Back

ⓘ Salón do Automóbil de Vigo. O Salón do Automóbil de Vigo é un evento expositivo comercial anual, do mundo do motor, que se celebra na primavera no Instituto Fei ..



Salón do Automóbil de Vigo
                                     

ⓘ Salón do Automóbil de Vigo

O Salón do Automóbil de Vigo é un evento expositivo comercial anual, do mundo do motor, que se celebra na primavera no Instituto Feiral de Vigo, dende o ano 1992, sendo así o segundo certame en activo máis antigo de España, só por detrás do Salón do Automóbil da Fira de Barcelona.

                                     

1. Actividades

O Salón de Vigo consta de varias actividades. Principalmente a exposición comercial e venda de vehículos de dúas e catro rodas da maioría da marcas, dende turismos ata caravanas e autocaravanas, e mesmo pequenas embarcacións, que inclúe ás veces presentacións dalgúns modelos novos. En 2011 esta exposición tivo ó seu servizo 25.000 m² repartidos en dos pavillóns.

Adoitan expoñerse, tamén, coches e motocicletas antigas Retro Salón.

anos 2007-2010 fíxose noutro pavillón do IFEVI unha demostración deportiva indoor chamada RacingShow, na que competiron varios pilotos de rally, dos campionatos galego, español e portugués, de cando en vez algunha estrela internacional, como foi o caso de Juha Kankkunen, Didier Auriol, Miki Biasion ou Timo Salonen.

En ocasións tamén se fan demostracións de karting no exterior do recinto.

                                     

1.1. Actividades Edición 2011

En 2011 o Salón de Vigo cumpriu 20 anos, e tivo lugar entre os días 30 de abril e 8 de maio. Nesta edición homenaxeouse á marca francesa Citroen cunha exposición de 40 coches históricos e outros actuais, e unha concentración de coches de propietarios particulares, que tivo lugar o 7 de maio.

                                     

2. Retro Auto&Moto Galicia

Dende o ano 2015 fíxose coincidir, durante tres días, co V Retro Auto&Moto Galicia evento monográfico sobre vehículos e motos clásicas de época, que nas catro edicións anteriores víñase celebrando en Santiago de Compostela.

                                     

3. Véxase tamén

Ligazóns externas

  • Edicións XIX 2010, XX 2011, XXI 2012, XII 2013, XXIII 2014 e XXIV 2015 en EventosMotor.com en castelán.
Free and no ads
no need to download or install

Pino - logical board game which is based on tactics and strategy. In general this is a remix of chess, checkers and corners. The game develops imagination, concentration, teaches how to solve tasks, plan their own actions and of course to think logically. It does not matter how much pieces you have, the main thing is how they are placement!

online intellectual game →