Back

ⓘ Camiño de Santiago. O Camiño de Santiago é un conxunto de vías de acceso de peregrinos a Santiago, creado a partir da descuberta dos supostos restos do Apóstolo ..



Camiño de Santiago
                                     

ⓘ Camiño de Santiago

O Camiño de Santiago é un conxunto de vías de acceso de peregrinos a Santiago, creado a partir da descuberta dos supostos restos do Apóstolo no lugar do Libredón, en Santiago de Compostela, durante o reinado de Afonso II. O Camiño Francés e as rutas francesas do Camiño foron declarados pola Unesco Patrimonio da Humanidade en 1993 e 1998 respectivamente.

                                     

1. Vías

O Camiño ten varias vías alternativas en función da orixe do peregrino, de maior ou menor uso segundo as épocas e circunstancias do seu nacemento:

  • O primeiro foi o Camiño Primitivo, que, ao parecer, foi o que seguiu o rei Afonso II de Oviedo na súa peregrinación a Santiago inaugurando esta vía dun xeito politicamente interesado.
  • En Francia hai catro vías para a peregrinación a Santiago: a Vía Tolosana, que entra en España por Somport, e as vías Lemovicensis, Podianense e Turonense, que pasaban os Pireneos por Roncesvalles para seguir polo Camiño Francés.
  • O Camiño Francés, que transcorre pola meseta entrando na península por Roncesvalles e en Galiza polo Cebreiro e que foi o que desprazou en importancia aos anteriores ao facerse máis segura a ruta da meseta polo avance da Reconquista.
  • O Camiño do Norte, pola costa do mar Cantábrico ata Ribadeo e logo polo interior de Galiza. Alternativamente, cruzaba o río Eo por Abres.
  • O Camiño Aragonés, era o que seguían os peregrinos que entraban por Somport.
  • O Camiño Inglés, que seguían os peregrinos que partían en naves dende as illas de Gran Bretaña e Irlanda para comezar a peregrinación dende Ferrol e A Coruña.
  • E por último o Camiño de Fisterra-Muxía que moitos peregrinos deciden facer dende Santiago a Fisterra ou a Muxía.
  • O Camiño Portugués, que recolle os peregrinos de Portugal.
  • O Camiño Madrileño, que atravesa a serra de Guadarrama para seguir pola meseta norte desembocando no Camiño Francés á altura de Sahagún.
  • A Ruta Xacobea do Mar de Arousa e Ulla conmemora a Translatio do Apóstolo a través da ría de Arousa.
  • A Vía da Prata ou Ruta da Prata, por onde viñan os peregrinos do sur da península Ibérica e que continuaban en Galiza polo camiño do sueste que ía dende A Gudiña.
  • En Italia os peregrinos seguían a vía Francigena, pola que tamén se peregrinaba a Roma.
                                     

2. Historia

Pode ser explicado como o resultado da cristianización dun ancestral camiño pagán para ver morrer o sol no fin do mundo en Fisterra, pero a súa historia comeza co descubrimiento dos restos do Apóstolo Santiago.

ano 813 tivo lugar o acontecemento relixioso máis importante da Europa cristiá medieval, o descubrimento en Galiza, dunha arca cuns restos que foron atribuídos ao apóstolo. Segundo a tradición cristiá, nese ano o ermitán Paio albiscou nas inmediacións do castro Libredón antiga Santiago de Compostela unha estrela posibelmente un fogo fatuo sobre unha arca de mármore. Avisado o bispo de Iria Flavia, Teodomiro, este acudiu axiña ao lugar, identificando os restos atopados como o corpo decapitado do Apóstolo Santiago. Este inventio foi, a seguir, atendido polo monarca galego-ovetense, Afonso II 791-842, quen, tras peregrinar ao sartego no mesmo ano, ordenou edificar unha igrexa arredor da tumba "santa" e estableceu unha comunidade relixiosa permanente, espallando a nova por toda a cristiandade europea. O culto a Santiago esténdese por Galiza e Asturias. Afonso III o Magno, que peregrinou no 872 e volveu no 874 coa raíña Ximena, ordenou edificar unha nova basílica, que consagraron ano 899 e é no seu reinado cando a peregrinación cara a Compostela chega ata os Pireneos. A Diocese de Iria e o seu titular convertéronse na máis poderosa administración eclesiástica non só da Gallaecia altomedieval, senón de toda a península ibérica, acrecentando o seu poder coas constantes doazóns por parte dos monarcas á igrexa compostelá.

No século X comezou a desenvolverse o camiño francés, coa chegada de peregrinos de Tours, Limoges Le Puy, e mesmo a mediados do século chega en peregrinación o bispo de Le Puy, Gotescalco, un dos primeiros peregrinos de nome coñecido.

A comezos do século XI, Sancho III O Maior fixou o trazado definitivo do Camiño de Santiago, ao librar de incursións musulmás a zona comprendida entre os Pireneos e Nájera e aproveitar o trazado dunha antiga vía romana que substituíu o percorrido anterior que cruzaba Áraba. Tamén a el se lle debe a influencia cluniaciense por todo o camiño. Convertida no terceiro centro de peregrinación da Cristiandade - só despois de Xerusalén e Roma -, foi a partir do século XI e principalmente XII, cando desde numerosos puntos de Europa comecen a chegar peregrinos, ben desde Occitania, Francia, Navarra ou Aragón-Cataluña vía terrestre, ben desde as Illas Británicas, Escandinavia, ou Alemaña vía marítima. Afonso VI de León e Castela e Sancho Ramírez de Navarra, tamén no século XI, dotaron de infraestruturas as vilas polas que pasaba o camiño: construción de hospitais para os peregrinos, pontes, melloras no trazado viario, e favoreceu as repoboacións das cidades do camiño, en especial con francos e eximindo do pago dalgúns portádegos ós peregrinos.

