Back

ⓘ Polígonos industriais de Galicia ..



                                               

Polígono industrial A Grela - Bens

O polígono industrial A Grela - Bens é unha zona industrial de uso terciario-mixto situada no concello da Coruña, promovida polos antecesores da SEPES. Foi creado en 1961, o que o converte no máis antigo de Galicia, e conta cunha superficie de 1 421 818 metros cadrados. Leva o nome das localidades próximas da Grela e Bens. Nel están instaladas máis de 550 empresas, que xeran máis de 20 000 empregos directos, algunhas de grande relevancia a nivel autonómico como Alcoa, Comar, Hijos de Rivera, R, Alba Conde, Cafés Siboney, Dielectro Industrial, Kina Fernández, Eulen, Ipasa, Repsol, SGL Carbo ...

                                               

Polígono industrial do Acevedo

A primeira fase deste polígono foi promovida por Xestur e inaugurada en 1999. Un ano antes empezara a súa actividade a fase 2. O baixo prezo do solo e o Plan Miner do Ministerio de Industria fomentaron o crecemento desta área industrial. Fase I 1999: 68.241 metros cadrados Fase II 1998: 377.392 metros cadrados En marzo de 2011 inaugurouse un Centro de Desenvolvemento Tecnolóxico que, seis anos despois, seguía sen uso; así, en abril de 2017 anunciou a decisión de converter o predio nun viveiro de empresas.

                                               

Polígono industrial do Allo

O polígono industrial do Allo é unha zona industrial de uso terciario-mixto situada na parroquia do Allo, no concello de Zas, a escasa distancia da vila de Baio.

                                               

Parque empresarial de Alvedro

O parque empresarial de Alvedro é unha zona industrial de uso terciario-mixto situada no lugar de Alvedro, no concello de Culleredo, a escasa distancia do aeroporto da Coruña, promovido polo Instituto Galego da Vivenda e Solo.

                                               

Polígono industrial de Bergondo

Trátase dun polígono industrial promovido pola SEPES e inaugurado en 1990. Conta cunha superficie total de 882.000 metros cadrados, dos que 649.010 son dedicados a parcelas. Segundo o portal web da comunidade de propietarios do polígono este está dividido en 246 parcelas que acubillan 294 empresas, dando emprego a uns 4.000 traballadores/as. En 2004 foi inaugurado o edificio multiúsos que se emprega, entre outros, para cursos de formación. ano 2009, o goberno de Portugal vetou o traslado a Bergondo dunha das maiores plantas de Europa de paneis solares. Ese mesmo ano, abriu un club de pádel ...

                                               

Polígono industrial de Bértoa

As súas orixes datan do ano 1975. A primeira fase conta cunha extensión de 74 hectáreas, nas que están instaladas máis de 100 empresas que abarcan diversos campos como o transporte, metal, electricidade, téxtil ou alimentación. Na actualidade está construída unha segunda fase, ata ocupar unha extensión total duns 2.000.000 metros cadrados. No polígono industrial están situados o parque de bombeiros e a delegación de Protección Civil. Ademais, ofrece servizos como o punto limpo e o Complexo Deportivo das Eiroas. ano 2017 contaba xa con máis da metade da súa superficie ocupada.

Polígono industrial dos Airíos
                                               

Polígono industrial dos Airíos

O Polígono industrial dos Airíos é unha zona industrial de uso terciario-mixto situada no concello das Pontes García Rodríguez. É un polígono situado preto da zona urbana das Pontes. Construíuse en 1998 e ten unha superficie de 269 953 metros cadrados en dúas fases. Ten acceso á N-641 e está a 38 km da A-6. Pola AG-64 ten acceso a Ferrol e Vilalba.

                                               

Polígono industrial de Barreiros

O polígono industrial de Barreiros é unha iniciativa de Xestur construída no concello de Barreiros. Ten unha superficie total de 131.947 metros cadrados.

                                               

Polígono industrial de Camba

O Polígono industrial de Camba é unha zona industrial en Xove promovida polo Instituto Galego de Vivenda e Solo e xestionada por Xestur Lugo. Foi inaugurado en 1999 e ten unha superficie de 65 745 m². Recibe o seu nome da aldea de Camba. Está situado a 35 km da A-8.

Polígono industrial do Ceao
                                               

Polígono industrial do Ceao

O Polígono industrial do Ceao é unha promoción industrial da Sociedad Estatal de Promoción de Suelo construída 1979 no Ceao, e transferida ao concello de Lugo. Ten dúas fases construídas cun total dun millón de metros cadrados. O 90% do polígono está ocupado. Ten terminal de carga de ferrocarril propia e ligazón directa coa A-6.

Polígono industrial de Coirós
                                               

Polígono industrial de Coirós

O Polígono industrial de Coirós, Parque Empresarial de Coirós ou tamén chamado Polígono de Pena Partida é unha área loxística e industrial situada no concello de Coirós. Ten unha superficie duns 600 mil metros cadrados repartidos en 24 parcelas. Nel teñen a súa sede empresas como Emesa, Disashop e as xa pechadas Prefabricados Castelo e Cementos Estrella. O polígono está encaixado entre a A-6 e a N-VI.

Polígono industrial do Espírito Santo
                                               

Polígono industrial do Espírito Santo

Foi inaugurado en maio 1996 e -ao igual có veciño polígono industrial de Bergondo- promovido pola SEPES. Conta cunha superficie total de 643.110 m², ocupando as parcelas 433.751, 36.540 m² se sitúan no concello de Sada. Conta cun servizo de Inspección Técnica de Vehículos. Unha das empresas máis coñecidas das instaladas no polígono é Isidro de la Cal.

                                               

Polígono industrial da Gándara

O polígono da Gándara da acubillo a grandes superficies comerciais como Alcampo, Eroski, Mercadona, Lidl ou un Centro Comercial Dolce Vita; asemade, conta cun establecemento 24h da cadea McDonalds e servizo de ITV. Hai seis estacións de servizo, dous hoteis, e os concesionarios de Seat, Fiat, Toyota, BMW, Volkswagen, Hyunday, Renault, Audi, Nissan e Peugeot.

Polígono industrial de Iñás
                                               

Polígono industrial de Iñás

A idea de construír un polígono nesta zona xa figuraba nos plans urbanísticos do Concello en 1984. Foi inaugurado en 2010 cunha superficie total de 396.916 metros cadrados. A crise económica da década de 2010 ten afectado negativamente ao progreso desta área comercial e industrial.

Polígono industrial de Ledoño
                                               

Polígono industrial de Ledoño

Polígono industrial de Ledoño tamén chamado Centro Loxístico de Transportes de Ledoño, é unha área loxística situada no concello de Culleredo. Está situado paralelo á A-6. Ten unha superficie de 602.479 metros cadrados e foi construído no 2007. O polígono é privado e ten control de acceso.

Parque empresarial de Mondoñedo
                                               

Parque empresarial de Mondoñedo

O Parque empresarial de Mondoñedo é unha superficie comercial de 70 mil metros cadrados situada a catro quilómetros de Mondoñedo. Ten acceso directo á estrada N-634.

Free and no ads
no need to download or install

Pino - logical board game which is based on tactics and strategy. In general this is a remix of chess, checkers and corners. The game develops imagination, concentration, teaches how to solve tasks, plan their own actions and of course to think logically. It does not matter how much pieces you have, the main thing is how they are placement!

online intellectual game →