Back

ⓘ Bandeira de Galicia. A bandeira de Galicia actual foi creada a finais do século XIX polos galeguistas históricos do Rexurdimento e consolidada pola Xeración Nós ..



Bandeira de Galicia
                                     

ⓘ Bandeira de Galicia

A bandeira de Galicia actual foi creada a finais do século XIX polos galeguistas históricos do Rexurdimento e consolidada pola Xeración Nós como insignia nacional, a actual bandeira civil. Ten fondo branco e presenta unha franxa azul dende o ángulo superior esquerdo até o inferior dereito. A franxa azul posúe unha largura igual á terceira parte do alto da bandeira.

                                     

1.1. Historia Antigo estandarte real

O antigo estandarte do reino de Galicia compoñíase principalmente por un cáliz dourado sobre fondo azul. Este aparece documentado como motivo principal do escudo de armas do Reino de Galicia dende finais do século XIII. Así aparece documentado como armas os reis de Galyce no armorial Segar de Inglaterra do ano 1282. A representación gráfica das armas do Reino de Galicia foi evolucionando continuamente a través dos séculos; do orixinario cáliz pechado nun relicario pasouse á súa representación en forma aberta; o orixinal campo azul da bandeira diversificouse tamén en vermello e branco; e o orixinal cáliz en campo liso sen ningún engadido pasou a conter decoración diversa como anxos e un número variable de cruces, entre unha, seis, sete, ou en campo sementado. Equivocamente, moita xente pensa que as sete cruces corresponden ás cidades do antigo Reino de Galicia aínda que en realidade a súa orixe é soamente decorativa Escudo de Galicia.

                                     

1.2. Historia O deseño actual

O actual deseño da bandeira galega remóntase ao Rexurdimento, é neste momento cando se comezan a reformular e crear os símbolos nacionais de Galicia. A finais do século XIX comezáranse a empregar diferentes modelos de bandeiras coa idea de representaren graficamente unha Galicia que camiñe cara á liberdade, neste contexto numerosos intelectuais defenderán a bandeira franca, a bandeira branca coa cruz vermella de Santiago, así como tamén a bandeira branca coa franxa azul, que será aceptada axiña por boa parte do galeguismo e finalmente por toda Galicia. Xa na última década do século XIX, quedaba fixada a actual estética da bandeira:

A bandeira galega só ten dúas cores: branco e azul. O fondo é branco, e dende o ángulo superior da esquerda ata o ángulo inferior da dereita, atravesando o centro, unha franxa de cor azul que debe ter de ancho a terceira parte do alto ou ancho total da bandeira ", publicado ano 1898 no xornal O Eco de Galicia, A Habana, Cuba.

A bandeira foi prohibida na ditadura de Primo de Rivera de iure e na ditadura de Francisco Franco de facto.

Coa volta da democracia, a Lei 5/1984 de 29 de maio de 1984 da Xunta de Galicia regulou a actual bandeira galega. Nela lexíslase que a bandeira de Galicia ha de ter unha lonxitude igual a tres medios do seu ancho. É branca, cunha banda azul celeste dun ancho equivalente á cuarta parte do da bandeira, que a atravesa dende a parte superior á hasta, cara á parte inferior ao batente. Esta versión, sen escudo, denomínase en vexiloloxía -a ciencia que estuda as bandeiras-, Bandeira Civil ", e pode ser utilizada polos cidadáns, pero non pola administración pública, que debe, obrigatoriamente, utilizar a Bandeira Institucional ", con escudo. Esta versión, con escudo, tamén pode ser utilizada pola poboación civil.

A representación moderna e oficial do escudo galego foi fixada ano 1972 pola Real Academia Galega RAG. A RAG propuxo á Xunta de Galicia conservar a memoria da bandeira galega antiga dentro da moderna. O resultado foi a superposición das armas ou escudo galego sobre a bandeira civil, formando o que en vexiloloxía se denomina Bandeira Institucional ". A bandeira "de estado", "institucional" ou "oficial" galega é a que debe figurar nos actos oficiais do goberno e institucións galegas.

A bandeira de Galicia deberá levar cargado o escudo oficial cando ondee nos edificios públicos e nos actos oficiais da Comunidade Autónoma ", Lei 5/1984 de Símbolos de Galicia, Artigo 2.2.

                                     

2. Diversas orixes

A comezos do século XX foron moitos os intelectuais que tentaron atopar a orixe do deseño actual da bandeira galega, entre estes chegouse a presupoñer que a franxa azul representaba ao río Miño de feito, isto motivaría durante un tempo o cambio de dirección da franxa que pasaría a ser desde a esquina superior dereita á inferior esquerda.

