Back

ⓘ Parlamento de Galicia. O Parlamento de Galicia é a institución na que reside o poder lexislativo da Comunidade Autónoma de Galicia e é o máximo órgano represent ..



                                               

Tamsin Omond

Tamsin Omond, nada o 19 de novembro de 1984, é unha autora, activista ambiental e xornalista británica. Fixo campaña para que o goberno do Reino Unido tome medidas para evitar o cambio climático provocado polo ser humano. En 2009, Omond foi incluída na lista "Top 30 Power Players Under-30" do xornal The Sunday Times.

Parlamento de Galicia
                                     

ⓘ Parlamento de Galicia

O Parlamento de Galicia é a institución na que reside o poder lexislativo da Comunidade Autónoma de Galicia e é o máximo órgano representativo do pobo galego. Instaurouse con anterioridade ás primeiras eleccións autonómicas de 1981 formado polos deputados elixidos para o Congreso dos Deputados de España polas circunscricións galegas. Segundo o Estatuto de Autonomía de Galicia debe estar formado por entre 60 e 80 deputados, así e todo desde a primeira lexislatura fixouse o seu número en 75, que se elixen por sufraxio universal, igual, libre, directo e secreto por un prazo de catro anos. Destes 75, son elixidos 25 pola provincia da Coruña, 22 pola de Pontevedra, 14 pola de Lugo e 14 pola de Ourense.

                                     

1. Funcións

  • Exercer a potestade lexislativa da Comunidade Autónoma.
  • Presentar ante a Mesa do Congreso dos Deputados proposicións de lei.
  • Aprobar os seus orzamentos.
  • Presentarse perante o Tribunal Constitucional nos supostos e termos previstos nas leis.
  • Escoller de entre os seus membros a Presidencia da Xunta.
  • Interpoñer recursos de inconstitucionalidade.
  • Solicitar do Goberno do Estado a adopción de proxectos de lei.
  • Controlar a acción executiva da Xunta de Galicia.
  • Designar para cada lexislatura das Cortes Xerais os senadores representantes da Comunidade Autónoma galega.
  • Esixirlles responsabilidades á Xunta de Galicia e ao seu presidente.

O Parlamento representa o pobo de Galicia e constitúe a primeira das institucións da Comunidade Autónoma da que derivan todas as outras, e é inviolable.

                                     

2. Sede

O pazo de Xelmírez foi a sede provisional do Parlamento de Galicia desde a súa constitución o 19 de decembro de 1981 ata que se trasladou ó pazo de Fonseca no verán de 1982 e, finalmente, á actual sede no pazo do Hórreo en marzo de 1989. Para conmemorar os 30 anos da institución, o 19 de decembro de 2011 celebrouse no pazo de Xelmírez unha sesión extraordinaria do Parlamento.

O Pazo do Hórreo conta con todas as dotacións necesarias para que os deputados e deputadas poidan desenvolver o seu traballo: salón de plenos, salas de comisións, de prensa e outras dependencias de uso polivalente, tanto para as reunións de carácter interno como para a actividade pública e encontros con colectivos. Así mesmo, un completo equipamento tecnolóxico permite ofrecer en directo, a través da web, as sesións do Pleno e das comisións.

O salón de plenos é o lugar habitual onde teñen lugar as sesións do Pleno do Parlamento de Galicia, e os deputados ocupan os asentos arranxados en forma de hemiciclo ante a Mesa presidencial. O presidente da Xunta de Galicia e o seu Goberno ocupan a primeira ringleira de escanos, e o resto de deputados, agrupados en grupos parlamentarios, ocupan os restantes, previamente asignados pola Mesa do Parlamento.

O Parlamento alberga tamén unha variada e valiosa colección de arte galega contemporánea, pintura e escultura fundamentalmente, e conta cunha nutrida biblioteca. Desde 1997 a biblioteca do Parlamento acolle o arquivo bibliográfico e persoal de Ricardo Carvalho Calero, unha colección formada por 4.872 volumes de monografías e coleccións de 197 títulos de revistas, documentos persoais e docentes, correspondencia, expedientes e recortes de prensa, obra propia e allea, así como material gráfico.

                                     

3. Composición

O Parlamento de Galicia está formado por 75 deputados. Para a configuración da cámara na XI Lexislatura foron convocadas eleccións ao Parlamento de Galicia e convocáronse eleccións para o día 12 de xullo de 2021. Dos resultados desas eleccións deriva a configuración da cámara para a XI Lexislatura.

Nestas eleccións celebradas o 12 de xullo, o resultado foi:

  • Partido Popular de Galicia PPdeG: 42 deputados.
  • Bloque Nacionalista Galego BNG: 19 deputados.
  • Partido dos Socialistas de Galicia PSdeG: 14 deputados.

Mesa do Parlamento

  • Vicepresidencia 1ª: Diego Calvo Pouso PPdeG
  • Secretaría: María Corina Porro Martínez PPdeG
  • Vicepresidencia 2ª: Montse Prado Cores BNG
  • Vicesecretaría: Marina Ortega Otero PSdeG
  • Presidencia: Miguel Ángel Santalices Vieira PPdeG
                                     

4. Actividade

A actividade do Parlamento de Galicia desenvólvese en dous períodos de sesións: un que abrangue os meses de setembro a decembro e outro que vai do 15 de xaneiro ao 15 de xullo. Durante estes períodos, os deputados pódense reunir en sesións ordinarias de Comisión que, habitualmente, teñen lugar de martes a venres de cada semana.

Fóra destes períodos de sesións, pódense realizar sesións extraordinarias de cumprirse determinados requisitos.

Quen exerce a Presidencia do Parlamento fixa a Orde do día das Sesións Plenarias, de acordo coa Mesa e a Xunta de Voceiros e tendo en conta o calendario de actividades. A orde do día das Comisións vén determinada pola súa Mesa, de acordo co calendario establecido pola Mesa do Parlamento.

                                     

5. Presidencia

A presidencia do Parlamento de Galicia é o cargo do máximo representante do poder lexislativo dentro da comunidade autónoma. Ostenta a representación da Cámara e é elixida polo Pleno para a totalidade da lexislatura. Preside todos os demais órganos colexiados do Parlamento. Até o de agora foi ocupada por:

  • Miguel Ángel Santalices Vieira 2016-actualidade
  • Antonio Rosón 1981-1986
  • Tomás Pérez Vidal 1986-1989
  • Vitorino Núñez 1989-1997
  • Pilar Milagros Rojo Noguera 2009-2016
  • Dolores Villarino 2005-2009
  • Xosé María García Leira 1997-2005
                                     

6. Véxase tamén

Bibliografía

  • López Torre, Rafael 2011. Parlamento de Galicia, ed. Trinta anos do Parlamento de Galicia 1981-2011 PDF. Santiago de Compostela. ISBN 978-84-7836-097-0. Consultado o 21 de decembro de 2012.
Free and no ads
no need to download or install

Pino - logical board game which is based on tactics and strategy. In general this is a remix of chess, checkers and corners. The game develops imagination, concentration, teaches how to solve tasks, plan their own actions and of course to think logically. It does not matter how much pieces you have, the main thing is how they are placement!

online intellectual game →