Back

ⓘ Empresas de Galicia ..



                                               

A Rosaleira

Foi fundada por José Sánchez García a finais da década de 1930 co nome de Conservas Vegetales José Sánchez García. Nun inicio a súa produción centrouse nas conservas de tomate, fritada e mirabel. Durante moito tempo foi a única empresa galega dedicada á conservación de conservas vexetais. En 1967 comezaron a producirse grelos en conserva. Posteriormente foi adquirida pola empresa Terras Gauda, á que pertence na actualidade.

                                               

ACOLACT

Agrupación Cooperativa Láctea, S.L. é unha empresa do sector lácteo participada por dez cooperativas galegas, que dende o 19 de xullo de 2012 xestionan a planta da antiga CLESA en Caldas de Reis. A fábrica de Clesa en Caldas de Reis foi mercada por 10.2 millóns de euros.

                                               

Aguas de Cabreiroá

Aguas de Cabreiroá é unha empresa galega de bebidas con sede en Cabreiroá. Foi fundada por José García Barbón en 1906. A empresa é propiedade de Hijos de Rivera.

                                               

Aguas de Fontoira

Aguas de Fontoira é unha empresa galega adicada ao envasado de auga mineral natural situada no concello de Cospeito. A empresa é propiedade de Begano, empresa fabricante de Coca-Cola en Galiza. O manancial de Fontoira foi declarado como mineral natural pola Consellería de Industria da Xunta de Galicia o 21 de outubro de 1992. Augas de Fontoira comercializa dende marzo de 2004 a súa auga baixo a marca Aquabona manancial de Fontoira. Coca-Cola ten en España tres mananciais que venden auga baixo a marca Aquabona: Santolín Burgos, Fuenmayor Teruel e Peña Umbría Valencia. A empresa ten certific ...

                                               

Altia

Altia Consultores S. A. é unha empresa constituída o 17 de marzo de 1994 con sede na cidade da Coruña. Dedícase á prestación de servizos de consultoría no eido das TIC. O seu presidente executivo é Constantino Fernández Pico, coñecido por presidir tamén o consello de administración do R. C. Deportivo da Coruña desde 2014.

                                               

ARDÁN (Servizo de Información Empresarial)

ARDÁN é un servizo de información empresarial que leva a cabo o Departamento de Servizos Avanzados do Consorcio da Zona Franca de Vigo dende 1993. En 2017, ARDÁN daba información de 20 000 empresas galegas. Son servizos e produtos: informes económicos, listaxes de empresas, bases de datos etc. Aplicacións informáticas en liña baseadas en publicacións. Apartado de estudos económicos. ARDÁN é unha ampla e actualizada base de datos con empresas de Galiza e toda España. Proxectos de colaboración con axencias de desenvolvemento e entidades. Os datos económicos que fornece ARDÁN proceden dos dep ...

A Navalla Suíza
                                               

A Navalla Suíza

A Navalla Suíza foi unha empresa galega adicada ó deseño de proxectos web. Fundouse ano 2008, tiña a súa sede no Milladoiro e pertencía a Eganet. Nos últimos anos desenvolveron un gran número de webs coma FlocosTV, Eufalo.tv, GalegoLAB e a plataforma do diario electrónico Praza pública. ano 2010 gañaron o premio Content 360º no MIPTV de Cannes.

Aceites Abril
                                               

Aceites Abril

A empresa foi fundada en 1962 polo comerciante de viño José Pérez Delgado. Nese ano mercou en Mora provincia de Toledo unha adega cun muíño e prensa de aceite de oliva. O aceite era levado en camións cisterna ao barrio industrial da Ponte, en Ourense, onde se embotellaba e comercializaba. En 1997 trasladaron a empresa ao Polígono Industrial de San Cibrao das Viñas.

AD Regueira
                                               

AD Regueira

AD Regueira é unha empresa galega con sede no Polígono industrial A Grela - Bens adicada á venda de pezas de automoción. Opera en Galicia, Asturias e León. As orixes da empresa están nunha tenda de pezas para coche na rúa Juan Flórez da Coruña. En 1989 entra a formar parte do grupo belga AD Parts.

                                               

Adolfo Domínguez SA

As orixes da empresa están nun pequeno obradoiro de xastrería en 1973. O crecemento da empresa iníciase anos 1980 co lema "La arruga es bella". A marca adquiriu notoriedade grazas á serie de televisión Miami Vice. anos 1990 a empresa medra con franquías e tendas propias. AD foi a primeira marca de roupa en comercializar unha colección de perfumes. En 1997 comeza a cotizar na bolsa de Madrid. A empresa tiña en 2012 un total de 695 establecementos no mundo, 446 en España e 249 fóra.

                                               

Astilleros Armada

Astilleros Armada é unha estaleiro galego con sede en Vigo, no barrio de Bouzas, adicado á construción e reparación de buques. Adicado dende os anos 20 e 30 á construción de buques pesqueiros en madeira. Constrúe buques de ata 1000 toneladas e 70 metros de eslora.

Bazán
                                               

Bazán

A Empresa Nacional Bazán foi unha sociedade estatal española creada en 1947 a partir da Sociedad Española de Construcción Naval. Tiña estaleiros para á construción naval militar. O seu maior fito foi a entrega en 1988 á Armada Española do portaaeronaves Príncipe de Asturias. ano 2000 Bazán e Estaleiros Españois AESA fusionáronse formando o grupo IZAR. En 2005 IZAR mudou en Navantia.

Bimba y Lola
                                               

Bimba y Lola

A empresa foi creada en 2005 polas sobriñas de Adolfo Domínguez, Uxía e María. Creada como Moet & Mos para a venda e deseño de roupa e complentos de muller, ata 2013 en que trocou o nome por Bimba y Lola. Cun investimento inicial de 15 millóns de euros, abriron 60 tendas en ano e medio, en España e Portugal. En Portugal ten rexistrado o nome Moet Mos Ltda. O logo inicial foron dous galgos en negro, mascotas das donas chamadas Bimba e Lola. A empresa ten tendas en propiedade e franquías.

Carbugal
                                               

Carbugal

Carbugal é unha empresa galega adicada á venda de combustible e lubricantes, fundada na Coruña en 2016. É propietaria de varias estacións de servizo: no polígono Espírito Santo Cambre, a carón do Coliseum da Coruña, no polígono da Grela A Coruña, en Cortiñán Bergondo e en Laraxe Cabanas.

Carpintería Cerqueiro
                                               

Carpintería Cerqueiro

Carpintería Cerqueiro é unha empresa galega adicada ao deseño, construción e instalación de mobiliario, a súa sede está en Carral. Cerqueiro é unha das empresas que traballa para Inditex na construción das súas tendas. A empresa ten Certificado de Xestión Forestal Sostible PEFC.

Construcciones Aeronáuticas de Galicia
                                               

Construcciones Aeronáuticas de Galicia

Construcciones Aeronáuticas de Galicia é unha compañía que deseña, fabrica e mantén produtos aeronáuticos. A súa sede e instalacións están no Aeródromo de Vilaframil, en Ribadeo. Naceu no 1996, creada por José Luis González Miró.

Free and no ads
no need to download or install

Pino - logical board game which is based on tactics and strategy. In general this is a remix of chess, checkers and corners. The game develops imagination, concentration, teaches how to solve tasks, plan their own actions and of course to think logically. It does not matter how much pieces you have, the main thing is how they are placement!

online intellectual game →