Back

ⓘ Carballo común. Para consultar o xénero Quercus, ver o artigo carballo. O Quercus robur L. ás veces considerado Quercus pedunculata coñécese normalmente como ca ..



                                               

Racismo ambiental

O racismo ambiental é un termo utilizado para describir a inxustiza ambiental. Aplícase a como minorías étnicas están sometidas a unha exposición a contaminantes desproporcionada ou a como se lles denega o acceso a certos recursos naturais, como aire limpo, auga potable e outros beneficios ecolóxicos. No contexto internacional, a marxinación ambiental describe as relacións ecolóxicas desfavorecidas entre as nacións industrializadas e o Sur Global, asociándose ao colonialismo, o neoliberalismo e a globalización. O racismo ambiental inclúe a exposición a residuos tóxicos, inundacións, contam ...

Carballo común
                                     

ⓘ Carballo común

Para consultar o xénero Quercus, ver o artigo carballo.

O Quercus robur L. ás veces considerado Quercus pedunculata coñécese normalmente como carballo común, carballo veriño, carballo bravo ou simplemente carballo.

O carballo é unha árbore anxiosperma da familia das fagáceas, caducifolia, que pode chegar aos 15-20 metros de altura. Esténdese por zonas de clima atlántico en calquera tipo de terreo, tanto en chairas como en ladeiras rochosas, desde o nivel do mar ata os 1 000 metros de altitude. É unha árbore robusta, que pode vivir varios séculos e acadar os 40 metros de altura con pólas que comezan xa desde a parte inferior.

Cando a formación é monoespecífica, só de carballos, o bosque é denoninado carballeira. se mesturan outras especies de clima atlántico chamámolo fraga. Foi a especie máis abundante e dominante na Europa atlántica e segue a ser predominante no interior de Galicia.

A madeira do carballo é de excelente calidade e foi moi empregada na construción de embarcacións, trabes e estruturas das casas cubertas, forxados, travesas do camiño de ferro etc., así como na fabricación de mobles e toneis. Tamén foi e segue a ser o principal combustíbel das lareiras e cociñas galegas. O carballo tamén tivo uso ornamental nos lugares públicos de Galicia. Algúns exemplares moi vellos carballas acadan dimensións importantes.

É a árbore por excelencia de Galicia. A toponimia galega está chea de referencias a esta árbore fitotoponimia: Carballal, Carballedo, O Carballiño, A Carballa etc. Aparece tamén en moitos apelidos: Carballo, Carballedo, Carbajal etc. Ademais, a cultura e as lendas galegas artéllanse arredor desta árbore, chea de espiritualidade e pasado sagrado, sempre vencellado á forza rexo ou forte coma un carballo. Tamén é a árbore sagrada do País Vasco, de Alemaña e, en xeral, da cultura celta.

O termo carballo en Galicia acolle outras especies ademais do Quercus robur L., como o carballo branco ou albar Quercus petraea, o carballo cerquiño Quercus pyrenaica, en menor medida a aciñeira Quercus ilex ou a sobreira Quercus suber e, máis recentemente, o carballo americano Quercus rubra.

                                     

1. Taxonomía

Quercus robur do latín quercus carballo + robur forte, de madeira resistente. Comparte xénero coas sobreiras e aciñeiras, entre outras especies.

A especie máis achegada é o carballo albar Quercus petraea, moi semellante, que tamén atopamos no leste de Galicia. Q. robur distínguese deste por ter un pecíolo máis curto e un porte máis torto. Ás veces hibrídanse e dan o Quercus × rosacea.

                                     

2. Etimoloxía

A orixe da verba carballo é incerta. O que está claro é que é anterior ao latín. Podería ser de orixe celta pola raíz kar- pedra, ou máis ben dunha orixe preindoeuropea galaico. En asturiano denomínase carbayu, en portugués carvalho, ambas as dúas coa mesma orixe. En castelán non ten un nome xeneralizado, polo que se lle chama roble común, roble inglés, roble pedunculado, carvajo ou roble carvallo. En inglés chámanlle English oak carballo inglés.

