Back

ⓘ Chega de Bois. A chega de touros, designada loita de touros na Terra Fría Trasmontana ou coñecida coma chega de bois na Terra Quente Trasmontana en Portugal e t ..



Chega de Bois
                                     

ⓘ Chega de Bois

A chega de touros, designada loita de touros na Terra Fría Trasmontana ou coñecida coma chega de bois na Terra Quente Trasmontana en Portugal e tamén en Galicia, consiste no enfrontamento entre dous touros para determinar cal deles é o máis forte. De orixes ancestrais, as chegas de touros foron impulsadas nas últimas décadas como incentivo á cría das razas autóctonas de vacún, principalmente as razas mirandesa e barrosã.

Este espectáculo é unha parte importante na actividade dos criadores de gando vacún da Terra Quente de Trasmontana. Anualmente na época de verán celebrase o Campeonato Nacional de Chega de Bois da Raça Barrosã en Montalegre e o Campeonato Nacional de Chega de Touros da Raça Mirandesa en Vinhais.

En Galicia celebráronse chegas de bois no concello ourensán de Muíños, porén despois de facer fronte a varias sancións nos últimos anos de distintas administracións e a pesar de que ano 2007 a fiscalía de Ourense arquivou a denuncia presentada por un grupo de ecoloxistas o ano anterior, o concello decidiu suspender a chega definitivamente. Celebrouse ano 2006 a última chega de bois en Muíños.

O Tōgyū 闘牛, que xurdiu no Xapón ou o Combat de reines, tradicional do cantón de Valais en Suíza, son eventos similares á chega de bois nos que se enfrontan bóvidos do mesmo xeito que se dá na loita de touros.

                                     

1. Historia

Non é doado determinar a orixe do ritual da loita de touros mais ten orixes ancestrais. O touro é a representación da forza e a virilidade e o seu culto é moi antigo en toda a área mediterránea. O gando vacún foi utilizado polo ser humano dende a Idade de Ferro; calcúlase que o comezo da cría de gando doméstico no sur de Francia e na Península Ibérica comezou contra o ano 8.000 a.C.

Ó longo do século XX, coa introdución progresiva de medios mecánicos na actividade agrícola, o uso do gando foi experimentando unha decadencia paulatina, acentuándose o decrecemento na cría das razas autóctonas debido á menor produtividade en carne e leite, comparativamente con outras razas vidas de fóra.

Coa intención de preservar as razas autóctonas portuguesas e promover a cría destas razas xorden diversas asociacións de criadores de gando, determinándose amais as áreas de distribución xeográfica de orixe e dispersión para estes animais de vacún. Resolvese establecer tamén campionatos de chegas de bois, que se veñen celebrando dende comezos do século XXI, como forma de incentivar a cría destas razas e premiar ós mellores exemplares.

A celebración destas competicións e o aumento do número de espectadores interesados nestes eventos ó longo dos últimos anos producen un efecto positivo na conservación das poboacións autóctonas e no desenvolvemento económico da rexión.

Na actualidade a maioría dos animais pertencen a criadores de gando, sendo esta actividade o seu medio de subsistencia. En tempos anteriores á primeira metade do século XX estes bóvidos eran un ben comunitario, pertenza dunha aldea e coidábanse colectivamente nestas zonas do norte de Portugal, sendo unha característica definitoria da rexión da Tramontana. Aínda hoxe é posible atopar os "bois do pobo" en algunhas aldeas de Tras os Montes e na illa Terceira das Azores.

En Galicia as chegas de bois víñanse celebrando dende a década de 1980 en Muíños, o único concello no que se organizaron chegas nos últimos anos no país, sendo unha antiga tradición en ámbolos dous lados da Raia. Despois de facer fronte a varias sancións de distintas administracións o concello de Muíños decidiu suspender definitivamente a chega no 2006, tras 28 anos de loitas de touros.

O Tōgyū 闘牛, que xa se practicaba no século XVII en Xapón, é un espectáculo semellante á chega de bois, sendo orixinario das illas Ryukyu e estendendose a súa práctica por outras rexións do país nipón. Durante as disputas os touros están asistidos cadanseu por unha persoa en todo momento, procurando que o enfrontamento transcorra sen inconvenientes. Os seus principios son similares ós da loita de touros, sendo un evento popular naquelas latitudes.

                                     

2. A Chega

O principio da competición é bastante simple; trátase de aproximar ou "chegar" dous exemplares machos que se confrontarán cabeza con cabeza, turrando ata determinar cal deles é o máis forte. Non é usual neste tipo de loitas que os animais resulten feridos, procurando recrear nestes eventos un comportamento que se dá de xeito natural. Os animais observanse, exhiben a súa corpulencia e eventualmente tentan medir as súas forzas turrando un contra o outro; apenas o necesario para que un deles sinta estar en desvantaxe, recuando e fuxindo. Nalgún caso o animal que predomina pode chegar a perseguir durante un breve treito ó animal vencido, o suficiente para reafirmar o seu dominio, sen consentir ningún tipo de dúbidas ó adversario.

As chegas de touros poden durar varios minutos, apenas algúns segundos ou non propiciarse no caso de que un animal recuse "dar a cabeza". Os animais confrontados poden chegar a pesar 1200Kg no caso da Raza Mirandesa. Paralelamente nas chegas establecese habitualmente un sistema de apostas constituíndo un movemento significativo de cartos.

O número de espectadores interesados nestes eventos foi en aumento ó longo dos últimos anos, contribuíndo no desenvolvemento económico da rexión, favorecendo a conservación das poboacións autóctonas e incrementandose a calidade deste tipo de razas coa selección dos mellores exemplares. A maioría dos animais pertencen a criadores de gando na actualidade. Críanse especificamente para a competición nestes campionatos un número significativo de exemplares.

Os dous campionatos de chega de bois que se disputan na actualidade son os seguintes:

  • O Campeonato Nacional de Chega de Bois da Raça Barrosã: consiste en loitas de dous animais, avanzando o vencedor en eliminatorias sucesivas ata que se determina o campión nun enfrontamento final.
  • O Campeonato Nacional de Chega de Touros da Raça Mirandesa: son admitidos na competición tódolos individuos macho da raza mirandesa, divididos en dúas categorías; A) de máis de cinco anos e B) menos de cinco anos. Con loitas entre dous animais, avanzando o vencedor en eliminatorias sucesivas ata que se determina o campión nun enfrontamento final.
                                     

3. Véxase tamén

Outros artigos

  • O boi na arte e na cultura.
  • Festa do Boi de Allariz.

Ligazóns externas

  • Muíños elimina a Chega de Bois das festas. Telemiño, en castelán.
  • Campionato de Chegas de Bois celebrouse en Montalegre. SIC noticias, en portugués.
Free and no ads
no need to download or install

Pino - logical board game which is based on tactics and strategy. In general this is a remix of chess, checkers and corners. The game develops imagination, concentration, teaches how to solve tasks, plan their own actions and of course to think logically. It does not matter how much pieces you have, the main thing is how they are placement!

online intellectual game →