Back

ⓘ Cabalo de pura raza galega. O Cabalo de Pura Raza Galega é a denominación que recibe oficialmente unha raza de cabalos Equus ferus caballus de pequeno tamaño, r ..



Cabalo de pura raza galega
                                     

ⓘ Cabalo de pura raza galega

O Cabalo de Pura Raza Galega é a denominación que recibe oficialmente unha raza de cabalos Equus ferus caballus de pequeno tamaño, recoñecida como raza equina autóctona de Galicia. Outras denominacións tradicionais son cabalo galego de monte, cabalo galaico, poni galego, faca galiciana, faca galega ou, simplemente, cabalo do país.

Recentemente tense suxerido a pertenza desta raza a unha nova subespecie de cabalos, o Equus ferus atlanticus. Para esta nova subespecie propúxose a denominación de "garrano".

A finais do século XX atopábase en estado de perigo de extinción: en 1999 o rexistro oficial mantiña un censo de soamente 190 exemplares. O programa para procurar a súa recuperación e preservación conseguiu censar en 2001 450 exemplares o 80% deles en idade reprodutora e a finais de 2012 a poboación censada era de máis de 1.500 exemplares.

                                     

1. Orixes

Os testemuños máis antigos que se conservan da presenza de poboacións de équidos en Galicia atópanse en representacións rupestres na área de Sabucedo ou nos petróglifos de Viladesuso na Serra da Groba, datados no período da Idade de Bronce.

A teoría máis aceptada sobre a orixe do cabalo galego de pura raza sostén que foron os pobos celtas chegados do norte da Península Ibérica, cara aos séculos VII e VI a.C., os que introduciron un cabalo de testa pequena e orellas curtas, grupa forte, e pelo basto de cor escura. A eles refírense autores clásicos, como Estrabón, Marcial ou Plinio, ou da época medieval da Reconquista, onde a cría cabalar vencellouse fortemente á actividade colonizadora dos mosteiros establecidos durante os séculos X e XI.

Este tronco común foise diferenciando ao longo dos séculos polas condicións ambientais e a intervención de procesos de mestizaxe dando orixe ás diversas razas afíns á galega que se espallan pola fachada atlántica europea dende Portugal ata Escocia e Islandia.

Malia vivir tradicionalmente en réxime de liberdade nas áreas montañosas do relevo galego, principalmente en grupos ou mandas, o cabalo galego foi explotado polo ser humano na antigüidade como animal de combate, e posteriormente destinado á montura e ós labores rurais, sendo en menor medida, polas características da súa carne, empregado tamén para a produción cárnica e o consumo.

Coa mecanización da agricultura e o interese preferente por aumentar a poboación de animais destinados á produción de carne, nas últimas décadas do século XX a poboación de cabalo de monte xeneticamente pura viuse minguada por mor de procesos de mestizaxe. Neste contexto, cara a finais da década de 1980, a iniciativa de diversos organismos internacionais como Nacións Unidas e a FAO ou a entón CEE, promovéronse nas instancias de política agraria diversas iniciativas destinadas á protección e conservación das razas domésticas en perigo de extinción.

                                     

2. Desenvolvemento lexislativo

Mentres estudos académicos e universitarios constataban a deterioración e retroceso do estado xenético do cabalo galego de monte, a CEE publicou en 1992, no marco da reforma da Política Agraria Común, o Regulamento CEE 2078/92 do Consello, do 30 de xuño, polo que se provisionaba unha axuda económica ás iniciativas nos Estados membros en favor da crianza e mantemento de animais de razas locais en perigo de extinción. O novo Regulamento serviu tamén para a constitución do organismo europeo Centro de Estudos de Investigación sobre a Economía e a Organización das Producións Animais CEREOPA coa finalidade de seleccionar, tras un inventario, aquelas razas de interese en perigo e definir os requisitos para o desenvolvemento das políticas para a súa protección.

En Galicia constituíuse en 1997 a Asociación de propietarios e criadores de cabalo galego de monte e, pouco máis tarde, elaborouse dende o goberno autónomo un primeiro plan de fomento, mellora e conservación do cabalo galego que, con todo, foi criticado dende as asociacións de gandeiros por consideralo un instrumento de control da Administración.

