Literatura de Tradición Oral
  • Entrevista en Xornal Vigo
Free and no ads
no need to download or install

Pino - logical board game which is based on tactics and strategy. In general this is a remix of chess, checkers and corners. The game develops imagination, concentration, teaches how to solve tasks, plan their own actions and of course to think logically. It does not matter how much pieces you have, the main thing is how they are placement!

online intellectual game →