Back

ⓘ Consellería de Facenda. A Consellería de Facenda é o órgano da Xunta de Galicia encargado da preparación e xestión dos orzamentos de Galicia e da recadación de ..



                                     

ⓘ Consellería de Facenda

A Consellería de Facenda é o órgano da Xunta de Galicia encargado da preparación e xestión dos orzamentos de Galicia e da recadación de impostos. A súa titular actual é Valeriano Martínez García.

                                     

1. Historia

A consellería de Facenda recibiu ese nome dende abril de 2009, co goberno de Alberto Núñez Feijóo. Ese nome tamén o levara entre marzo e setembro de 1983. Anteriormente fora denominada consellería de Economía e Finanzas ou tamén como Economía e Facenda, e integraba tamén as competencias en promoción económica. Durante un determinado período entre 1983 e 1984 ocuparase tamén das competencias sobre comercio.

Conselleiros

  • Fernando Salgado García 1987-1989
  • Xaime Trebolle 1984-1986
  • Ángel Mario Carreño 1986-1986
  • Xosé Antón Orza 1985-1986
  • Elena Muñoz 2012-2015
  • Xosé Antón Orza 1989-2005
  • Carlos Otero Díaz 1986-1987
  • Valeriano Martínez García 2015-
  • Carlos Otero Díaz 1981-1983 - Consellería de Economía e Finanzas, e despois consellería de Facenda.
  • Xosé Ramón Fernández Antonio 2005-2009
  • Carlos Mella 1983-1984 - Consellería de Economía, Facenda e Comercio.
  • Marta Fernández Currás 2009-2011 - Consellería de Facenda.
                                     

2. Estrutura interna

Secretarías e direccións xerais

Ademais da necesaria Secretaría Xeral da consellería, que neste caso particular se denomina secretaría xeral e do patrimonio ocupada a partir de xaneiro de 2012 por Socorro Martín Hierro, a consellería de Facenda conta coas seguintes direccións xerais:

  • Dirección xeral de Planificación e fondos: Francisco Javier Rodríguez Seijo
  • Dirección xeral de Tributos: Carlos Enrique Rodríguez Sánchez
  • Dirección xeral de Política financeira e Tesouro: Eugenio García Lalinde
  • Dirección xeral de Orzamentos: Miguel Corgos López-Prado
  • Dirección xeral de Función pública: José María Barreiro Díaz
  • Intervención xeral: Almudena Chacón con rango de dirección xeral

Outros organismos dependentes

  • Consello Económico e Social
  • Tribunal Galego de Defensa da Competencia
  • Instituto Galego de Estatística.
  • Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable
Free and no ads
no need to download or install

Pino - logical board game which is based on tactics and strategy. In general this is a remix of chess, checkers and corners. The game develops imagination, concentration, teaches how to solve tasks, plan their own actions and of course to think logically. It does not matter how much pieces you have, the main thing is how they are placement!

online intellectual game →