                                     

3. Hábitat

É autóctono da Europa atlántica e continental; aparece tamén na Anatolia, no Cáucaso e nalgunhas partes do norte de África. Na Península Ibérica esténdese desde o norte de Portugal ata os Pireneos. En Galicia foi a especie principal durante séculos. A súa extensión viuse en regresión por mor da actividade humana e a substitución das zonas onde había carballeiras por especies alóctonas, principalmente piñeiros, mimosas e eucaliptos; con todo, a extensión das carballeiras incrementouse nos últimos anos, especialmente no interior do país a causa da perda de poboación, o que provocou a recolonización de terreo agrícola. Segundo un estudo realizado en 2003, esta especie é dominante en 195 028 hectáreas no territorio galego.

                                     

4. Descrición

O Quercus robur é unha árbore monoica de grande envergadura e folla caduca duns 15-20 metros de alto excepcionalmente acada os 40 m. A circunferencia vai dos 4 aos 12 m nas carballas máis vellas de Galicia, Asturias ou das Illas Británicas. O carballo de Kaive, na Letonia, cunha circunferencia de 10.2 m, é a árbore máis grosa de Europa. O tronco é groso e curto; a casca, cincenta ou acastañada, crebada. A copa é ampla, ovada ou irregular. Adoitan darse as formas tortas e bugallos.

Follas: o Q. robur ten follas de 7–14 cm de longo, alternas, simples, caedizas, cun pecíolo curto de 2–7 mm de longo, e lámina obovada, glabra, pinnatilobada, con 4-6 pares de lóbulos desiguais, anchos, ovado-oblongos, redondeados no ápice. Nalgúns exemplares, especialmente no sur de Galicia, onde o clima é máis temperado, a folla non chega a caer no inverno, aínda que si cambia a cor marcescencia.

Flores: unisexuais, as masculinas en candeas penduradas e amarelas, pequenas, con cálice 5-7 lobado e 5-10 estames. Flores femininas subsésiles, en grupos de 23 penduradas no extremo dun longo pedúnculo, cada unha con invólucro basal ou cúpula formada por numerosas brácteas escuamiformes soldadas entre si, cálice moi reducido e un xineceo tricarpelar sincárpico de ovario ínfero e 3 estilos.

Froito: de tipo noz landra oblongo, duns 2 cm de longo, de pericarpo liso, verde-pardo, apiculado, con cúpula endurecida a xeito de carapucho, pouco áspera, denominada cascabullo.

Floración: florece na primavera, ao mesmo tempo que agroman as follas rebentos vermellos; as landras maduran a finais do verán e caen a principios do outono.

É unha árbore moi lonxeva. Crese que o carballo de Stelmužė, na Lituania, ten uns 1 500 anos, o que o converte na árbore máis vella de Europa; doutro exemplar, ao que lle chaman Kongeegen Carballo dos Reis, pénsase que ten 1 200 anos e fica en Jaegerspris, Dinamarca. Tamén hai bos exemplares en Alemaña e nas Illas Británicas.

En España hai bos exemplares no País Vasco; a venerada árbore de Gernika pertence a esta especie. En Asturias, na Reserva Natural Integral de Muniellos, atópase o Carballo de San Valentín, de 11 m de circunferencia. Ten uns 750-850 anos.

En Galicia atopamos exemplares salientábeis en todos os concellos. Na entrada da vila de Taboada existe o Carballo de Ramos, que lle dá nome á parroquia San Tomé do Carballo. En Silleda hai un bo exemplar a carón do Pazo de Taboada. No Incio tamén hai bos exemplares de castiñeiros e carballos na parroquia de San Pedro e, na parroquia de Val de Mao, hai unha vella carballa catalogada entre as de maior porte de Galicia.

Entre as máis lonxevas de Galicia encóntranse árbores como a Carballa da Rocha, en Rairiz de Veiga, de 34 m de altura e até 11.5 m de perímetro no seu tronco. Unha das súas pólas, arrincada polo furacán Hortensia en 1984, foi datada en 835 anos. Outro exemplar que segundo algunhas estimacións pode ser milenario é o Carballo Grande de Cartelos, situado no Pazo de Cartelos, na parroquia de Cartelos no concello de Carballedo. En 1967, técnicos do Instituto de Investigaciones Forestales de Madrid practicaron un pequeno orificio no tronco e extraeron unha mostra transversal na que contabilizaron até 2.000 aneis de crecemento anual. Hai máis carballos con centos de anos ao longo do país, como o Carballo de Santa Margarida, na cidade de Pontevedra, que foi cualificado polo padre Sarmiento como o "maiore do reino" de Galicia xa na primeira metade do século XVIII.



