Back

ⓘ Personalidades da empresa de Galicia ..



                                               

Antonio Abril

Pasou a mocidade na súa vila natal, e estudou Dereito na Universidade de Oviedo. En 1984 incorporouse como funcionario por oposición ao Corpo de Avogados do Estado, traballando en Lugo e na Coruña. ano 1989 incorporouse ao departamento xurídico de Inditex, e en 2002 pasou a ser conselleiro-secretario xeral do grupo. Tamén é membro do consello de administración do Banco Gallego e presidente de consello social da Universidade da Coruña. En 2011 foi pregoeiro da Semana Santa de Viveiro, festa declarada de Interese Turístico Nacional.

                                               

Antonio Alonso Santodomingo

Juan Antonio Alonso Santodomingo, nado en Vigo en 1844 e falecido o 10 de febreiro de 1917, foi un empresario galego do sector da conserva, fundador da empresa Palacio de Oriente.

                                               

Javier Alonso Seoane

Licenciouse en ciencias empresariais na Universidade de Santiago de Compostela. En 2007 canda outros tres socios fundou PROTEC, dedicada á xestión de activos de administracións públicas e entidades financeiras e dende 2014 é xerente e socio de Tecyp Ingeniería. Militante de Ciudadanos, é dende 2017 membro da xunta directiva local da formación en Pontevedra e voceiro na provincia de Pontevedra. Na Eleccións xerais de abril de 2019 foi candidato ao Congreso dos Deputados por Ciudadanos. Nas Eleccións municipais de maio de 2019 foi o candidato do seu partido á alcaldía de Vigo. Nas Eleccións ...

                                               

Faustino Álvarez Álvarez

Foi tenente de alcalde no concello de Gondomar e concelleiro no de Vigo; deputado provincial de Pontevedra; presidente do sindicato téxtil; presidente da Federación Galega de Atletismo 1944-1947; vicepresidente e presidente, sucesivamente, do Real Club Celta; e presidente da Cámara Oficial da Propiedade Urbana de Vigo.

                                               

Fernando Álvarez Lamelas

Fillo de mestres, licénciase en enxeñería industrial en Madrid en 1960. Traballou como enxeñeiro en distintas empresas de fundición e construción en Cantabria e Euscadi. Entre elas a alemá Didier GmbH, que tiña parte das súas plantas en Bilbao. En 1970 asume a xerencia da bilbaína, da que posteriormente é nomeado conselleiro delegado. Participa na creación da filial española de Karrena GmbH, unha empresa alemá de material refractario de construción de chemineas industriais. Finalmente compra a empresa nai en 1997 e convértese en presidente executivo da nova firma, que recibe o nome de Bero ...

                                               

Ínhigo Ansotegui

Entrou en 1998 en Galiza Nova, marchando dous anos despois para participar na fundación de Nós-Unidade Popular, presentándose na candidatura de Nós-Unidade Popular ás eleccións europeas de 2003. No 2004, desvencellouse desta opción política, e ó ano seguinte reintegrouse a Galiza Nova, sendo o responsábel local de A Rúa, na comarca de Valdeorras. En Galiza Nova participou en Esquerda Nacionalista-Mocidade, da que foi Responsábel Nacional de Formación. Posteriormente, estivo no proceso Espazo Aberto en Galiza Nova que deu lugar à Mocidade Socialista Galega, da que foi Responsábel de Organiz ...

                                               

José Alcántara Fernández

Cursou estudos de Intendente Mercantil. Pasou tempadas en Montpellier e Kent perfeccionando os idiomas. Foi axente de aduanas e consignatario de buques, presidente do consello de Administración de J. Alcántara SA e conselleiro fundador da Compañía General de Carbones SA e da Vidriera Gallega. Ao rematar a ditadura de Primo de Rivera foi nomeado alcalde de Marín en abril de 1930. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi nomeado novamente alcalde de Marín. Foi deputado provincial.

