Back

ⓘ Concentración parcelaria. A concentración parcelaria ou parcelaria é un procedemento administrativo da Xunta de Galicia polo cal a Consellería do Medio Rural bu ..



Concentración parcelaria
                                     

ⓘ Concentración parcelaria

A concentración parcelaria ou parcelaria é un procedemento administrativo da Xunta de Galicia polo cal a Consellería do Medio Rural busca a redución do número de parcelas e o seu agrupamento nunha determinada zona en concreto e limitado ao concello no que se realiza para aumentar a rendibilidade dos recursos agrarios e forestais. Este agrupamento de parcelas pasará a chamarse leiras, e supón a mellora e construción de máis accesos ás novas leiras.

Dende os anos 1980 en Galicia lévanse concentrado 416.504 hectáreas cun custo duns 1.200 millóns de euros.

                                     

1. Historia

En España a concentración parcelaria iniciouse en 1952.

En Galicia, dende o inicio das concentracións fixéronse máis de 700, cun total 350.000 hectáreas superficie equivalente á cuarta parte da provincia de Pontevedra. En 2011 había en Galicia 170 procesos de concentración abertos cun custo de 200 millóns de euros para un total de 157.000 hectáreas e 120.000 propietarios en 89 concellos das catro provincias.

                                     

2. Procedemento

No proceso de concentración parcelaria tense en conta o valor agrario do terreo sen ter en conta a valoración urbanística do terreo ou a que terá nun novo PXOM. Este novo uso da terra non se tivo en conta na lexislación. As compensacións de valor fanse en superficie non en valoración económica. Esta eiva no procedemento vese moito más claro no caso de propietarios de vivendas que non son obxecto de concentración e poderán acceder a terreos preto delas o que aumentará o valor da casa e as leiras.

A concentración ten os seguintes pasos:

  • Iniciación
  • Bases provisionais
  • Acta de reorganización da propiedade
  • Decreto de concentración
  • Proxecto de concentración
  • Bases definitivas parcelas
  • Acordo de concentración parcelaria leiras
  • Estudo de viabilidade e impacto ambiental e plan de desenvolvemento da zona

A lei fixa en cinco anos de duración o prazo das concentracións pero non de xeito categórico. A parcelaria de Mandiá, Esmelle, Covas e Marmancón en Ferrol iniciouse en 1980 para xuntar 2.043 hectáreas con 22.957 parcelas propiedade de máis de 2.000 veciños e quedar en 5.003 leiras. 30 anos despois non estaba rematada. O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia TSXG desestimou o recurso dos afectados pola concentración parcelaria culpándoos a eles do atraso e exculpando á Xunta de Galicia.

                                     

3. Natureza e patrimonio

En 1991 no concello de Frades a Peneda de Guntín tamén coñecida como Dolmen de Aiazo foi esnaquizado abrindo pistas. A concentración parcelaria é un procedemento que afecta de xeito moi evidente á paisaxe de Galicia. O minifundismo de Galicia é unha segmentación das propiedades que condicionou o xeito de vivir, a paisaxe e o patrimonio galego. A cuadriculación do rural das concentracións parcelarias son visibles en calquera foto aérea e están a cambiar a paisaxe moi rapidamente.

                                     

4. Lexislación

  • Lei 12/2001 do 10 de setembro, de modificación da Lei de concentración parcelaria para Galicia DOG do luns, 29 de outubro de 2001.
  • Lei 10/1985 de concentración parcelaria para Galicia DOG do xoves, 22 de agosto de 1985 en formato html.
                                     

5. Véxase tamén

Ligazóns externas

  • Vídeo de 14 58" do Ministerio de Agricultura de 1957, Francisco González de la Riva, Marqués de Villa-Alcázar Vídeo en castelán subtitulado en inglés.
  • Xunta de Galicia, concentracións parcelarias
  • Carl-Christoph Liss, 1987. Evolución y estado actual de la concentración parcelaria en España, PDF en castelán
Free and no ads
no need to download or install

Pino - logical board game which is based on tactics and strategy. In general this is a remix of chess, checkers and corners. The game develops imagination, concentration, teaches how to solve tasks, plan their own actions and of course to think logically. It does not matter how much pieces you have, the main thing is how they are placement!

online intellectual game →