A partir do século XVI, a peregrinación a Santiago comezou un importante declive, no que interviron as novas circunstancias políticas e relixiosas imperantes en Europa, especialmente a expansión da Reforma protestante a partir de 1517, coa que desapareceron os peregrinos procedentes de Inglaterra, Alemaña e Holanda. Noutra orde de cousas, a posibilidade de redimir as penas con diñeiro fai que desaparezan tamén os peregrinos que facían o Camiño por ese motivo, e xorde paralelamente un desprestixio da imaxe do peregrino, que comeza a verse como un desocupado que sobrevive das esmolas.

Tamén tivo que influír decisivamente o feito da desaparición das reliquias do Apóstolo en 1589, cando o arcebispo Juan de Sanclemente agochou o sepulcro como medida de cautela ante o inminente ataque do pirata Francis Drake. Por algunha razón, o lugar onde as pousou quedou en segredo e, co paso dos anos, as reliquias déronse por perdidas.

Ó irse reducindo o número de peregrinos e, con eles, as achegas económicas que puideran facer nas vilas que percorrían, os gobernantes da época deixaron de crear e manter camiños, pontes e hospitais, dado que a transcendencia económica e social do Camiño deixou de interesar. O declive foi continuo durante os séculos XVII e XVIII ata case desaparecer no XIX, século no que reapareceron os restos do Apóstolo, en 1879, e foron autentificados polo papa León XIII en 1884. Isto permitiu unha certa recuperación pero que non foi significativa ata que a mediados do século XX, iniciativas particulares, primeiro, e oficiais, despois, conseguiron revitalizar o Camiño ata o auxe que actualmente experimenta, especialmente desde 1993.

                                     

3. Recoñecementos

En 1931 decláranse monumentos nacionais algunhas das localidades principais que atravesaba o Camiño. En 1962 declárase Conxunto Histórico-Artístico. En 1971 declárase Ruta de Interese Turístico, e apróbanse as primeras subvencións para a construción de albergues. Tamén nese mesmo ano nace en Estella a primeira das hoxe numerosas Asociacións de Amigos do Camiño. A finais dos 70, o cura do Cebreiro Elías Valiña comezou un labor persoal de delimitar as rutas e sinalizar o Camiño coas frechas amarelas que hoxe guían ós peregrinos.

En 1982, Ano Santo, o papa Xoán Paulo II invita a tódolos católicos a peregrinar a Santiago e o Consello Europeo nomea o Camiño Primeiro Itinerario Cultural Europeo.

En 1991 créase a Sociedade Anónima de Xestión do Plan Xacobeo 93, co obxectivo de organizar o Ano Santo de 1993. En 1999 volve constituírse, para organizar o Xacobeo dese ano, pero agora xa con carácter de perpetuidade, como empresa pública dependente da Xunta de Galiza destinada á promoción turístico-cultural e á dotación de servizos dos Camiños de Santiago.

Tamén en 1993 se produce a declaración da UNESCO do Camiño francés como Patrimonio da Humanidade, recoñecemento que se amplía en 1998 ás rutas francesas.

En 1996 publícase a Lei 3/1996, de 10 de maio, de protección dos camiños de Santiago, que por primeira vez recoñece as outras rutas e non só o Camiño Francés.

En 2001 créase o Plan Director dos Camiños de Santiago, co obxectivo de actualizar e fomentar os oito itinerarios históricos do Camiño en Galiza.



                                     

4. Influencia do Camiño no desenvolvemento de Santiago

O fenómeno xacobeo foi decisivo na conformación cultural-económica do reino de Galiza, debedor en gran medida ao auxe conseguido durante a titularidade de Diego Xelmírez 1100-1136 convertendo Compostela en sé metropolitana ano 1122, a máis importante dignidade de todo Occidente despois de Roma. Arredor do sepulcro apostólico medrou non só unha catedral - centro artístico-relixioso de primeira magnitude - senón unha vila e posteriormente unha cidade, perfectamente establecida na Baixa Idade Media, cunha actividade comercial derivada da súa condición de cidade santa, onde se coroarían reis galegos, onde medraría a grande escola galego-portuguesa, e onde reside desde a Idade Media a capital de Galiza. Os estudos histórico-arqueolóxicos levados a cabo no século XX na propia catedral revelaron, non obstante, que desde época galaico-romana e sueva, Compostela fora un lugar relevante onde xa se soterraban importantes dignidades civís ou relixiosas moito antes do ano 813, o que motivou a diversos especialistas a defender que o corpo atribuído ao apóstolo Santiago fora en realidade o de Prisciliano, patriarca da igrexa galega, decapitado en Tréveris ano 385.

                                     

4.1. Influencia do Camiño no desenvolvemento de Santiago Visitantes

Datos dos visitantes dende 1985. En amarelo os Anos Santos:

                                     

5. Véxase tamén

Outros artigos

  • Achado do sepulcro do Apóstolo Santiago
  • Libredón
  • Catedral de Santiago de Compostela

Ligazóns externas

  • Páxina oficial en galego
  • Mapas informativos do Camiño. en castelán
  • Camiño de Santiago en Turgalicia
  • Portal turístico do Camiño.
Free and no ads
no need to download or install

Pino - logical board game which is based on tactics and strategy. In general this is a remix of chess, checkers and corners. The game develops imagination, concentration, teaches how to solve tasks, plan their own actions and of course to think logically. It does not matter how much pieces you have, the main thing is how they are placement!

online intellectual game →