                                     

5. Subespecies

Fálase de cinco subespecies:

  • Q. robur subsp. robur, que comprendería as poboacións orientais, chegando por occidente até a raia de Galicia.
  • Q. robur subsp. brutia Ten. O.Schwarz 1936 = ver Quercus brutia.
  • Q. robur subsp. broteroana Schwarz 1936, podería ser un híbrido entre o carballo común Quercus robur e a carbia Quercus petraea. É principalmente o que aparece en Galicia, norte de Portugal e noroeste de España en xeral, cos lóbulos das follas menos profundos, face das follas lustrosa e cúpulas maiores 18–23 mm.
  • Q. robur subsp. imeretina Stev. ex Woronow Menitsky 1968 = ver Quercus imeretina.
  • Q. robur subsp. pedunculifolia K.Koch Menitsky 1967 = ver Quercus pedunculiflora.
  • Q. robur subsp. estremadurensis O. Schwarz Camus, 1950, do norte e centro de Portugal, chegando ó extremo occidental de Serra Morena, con follas máis delgadas, lustrosas pola face, as de primavera, de nerviación secundaria regular, desprovista de nervios intercalares.
                                     

6. Importancia ecolóxica

No seu hábitat é de salientar a importancia ecolóxica do carballo pola cantidade de especies asociadas ao mesmo, especialmente insectos. Numerosas especias moran nas follas, gromos, bugallos e landras. O carballo comporta máis biodiversidade de insectos herbívoros que ningunha outra especie en Galicia, máis de 400 especies. As landras son unha boa fonte de alimento para moitos mamíferos pequenos e paxaros. Os mamíferos, especialmente os esquíos, que tenden a apañar landras e outras noces e agochalas, soterrándoas, acotío favorecen a reprodución do carballo.

Moitas carballeiras foron substituídas, especialmente na costa galega, por especies alóctonas eucaliptos, piñeiros e acacias. Isto diminuíu moito a biodiversidade, ademais de aumentar o risco de incendios, e polo tanto a erosión e a perda dos solos.

Nos últimos anos a perda de poboación nas zonas interiores de Galicia, especialmente das provincias de Lugo e Ourense fixo que as carballeiras recuperaran moito solo agrícola. Outras veces os carballos fican relegados a un estrato inferior, case arbustivo, en piñeirais e eucaliptais. Co tempo o carballo remata por dominar a piñeiros e eucaliptos, xa que está máis adaptado.



                                     

7. Industria forestal

O Quercus robur plántase tamén cun fin forestal pola súa madeira resistente de alta calidade, especialmente o cerne, moi demandado para a industria do moble e da fabricación de bocois. Cando se fala de carballo francés trátase da mesma especie. As quendas son moi longas uns 80 anos, polo que en Galicia o aproveitamento industrial da madeira de carballo é mínimo e foi totalmente substituído polo de eucalipto e piñeiro. A silvicultura require de podas para enderezar o tronco e evitar árbores tortas, deformidades, forquillas etc. A madeira de Quercus robur identifícase grazas a un exame detallado da sección transversal, perpendicular ás fibras. A madeira caracterízase polos aneis de crecemento, anchos e marróns escuros e claros. A madeira de primavera amosa un gran número de vasos~ 0.5 mm de diámetro. Tamén son moi visíbeis os raios leñosos ~ 0.1 mm que atravesan os aneis de crecemento. Ten unha densidade arredor de 720 kg por metro cúbico.

                                     

8. Cultivo

O Quercus robur tamén aparece como árbore ornamental nas rexións temperadas de todos os continentes. Un gran número de cultivares e híbridos medran en xardíns, parques, arboredos e xardíns botánicos. Hai subespecies de follas douradas ou encarnadas, porte columnar etc. O uso ornamental do carballo en Galicia tampouco é novo. Os campos de feira adoitaban sombrearse con carballos. Atopamos bos exemplos en Caldas de Reis ou Lugo.

