Back

ⓘ Bieito Pérez Outeiriño. Licenciado en Filosofía e Letras especialidade en Arqueoloxía pola Universidade de Valladolid 1989. É membro do Corpo Facultativo de Con ..



                                     

ⓘ Bieito Pérez Outeiriño

Licenciado en Filosofía e Letras especialidade en Arqueoloxía pola Universidade de Valladolid 1989. É membro do Corpo Facultativo de Conservadores de Museos do Estado dende 1985. Foi conservador facultativo do Museo Nacional de Arte Romana de Mérida 1987-1993, xefe do servizo de Arqueoloxía da Xunta de Galicia 1987-1993, subdirector xeral do Instituto de Conservación e Restauración de Bens Culturais 1993-1998 e dende 1998 ata decembro do 2017 foi director do Museo das Peregrinacións de Santiago. Investiga sobre a ourivería prehistórica do noroeste peninsular, a xestión do patrimonio cultural e os museos. Dirixiu diversas campañas de escavación arqueolóxica en San Cibrán de Las Ourense e na Alcazaba de Mérida Badaxoz, participando en numerosas escavacións e demais actividades arqueolóxicas de campo. Foi coordinador do equipo redactor do borrador técnico da Lei de Patrimonio Cultural de Galicia e do que se encargou do expediente para a declaración da Muralla de Lugo Patrimonio da Humanidade.

                                     

1. Obras

  • De ourivesaria castrexa. I. Arracades. Ourense, 1982.
  • Sellos de alfarero en terra sigillata hallados en Mérida. Mérida, 1991.
  • Museo Nacional de Arte Romano. Madrid, 1988 en colaboración.
Free and no ads
no need to download or install

Pino - logical board game which is based on tactics and strategy. In general this is a remix of chess, checkers and corners. The game develops imagination, concentration, teaches how to solve tasks, plan their own actions and of course to think logically. It does not matter how much pieces you have, the main thing is how they are placement!

online intellectual game →