                                               

Antonio Alfageme del Busto

Fillo de Hermenegildo Alfageme Fernández, sucedeuno á súa morte en 1962 á fronte de Conservas Alfageme. Foi presidente da Unión de Fabricantes de Conservas de Galicia e cónsul honorario de Chile. Apareceu apuñalado o 20 de abril de 1974 na súa oficina de Vigo. Aínda que oficialmente o asasinato foi atribuído a Francisco Rodríguez Rodríguez, o marido da súa presunta amante, algúns investigadores relacionan a súa morte co caso Reace

                                               

Julia Ávalos Pérez

Casou con José María Sánchez Rivas, fundador e presidente vitalicio de Constructora San José, con que tivo tres fillas: Virtudes, Julia e María José Sánchez Ávalos. Á morte de José María en 1991, mantivo coa súa filla María José Sánchez, un 18.5% da empresa cotizada. Foi dona do holding Valjoval.

                                               

Evaristo Babé y Geli

En 1887 fundou xunto con outros cinco socios, a Compañía de Destilación Babé y Cía. A empresa, asentada en Guixar Teis, estaba adicada ó refino de petróleo que importaba dos Estados Unidos na goleta La Viguesa. Esta actividade continuou ata 1927, cando a compañía foi expropiada polo estado. A partir desa data foi a distribuidora de combustible nas provincias de Pontevedra e Ourense. Hoxe a compañía aínda existe e segue participando do negocio dos combustibles derivados do petróleo.

                                               

Francisco Manuel Balboa

Emigrou a América. Cando retornou instalou en Muxía unha fábrica de encaixes, Encajeras Peninsulares Reunidas SA. Foi membro da Irmandade da Fala da Coruña, da que foi elixido vicepresidente en 1918 e conselleiro primeiro en 1921. Foi o presidente da III Asemblea Nacionalista celebrada en Vigo en 1921. Morreu na Coruña con 87 anos.

                                               

Jacinto Becerra Romero

Propietario do balneario de Vilaza. Militante do Partido Conservador despois pasouse ao Partido Liberal, foi deputado provincial e vicepresidente da Deputación de Ourense. Colaborou en La Voz de Verín.

                                               

José Bouso

José Bouso Alvite, nado o 3 de maio de 1953 en Bretoña, é un empresario lugués do sector da construción que foi o vixésimo segundo presidente do Club Deportivo Lugo, cargo que exerceu dende o ano 2004 ata o 2015, sendo substituído no cargo por Tino Saqués.

                                               

José María Caneda

Traballou no sector da electricidade, e deveu coñecido por ser o presidente da Sociedade Deportiva Compostela en diversos períodos. En 1988 chegou á presidencia do club, e en 1989 fichou o adestrador Fernando Castro Santos. Na primeira tempada deste, a 1989-90, o equipo regresou á segunda división B, e ó ano seguinte logrou ascender á segunda división logo de quedar terceiro na fase regular e vencer no grupo de ascenso, superando ó Alcoyano, o CD Badajoz e o Alavés.

Pío Carrasco Iglesias
                                               

Pío Carrasco Iglesias

En 1894 fundou no Carril unha empresa como armador de buques. Finalmente a empresa dedicouse a consignataria co nome Pío S. Carrasco Corredor e intérprete de buques. Foi concelleiro de Vilagarcía de Arousa e na ditadura de Primo de Rivera foi nomeado alcalde o 1 de outubro de 1923, permanecendo no posto ata o 29 de xaneiro de 1924. Foi pai de Pío e Dámaso Carrasco Duaso, que a finais dos anos vinte se incorporaron ao negocio familiar.

                                               

Luís Carrera Pásaro

En xaneiro de 2009 anunciou o seu paso á política activa encabezando a lista do Partido Popular pola provincia de Ourense nas eleccións galegas, se ben non era militante desa formación. A comezos de febreiro, tan só un mes despois, foi apartado da carreira electoral logo de que se soubese que tiña débedas con Facenda.

Free and no ads
no need to download or install

Pino - logical board game which is based on tactics and strategy. In general this is a remix of chess, checkers and corners. The game develops imagination, concentration, teaches how to solve tasks, plan their own actions and of course to think logically. It does not matter how much pieces you have, the main thing is how they are placement!

online intellectual game →