                                     

8.1. Cultivo Cultivares

  • Quercus robur Concordia carballo dourado, carballo pequeno de lento crecemento coas follas douradas e brillantes durante a primavera e o verán. Conseguiuse por vez primeira no viveiro de Van Geert Ghent en 1843.
  • Quercus robur Filicifolia carballo de follas cortadas, cultivar coas follas máis lobuladas.
  • Quercus robur Fastigiata carballo cipreste, o máis común, árbore alta e estreita con porte columnar.
  • Quercus robur Pendula carballo chorón, un carballo de talle medio coas pólas penduradas. Quercus robur Purpurea outro cultivar duns 10 m de altura mais coas follas encarnadas.
                                     

8.2. Cultivo Doenzas

  • Phytophthora ramorum. É un protista da clase dos oomicetos que produce unha infección denominada morte repentina do carballo.
  • Outras enfermidades causadas por bacterias e fungos.
  • Cancro.
  • Oídio, especificamente o oídio do carballo, moi común en Galicia. A superficie das follas cóbrese cunha peluxe de cor cincenta mofo ou balor que torna amarelas ou grises as follas e provoca que caian antes do outono. Vén producida por un fungo hóspede nas follas chamado Microsphaera alphitoides ou Erysiphe alphitoides na súa fase teleomorfa e coma Oidium quercinum na súa fase anamorfa.
  • Antracnose.
                                     

8.3. Cultivo Pragas

  • Avespa de bugallos. Os bugallos dos carballos, tamén chamados carrabouxos, cocas ou, tecnicamente, cecidios, son unha reacción de defensa da árbore fronte a determinados insectos véspidos que depositan os seus ovos baixo a casca nos gromos novos dos carballos.
  • Lepidópteros. Moitas larvas de bolboretas aliméntanse dos gromos ou xemas desta árbore.
                                     

9. Exemplares senlleiros en Galiza

Coma árbore de Galiza, atopamos por toda a xeografía árbores monumentais, moitas delas incluídas no Catálogo de Árbores Senlleiras de Galicia, elaborado pola Xunta de Galiza:

  • Carballo da Casa do Herdeiro, Carballedo Lugo;
  • Carballo fastixiado do Pazo de Santa Cruz Quercus robur var. Fastigiata, Vedra A Coruña;
  • Carballo de Soutolongo, Lalín Pontevedra;
  • Carballo de Luxís, Castro de Rei Lugo;
  • Carballo grande de Reboreda, Porqueira Ourense;
  • Pai dos Rebolos, Viana do Bolo, Ourense;
  • Carballo de Mede, Xermade Lugo;
  • Carballos do Campo de Golf, Lugo Lugo;
  • Carballo de Vilatuxe, Lalín Pontevedra;
  • Carballo do Viño ou Carballo do Pelete, A Lama Pontevedra;
  • Carballo do Pazo de Cartelos, Carballedo Lugo;
  • Carballo de Portacal, Sobrado A Coruña;
  • Carballo Grande do Mestre, Carballedo Lugo;
  • Carballo de Cabanavella-I, Cervantes Lugo;
  • Carballa da Rocha, Rairiz de Veiga Ourense;
  • Carballo da Portela, Mondariz Pontevedra;
  • Carballo de Ramos, Taboada Lugo;
  • Carballo do Pazo de Vilardefrancos, Carballo A Coruña;
  • Carballo Grande de Bustelo de Abaixo, Carballedo Lugo;
  • Carballo da Casa Grande, Carballedo Lugo;
  • Carballo de Cabanavella-II, Cervantes Lugo;
  • Carballo fastixiado do Xardín botánico de Padrón Quercus robur var. Fastigiata, Padrón A Coruña.
  • Carballo de Freán, Xermade Lugo;
  • Carballo da Capela de Santa Margarida, Pontevedra Pontevedra;


                                     

9.1. Exemplares senlleiros en Galiza Formacións senlleiras

As seguintes formacións de carballos figuran no mesmo catálogo, na categoría de Formacións senlleiras:

  • Devesa de Cartelos en Carballedo Lugo;
  • Carballeira de Caldas de Reis, en Caldas de Reis Pontevedra;
  • Carballeira de San Lourenzo de Trasouto, en Santiago de Compostela A Coruña;
  • Carballos da Praza do Campo, en Bande Ourense.
  • Fraga de Catasós, carballos con castiñeiros europeos, en Lalín Pontevedra;
                                     

10. Simbolismo e cultura popular

Véxase a sección correspondente n As árbores na cultura popular galega.