Tamén se chegaron a barallar outras teorías con gran divulgación, tal e como a que adxudicaba a orixe da bandeira a unha confusión coa baseada en que os emigrantes galegos terían pensado que a bandeira da provincia marítima da Coruña que ondeaba no porto e nos transatlánticos era de feito a bandeira de Galicia. Porén, a bandeira branca coa franxa azul xa fora empregada no traslado dos restos de Rosalía de Castro, celebrado os días 25, 26 e 27 de maio de 1891, e a comandancia da Coruña adoptaría a súa nova bandeira tamén cunha franxa azul non antes do 22 de xuño do mesmo ano.

                                     

3. Outras bandeiras e símbolos históricos

  • O nacionalismo de esquerdas adopta a estreleira bandeira galega coa estrela vermella como símbolo de liberación nacional e social. Este símbolo é o máis usado en manifestacións nacionalistas ou partidos de fútbol. É a bandeira da principal Central Sindical CIG: Confederación Intersindical Galega e dos partidos de esquerda nacionalista.
  • O deseño do escudo de Castelao co texto "Denantes mortos que escravos" 1937. Consistía na serea sostendo o escudo cunha fouce e unha estrela.
  • A figura dun cáliz, copa ou relicario dourado é o símbolo histórico que máis longo tempo vén representando a Galiza como entidade xeográfica e política. Tres cálices dourados aparecen documentados por primeira vez como armas dos reis de Galyce no armorial Segar de Inglaterra do ano c.1282. A representación gráfica das armas do Reino de Galiza foi evolucionando continuamente a través dos séculos; do orixinario cáliz dourado evolucionou cara a unha copa dourada cara ao século XV, ao que se lle sumaron un número dispar de cruces no século XVI. Xa no século XVII, no contexto da Contrarreforma, este pasou a ser representado como relicario; o orixinal campo azul da bandeira diversificouse tamén en vermello e branco; e o orixinal Graal en campo liso sen ningún engadido pasou a conter decoración diversa como anxos e un número variable de cruces, entre unha, seis, sete, ou en campo sementado. A estandarización gráfica moderna das armas ou escudo de Galiza foi establecida ano 1972 pola Real Academia Galega.
  • No século XVIII, os buques do Reino de Galicia empregaban como pavillón nacional unha bandeira branca cun cáliz dourado e dous grupos de tres cruces vermellas cada un situados en ambas as dúas beiras, tal e como se recolle na obra Les pavillons, ou banniéres, que la plûpart des nations arborent en mer, publicada en Ámsterdan en 1718.
  • Durante a marea negra do Prestige tamén se usou a bandeira galega, con fondo negro e co texto de Nunca Máis.


                                     

4.1. Véxase tamén Bibliografía

  • Costa Casas, Xoán 2020. "A bandeira da Galiza: do concepto á imaxe". Terra e Tempo Santiago de Compostela 181. Os símbolos da nación galega: 6–13. ISSN 1575-5509.
  • Barreiro Fernández, Xosé Ramón; Axeitos, Xosé Luís 2007. "A bandeira de Galicia". En Barreiro Fernández, Xosé Ramón; Villares, Ramón. Os Símbolos de Galicia PDF. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega; A Coruña: Real Academia Galega. pp. 79–104. ISBN 978-84-96530-46-1.
  • Vales Vía, José-Domingo 2011. "La Bandera Gallega o una tradición mal herida" PDF. Anuario Brigantino en castelán Betanzos 34: 285–304. ISSN 1130-7625.
  • Obelleiro Hermida, María 2020. "A bandeira da Patria: orixes e significación". Terra e Tempo Santiago de Compostela 181. Os símbolos da nación galega: 14–19. ISSN 1575-5509.
  • Barbosa Álvares, José Manuel 2011. Bandeiras da Galiza 2.ª ed. Através. ISBN 978-84-87305-53-5.
                                     

4.2. Véxase tamén Ligazóns externas

  • Bandeira Galega
  • Símbolos de Galicia
  • Lorenzo Gil, César 18 de outubro de 2018. "O misterio da bandeira galega". Aira das Letras.
  • Glez., Xosé 28 de decembro de 2018. "Himnos e bandeiras". Galicia Confidencial. Redondela.
Jesu
                                               

Jesu

Jesu é unha banda galesa de música experimental formada en 2003 por Justin Broadrick tras a disolución de Godflesh. Comparte o seu nome coa última canción de Hymns, o último álbum da primeira etapa de Godflesh. O son de Jesu está cheo de capas e texturas e incorpora unha mestura moi diversa de influencias.

Free and no ads
no need to download or install

Pino - logical board game which is based on tactics and strategy. In general this is a remix of chess, checkers and corners. The game develops imagination, concentration, teaches how to solve tasks, plan their own actions and of course to think logically. It does not matter how much pieces you have, the main thing is how they are placement!

online intellectual game →