Back

ⓘ Manuel Espiña Gamallo, nado en Santa María de Folgoso o 25 de xullo de 1933 e finado en Pontevedra o 28 de febreiro de 2010, foi un sacerdote, teólogo, pedagogo ..



                                     

ⓘ Manuel Espiña Gamallo

Manuel Espiña Gamallo, nado en Santa María de Folgoso o 25 de xullo de 1933 e finado en Pontevedra o 28 de febreiro de 2010, foi un sacerdote, teólogo, pedagogo, escritor e promotor e defensor do uso da lingua galega no seo da Igrexa e do achegamento e compromiso do catolicismo coa realidade galega.

                                     

1. Traxectoria

Despois de realizar os seus primeiros estudos en Folgoso Cerdedo e Presqueiras Forcarei cun profesor particular, ingresou en 1945 no Seminario de San Martiño Pinario de Santiago de Compostela, onde estudou Humanidades.

A partir de 1951 cursou as licenciaturas en Filosofía e Teoloxía na Universidade Pontificia Comillas Santander, ordenándose alí sacerdote en marzo de 1959. Foi en Comillas onde comezou a formarse a súa conciencia galeguista, como lle ocorreu a tantos outros; alí coincidiu con Carlos Baliñas Fernández, o Padre Silva e Morente Torres, entre outros.

O seu primeiro destino foi como coadxutor-vigairo en Santa María do Azougue Betanzos, cargo que desempeñou desde 1959 a 1962, cando foi nomeado polo cardeal Quiroga Palacios director espiritual do Seminario Menor de Belvís, onde o seu labor máis innovador foi ser o galeguizador ao atoparse cuns rapaces que se avergoñaban da lingua dos seus pais ou que eran castigados cando falaban entre eles en galego Espiña consegiu que se suprimisen estes castigos. Alí comezou a traducir os Evanxeos ao galego, no medio da incomprensión dos seus compañeiros.

En 1965 conseguiu por oposición unha coenxía na Real Colexiata da Coruña e, o mesmo ano comezou a dar clases de latín, grego e francés no Fogar de Santa Margarida da Coruña de relixión na Escola Normal de Maxisterio e posteriormente na Escola Universitaria de Formación do Profesorado de EXB na que aquela se transformou, e logo, até a súa xubilación en 1999 de teoloxía católica e a súa didáctica e pedagoxía, así como de historia das relixións, na Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña.

Na cidade herculina rematou a tradución dos Evanxeos coa colaboración de Morente Torres, publicándose en 1966 co título A Palabra de Deus, editada por SEPT foi o primeiro libro desta editorial, que se creara ese mesmo ano. O ano seguinte Espiña oficiou en lingua galega a misa de Rosalía en San Domingos de Bonaval e comezou, tamén con Morente, unha misa en galego aos domingos nas Capuchinas da Coruña. Porén, non conseguiu o permiso de Fraga, daquela ministro de Información e Turismo, para poder retransmitir a misa en galego pola radio.

En 1968 recibiu con Morente o Pedrón de Ouro polo seu labor a prol da galeguización da liturxia; un camiño demasiado lento pola eterna resposta do supersedeatur, co que Roma contestaba unha e outra vez, a pesar da insistencia do cardeal Quiroga foi a comezos do 1969 cando se acadou a aprobación oficial. No mesmo ano 1968 editouse o Misal Galego dos Fieis, obra de novo do tándem Espiña-Morente, coa colaboración de Vidán Torreira, Alonso Estravís e Ventura Cores Trasmonte.

En xaneiro de 1970 o daquela director de La Voz de Galicia, Francisco Pillado Rivadulla, concedeulle unha sección semanal no xornal, O outeiro de san Xusto, que se converteu na máis longa do diario. Esta atalaia deulle unha notoriedade infrecuente nun cura, até o punto de que en dúas ocasións 1973 e 1981 foi "Invitado de honra" dos Centros Galegos de Bos Aires de Montevideo con motivo do Día de Galicia. Pero tamén comportou que a súa misa dominical, primeiro nas Capuchinas, e despois nos locais do Servizo Doméstico, estivese sempre controlada pola policía.

Colaborou tamén en revistas como Galicia de Bos Aires.

Entre outras actividades, fundou en 1973 a Comunidade cristiá Home Novo que ten a súa sede en Culleredo, presidiu desde 1978 o Padroado da Fundación Labaca até a súa disolución, e a Irmandade Médica Paulino; foi vogal da Irmandade Moncho Valcarce, secretario da cooperativa CODELI. Así mesmo, fundou na Coruña o Centro Español de Nuevas Profesiones. Tamén foi membro do Consello de Redacción da revista Encrucillada durante 30 anos, e colaborador de Irimia e das Romaxes de Crentes Galegos.

                                     

2. Algunhas obras

  • O Outeiro de San Xusto - Escolma I, 2008. A Coruña.
  • A palabra de Deus: evanxelios, Editorial SEPT.
  • Manuel Fraiz Garrido: un cura moi humano e canteiro. 2002. A Coruña, Real Colexiata de Santa María.
                                     

3. Véxase tamén

Ligazóns externas

  • A morte dun patriota: Manuel Espiña Gamallo Terra e Tempo.
  • Manuel Espiña Gamallo. In memoriam Religión Digital en castelán.
  • Manuel Rivas: Deus, Galicia e o Tribunal de Orden Público El País. 5/3/2010.
  • In memoriam de D. Manuel Espiña Galicia Digital.
Free and no ads
no need to download or install

Pino - logical board game which is based on tactics and strategy. In general this is a remix of chess, checkers and corners. The game develops imagination, concentration, teaches how to solve tasks, plan their own actions and of course to think logically. It does not matter how much pieces you have, the main thing is how they are placement!

online intellectual game →