Back

ⓘ José Tojeiro Díaz, nado en Ortigueira o 11 de xullo de 1934 e finado o 4 de marzo de 2015 en Narón, foi un cidadán galego que se fixo célebre a comezo de 1990 p ..



                                     

ⓘ José Tojeiro

José Tojeiro Díaz, nado en Ortigueira o 11 de xullo de 1934 e finado o 4 de marzo de 2015 en Narón, foi un cidadán galego que se fixo célebre a comezo de 1990 pola súa aparición no programa de televisión Código Uno, de TVE, onde denunciaba un roubo no seu domicilio. Foi o autor da cita "me echaron droja en el Cola-cao".

Após volver de Suíza en 1993, onde emigrara por motivos laborais, José Tojeiro acudiu ao programa de Televisión Española Código Uno, presentado polo escritor Arturo Pérez-Reverte. Durante o programa Tojeiro denunciou publicamente o roubo de diñeiro en metálico no seu domicilio por parte de tres mulleres que chegaran alí os días anteriores. Segundo o seu relato María, Rosa María e María José, aproveitáronse de José Tojeiro, subtraéndolle cantidades en metálico en diversas ocasións, tanto de francos suízos coma de pesetas.

Posteriormente, un vídeo de José Tojeiro admitindo a suposta intoxicación a que foi sometido foi subido á plataforma YouTube, tornando axiña viral entre a comunidade de internautas.

Free and no ads
no need to download or install

Pino - logical board game which is based on tactics and strategy. In general this is a remix of chess, checkers and corners. The game develops imagination, concentration, teaches how to solve tasks, plan their own actions and of course to think logically. It does not matter how much pieces you have, the main thing is how they are placement!

online intellectual game →