Back

ⓘ Festas de Galicia ..



                                               

Festa dos Alborotados

A romaría dos Alborotados celebrábase de vello no santuario dos Remedios en Betanzos o 27 de setembro na honra de Nosa Señora dos Remedios e máis de San Miguel. Unha novena precedía ao día da festa, no que, ao igual que no día dos Remedios, chegaban ao templo romeiros das máis variadas procedencias. O nome viría pola afluencia de endemoñados ou" alborotados” que acudían en demanda de auxilio onda Nosa Señora e San Miguel. Co paso do tempo a celebración estritamente relixiosa foi perdendo empuxe, e no xa distante 1979 os veciños da barriada da Ponte Vella decidiron dar un aire anovado á rom ...

                                               

Ano Santo Xacobeo

O Ano Santo Xacobeo, tamén chamado Ano Santo Compostelán, é unha celebración católica que ten lugar en Santiago de Compostela os anos que o 25 de xullo, festividade do Apóstolo, cae en domingo. Isto acontece cunha regularidade de 28 anos de 6-5-6-11 anos, o que supón que en cada século haxa catorce Xacobeos.

                                               

Carrilana

As carrilanas son vehículos de 3 ou 4 rodas de descenso por estrada sen ningún tipo de propulsión que poden acadar velocidades superiores ós 130 km/h. As carrilanas teñen unha clara orixe lúdica popular, estando presentes nas festas de moitos pobos do norte peninsular, especialmente en Galicia e o norte de Portugal, Asturias, Euskadi, Navarra e Cataluña, sendo populares noutros moitos países.

                                               

Cocos

Este artigo trata sobre un boneco folclórico, para o xénero de palmeiras de coco, véxase Cocos xénero. Os Cocos son dous bonecos das romarías de Ribadeo caracterizados polos seu gran tamaño e mais por estar construídos e vestidos arredor dunha armazón de madeira para seren transportados por persoas situadas no seu interior. Os Cocos son a parella figurada máis representativa de Ribadeo. Tense constancia deles polo menos dende que en 1870 foran doados os cartos para a súa construción por Xosé María Iglesias, segundo parece para contribuír o maior recoñecemento das festas do Carme, que naque ...

                                               

Santuario da Nosa Señora do Corpiño

O santuario da Nosa Señora do Corpiño, máis coñecido simplemente coma O Corpiño, é un santuario situado no lugar do Corpiño, na parroquia de Santa Baia de Losón pertencente o concello de Lalín, nun pequeno outeiro situado no alto do val do río Deza, a medio camiño na estrada que vai de Silleda a Vila de Cruces.

                                               

Día da Candeloria

O Día da Candeloria ten orixe nos cultos pagáns da fertilidade e dos ciclos da natureza, que como a noite de San Xoán, a Semana Santa, o Nadal e moitos outros, acabou por ser cristianizado. Neste caso tratábase do ritual do lume, coas súas virtudes apotropaicas de afastamento de desgrazas, protectoras. Na antiga Roma celebrábase as Lupercais, a festa do lume e na honra da fertilidade. Nesta festa, realizábase unha procesión con candeas acendidas de noite. ano 492, o Papa Xelasio crea a festa da Purificación da Virxe María, que é conmemorada o 2 de febreiro. O nome da Candeloria está orixin ...

Festas do Apóstolo Santiago
                                               

Festas do Apóstolo Santiago

As festas do Apóstolo Santiago teñen lugar en Santiago de Compostela durante a segunda quincena do mes de xullo. Xiran arredor do 25 de xullo, festividade católica de Santiago o Maior, e Día Nacional de Galicia. Nelas celébranse actos relixiosos e o 24 de xullo pola noite lánzanse fogos artificiais desde a catedral. Están declaradas festas de interese turístico internacional.

                                               

Curro da Valga

O curro da Valga é unha rapa das bestas que se celebra na Valga durante o segundo domingo de maio. É o primeiro curro do Val Miñor- Serra da Groba do ano. De madrugada os veciños soben ó monte dirixidos polo bestilleiro e acurralan as burras do monte. O rito comeza coa baixa: acoso, acurralamento e condución dos grupos de cabalos. Os animais van descendendo ata chegar ó curro. No recinto do curro, realízase a rapa das bestas: márcanse cada dono posúe o seu marco a lume e córtanselle as crins.

Curtis na Lembranza, as feiras de 1900
                                               

Curtis na Lembranza, as feiras de 1900

Curtis na Lembranza, as feiras de 1900 é unha festa local de Curtis, ambientada a comezos do século XX. Celébrase o último sábado de xullo desde 2016. A festa rememora as orixes da feira de Curtis, que en 1994 cumpriu cen anos de historia. Durante todo o día péchanse as rúas ao tráfico e fanse actividades culturais e históricas tentando lembrar como era o lugar a principios do século XX.

Rapa das bestas
                                               

Rapa das bestas

A rapa das bestas é o nome da operación que consiste en cortar a crina dos cabalos que se realiza nos curros celebrados en varias localidades do territorio galego. A máis coñecida é a rapa das bestas de Sabucedo, no concello da Estrada, que dura tres días: o primeiro sábado, domingo e luns de xullo. De feito, dálle nome á celebración e así fálase da rapa das bestas de Sabucedo, mentres que na maioría dos lugares fálase de curro -o nome do recinto pechado no que se recollen os cabalos.

                                               

Romaría do Naseiro

O Naseiro, coñecida tamén como A Romaría do Bo Xantar é unha popular romaría campestre que se celebra á beira do río Landro, na parroquia de San Pedro, Viveiro. Tradicionalmente celébrase o cuarto domingo do mes de agosto. A tradición marcaba que acudisen as familias de Viveiro, levando a mellor vaixela e mantel e os máis típicos manxares. Hoxe en día é costume da xuventude o pasar alí case toda a semana.

Free and no ads
no need to download or install

Pino - logical board game which is based on tactics and strategy. In general this is a remix of chess, checkers and corners. The game develops imagination, concentration, teaches how to solve tasks, plan their own actions and of course to think logically. It does not matter how much pieces you have, the main thing is how they are placement!

online intellectual game →