O carballo vén rodeado de lendas e considérase unha árbore sagrada en moitas zonas de Europa asociada aos mitos celtas. Acostuma ser a árbore por excelencia, a principal, a raíña e asociada á horizontalidade e á forza. O freixo simbolizaría a delicadeza e a verticalidade. Para Alemaña é todo un símbolo do romanticismo. Ademais é o símbolo da forza e a estabilidade do país. As follas e as landras do carballo aparecen na moeda de 5 céntimos de euro alemá. En Inglaterra o carballo é un dos emblemas do país. En Irlanda o carballo aparece como claro símbolo celta. No castelo de Birr Castle, un exemplar duns 400 anos acada 6.5m de circunferencia. Coñécese como o carballo de Carroll, referíndose ao alcalde ou xefe da vila Ely OCarroll quen gobernou antes da ocupación normanda. No País Vasco a árbore de Gernika, coñecida en éuscaro como Gernikako Arbola é un carballo situado ante diante da Casa de Xuntas, na localidade biscaíña de Gernika. Simboliza as liberdades tradicionais de Biscaia e os biscaíños, e por extensión as dos vascos. O Señor de Biscaia e posteriormente os reis de Castela, xuraban respectar as liberdades biscaíñas baixo este carballo, e o lugar no cal se localiza é o lugar onde o Lehendakari do País Vasco promete cumprir co seu cargo ao comezo de cada novo mandato.

En Galicia existen numerosas lendas e carballos sagrados, moitas veces ritos pagáns e outras cristianizados. Xa para os celtas era unha árbore sagrada, polo que as súas follas non faltaban nas súas cerimonias. As follas de carballo empréganse acotío como herbas de San Xoán. Os romanos outorgábanlle tamén un valor sagrado pola súa fortaleza, e aqueles lugares onde existían grandes carballeiras eran nomeados como Lucus, o nome latino da cidade de Lugo, polo que se supón que Lugo era antes un bosque sagrado. O último representante do bosque sagrado lugués foi o chamado Carballo de San Vicente, talado en 1680 para facer as obras do claustro do convento de Santo Domingo.

Algúns carballos están consagrados a santos como é o caso do carballo de Santa Mariña de Augas Santas, Allariz ou o carballo de Santo Antonio no Pazo de Vilar de Francos en Carballo. Os dous teñen unha lenda en común que di que cando se lle produce unha ferida no tronco botan sangue. Nos dous casos atribúen este feito aos milagres dos respectivos santos. A Carballa da Rocha é un carballo situado no concello de Rairiz de Veiga provincia de Ourense, Monumento Natural dende o ano 2007. Estímase que ten uns 500 anos; ten 8.2 m de perímetro e 33 m de altura. Na carballeira do pazo de Cartelos no concello de Carballedo Lugo, subsiste un exemplar, pouco coñecido, que pode ser o máis vello do mundo desta especie. A súa idade non se coñece con exactitude, pero o feito de que unha das pólas derrubadas polo ciclón Hortensia en 1984 tivera 800 anos, danos unha estima da súa idade, que podería rondar os 1500. Todo nel é espectacular: 11.5 m de perímetro, 34 m de altura e 614 m 2 de copa. O seu competidor inmediato é un carballo na Suíza de 930 anos. Todo isto fai que sexa o ser vivo máis vello de Galicia xunto co castiñeiro de Pumariños en Manzaneda Ourense.

Free and no ads
no need to download or install

Pino - logical board game which is based on tactics and strategy. In general this is a remix of chess, checkers and corners. The game develops imagination, concentration, teaches how to solve tasks, plan their own actions and of course to think logically. It does not matter how much pieces you have, the main thing is how they are placement!

online intellectual game →