O CEREOPA fixo público en 1994 a lista europea de razas equinas de especial protección, na que incluíu o cabalo galego de monte e, pouco despois, o Estado español adoptaba o ordenamento comunitario por medio do Real decreto 51/1995, de 20 de xaneiro, que se comezou a aplicar en Galicia a partir de 1996. Con todo, durante o mesmo ano unicamente foron rexistrados cinco exemplares, como resultado das reticencias non resoltas por parte dos gandeiros que vían insuficiente a compensación censal de animais puros, unha perda económica en comparación co cruzamento dos exemplares con outros doutras razas de tamaño medio para a produción de carne.

                                     

3. Descrición da raza

O cabalo de pura raza galega é un cabalo de perfil recto ou subcóncavo, de proporcións pequenas. A alzada á cruz oscila entre os 120 e 140 cm.

A cor da capa é negra ou castaña, cos extremos escuros. Crinas e rabo negros, con cerdas longas e abundantes. Admítese a presenza dunha estrela na fronte, aínda que se considera un defecto. Rexéitase calquera despigmentación na capa.

Na cabeza destaca un abundante topete de pelo sobre a fronte. Ten orellas pequenas e abundante pelo. No belfo pode presentar un bigote patente indicativo da rusticidade da raza e longos pelos na queixada barbela. A cruz adoita ser marcada e a liña dorsolumbar lixeiramente afundida, tendendo a recta. As patas son curtas, finas pero fortes. O casco é escuro ou negro, pequeno e duro.

                                     

4. Distribución e cría

O cabalo de pura raza galega críase fundamentalmente en réxime de liberdade ó redor do 75% dos exemplares en montes comunais das provincias da Coruña e Pontevedra, así como no norte da de Lugo e algunhas mandas no oeste da de Ourense. O terreo axeitado para a cría son as serras abertas, con abundante vexetación arbustiva e escasas árbores e libres da presión humana, espazos nos que se criaba en réxime extensivo, ceibo durante todo o ano. Por tratarse dunha raza rústica, capaz de aproveitar os escasos recursos alimenticios que ofrecen estes ecosistemas e resistir as duras condicións climatolóxicas, desenvólvense e multiplícanse facilmente nestas condicións, onde ningunha raza especializada sobreviviría. O cambio de réxime de cría extensiva cara á estabulación permanente no caso dos exemplares destinados a equitación explica o cambio desde a denominación orixinal de Cabalo galego de monte á actual de Cabalo de Pura Raza Galega, contemplando así a cría intensiva.

O seu aproveitamento non é cárnico, dado o reducido hábito en Galicia de comer carne de cabalo, senón para actividades deportivas de lecer, turismo ecuestre etc. Outras razas autóctonas procedentes do mesmo tronco, criadas en Francia ou Inglaterra, xa son de uso normal en equitación.

A cría no monte ofrece unha vantaxe secundaria: ó comer na matogueira e actuaren a modo de desborazadores naturais, inflúen positivamente na redución en número e extensión dos incendios forestais. Este valor ecolóxico da presenza do cabalo ceibo no monte súmase ó aproveitamento puramente gandeiro.



                                     

5. Véxase tamén

Bibliografía

  • Pose, H., G. Rivero, A. Fernández, J.L. Viana, G. Santamarina e M. Fernández: "Actuaciones para la conservación del cabalo galego de monte" en Archivos de Zootecnia 0004-0592 2001 vol 50; num 189-190; pp. 251–258. Dispoñible en
  • Noia acollerá unha proba da Copa de cabalos e eguas Pura raza Galega 24.04.2012
  • Ficha técnica en Mediorural.xunta.es
  • Asociación Pura Raza Cabalo Galego
Free and no ads
no need to download or install

Pino - logical board game which is based on tactics and strategy. In general this is a remix of chess, checkers and corners. The game develops imagination, concentration, teaches how to solve tasks, plan their own actions and of course to think logically. It does not matter how much pieces you have, the main thing is how they are placement!

online intellectual game →