Back

ⓘ Signo igual. O símbolo foi inventado en 1557 polo matemático galés Robert Recorde na súa obra The Whetstone of Witte. Decidiu empregar dúas liñas iguais por con ..



                                               

Espiral dourada

A espiral dourada é unha espiral logarítmica asociada ás propiedades xeométricas do rectángulo dourado. A razón de crecemento é Φ, é dicir a razón dourada ou número áureo. Aparece esta espiral representada en diversas figuras da natureza, así como na arte.

                                               

Daughters

Daughters é unha banda estadounidense de noise rock formada en 2002 en Providence, Rhode Island tras a disolución de As the Sun Sets. No presente o grupo está composto polo vocalista Alexis Marshall, o guitarrista Nicholas Andrew Sadler, o batería Jon Syverson, e o baixista Samuel Moorehouse Walker. A banda comezou tocando grindcore e o seu son foi evolucionando tras cada álbum, sendo descritos os seus últimos traballos como noise rock. En 2018 o grupo fichou por Ipecac Recordings e publicou o disco You Wont Get What You Want, que recibiu moi boas críticas. Este álbum marcou un significati ...

                                     

ⓘ Signo igual

O símbolo foi inventado en 1557 polo matemático galés Robert Recorde na súa obra The Whetstone of Witte. Decidiu empregar dúas liñas iguais por considerar que era a mellor representación da idea de igualdade.

O signo = non foi inmediatamente popular, senón que algún autores empregaban dúas barras paralelas || ou æ ou œ, abreviaturas da palabra latina aequalis" igual”.

                                     

1. Uso

  • Nalgunhas linguaxes de programación empréganse varios signos iguais: ===.
  • En Informática acostuma empregarse para asignar valores.
  • Algunhas linguas africanas utilízano como signo diacrítico para indicar ton.
  • En Matemáticas pode empregarse para indicar un valor particular x = 2, crear definicións sexa x = 2, expresar condicións se x = 2, entón…, ou indicar unha equivalencia universal x + 1 2 = x 2 + 2x + 1.
                                     

2. Símbolos relacionados

Aproximadamente igual

Os símbolos para expresar a idea de" aproximadamente igual” adoitan ter forma de ondas ou incluír puntos: ≈, ≃, ≅, ∼, ∽, ≐, ≒, ≓

Desigual

O símbolo empregado para a relación "non é igual" é un signo igual cunha barra "≠".

Identidade

Símbolos utilizados para indicar unha identidade ou equivalencia son "≡", "≝", ":=" ou "≘".

Menor ou igual e maior ou igual

O signo igual pode combinarse cos signos "menor que": ≤ e ≥.

Free and no ads
no need to download or install

Pino - logical board game which is based on tactics and strategy. In general this is a remix of chess, checkers and corners. The game develops imagination, concentration, teaches how to solve tasks, plan their own actions and of course to think logically. It does not matter how much pieces you have, the main thing is how they are placement!

online intellectual game →