Back

ⓘ Toxo arnal. Para o xénero de plantas chamadas normalmente toxos ver o artigo Toxo. O toxo arnal, tamén chamado simplemente toxo, é un arbusto espiñento da clase ..



Toxo arnal
                                     

ⓘ Toxo arnal

Para o xénero de plantas chamadas normalmente toxos ver o artigo Toxo.

O toxo arnal, tamén chamado simplemente toxo, é un arbusto espiñento da clase das dicotiledóneas nome científico: Ulex europaeus e da familia das leguminosas, de flores amarelas moi rechamantes que mide entre 0.5 ata 3 metros segundo a variedade. Os agromos son verdes e as follas son espiñas de entre 1 e 3 cm. Cando a planta é aínda nova, as follas son normais, trifoliadas.

                                     

1. Etimoloxía

O termo galego toxo en portugués tojo, viría dunha verba preindoeuropea toju. En galego tamén recibe os nomes de toxo bravo, toxo albar, árgoma, cachal, toxo branco, toxo macho, toxo arnelo, toxo arnio, toxo cachas, toxo cachudo ou toxo común.

                                     

2. Distribución e hábitat

O toxo atópase no occidente europeo, desde Escocia a Portugal e ao leste até Bélxica. É a "flor nacional" da Bretaña francesa de Galiza. Noutras partes nas que se introduciu, como Nova Zelandia, Australia, o oeste dos Estados Unidos e Chile, é unha praga, chegando a estar na lista de 100 das especies exóticas invasoras máis daniñas do mundo da IUCN.

En Galicia é o toxo máis grande do xénero, até os 3 m. Medra nos cantís mariños de gran parte do país e do norte de Portugal. Nesta zona atópase a subespecie endémica latebracteatus.

                                     

3. Características

Tense a crenza de que o toxo está todo o ano en flor mais non é certo, é polas diferentes especies de toxos, que florean a distinto tempo ver artigo Ulex.

Floración

As flores, chamadas chorimas, miden entre 1 e 2 cm. O froito é unha vaíña de dous centímetros de cor cinza escuro rodeada dos restos marrón claros da flora. Esta vaíña contén dúas ou tres sementes negras que se liberan cando a vaíña estala en momentos de calor.

Arde moi doadamente, pero medra moi pronto após un incendio, polo que son das primeiras plantas en ocupar un terreo que ardeu. As sementes poden xerminar mesmo se viron algo afectadas polo lume. O seu uso tradicional é como estrume para as cortes, aínda que a finais do século XX coñeceuse unha proposta por parte dunha empresa xaponesa para aproveitar os restos da roza para a súa utilización como biomasa.

                                     

4.1. O toxo na cultura popular Galicia

A flor do toxo, a chorima, considérase a flor nacional de Galicia, tamén está considerada a flor nacional bretoa

O toxo servía coma alimento do gando, coma estrume e tamén para roxar o forno. A parte lígnea, moi dura, servía tamén coma combustíbel nas cociñas de leña e nas lareiras. Tamén para facer os caxatos cos que tamén se xogaba á choca.

                                     

4.2. O toxo na cultura popular Estranxeiro

O toxo é a insignia dos clans escoceses Sinclair e MacLennan. Mentres que a semellante flor da xesta é a insignia dos reis de Inglaterra.

Na novela clásica de Thomas Hardy O regreso do nativo, cando Clym está medio cego de tanto ler, tórnase a apañar toxo na terra de Egdon, para consternación da súa dona Eustacia.

A inflamabilidade do toxo, que arde tan axiña, tamén é mencionada nalgunhas fontes, por exemplo Doyle, no seu libro "Sir Nigel" o personaxe Sir John Chandos di: ".Eles estralan coma un toxo en chamas, mais se aturas un chisco a calor, logo pode que se vire máis frío. Se o galés fose coma o lume de toxo, logo, meu deus! Os escoceses son coma a turba, xa que están a arder pero sen rematar nunca."

Winnie-the-Pooh caeu en riba dun toxo cando estaba intentando apañar mel no primeiro capítulo do libro do mesmo nome.

No segundo libro de J. R. R. Tolkien, As Dúas Torres, Frodo Bulseiro e Samwise Gamgee son guiados por Smeagol Gollum entre unha matogueira de toxos moi altos e vellos, de camiño ás Minas Morgul ou a Torre da Lúa.

Free and no ads
no need to download or install

Pino - logical board game which is based on tactics and strategy. In general this is a remix of chess, checkers and corners. The game develops imagination, concentration, teaches how to solve tasks, plan their own actions and of course to think logically. It does not matter how much pieces you have, the main thing is how they are placement!

online intellectual game →