Back

ⓘ Santo Graal. O Santo Graal, segundo un conxunto de lendas e mitos cristiáns, é o cáliz onde Xesucristo serviu o viño na Derradeira Cea. Isto deu lugar a unha ma ..



Santo Graal
                                     

ⓘ Santo Graal

O Santo Graal, segundo un conxunto de lendas e mitos cristiáns, é o cáliz onde Xesucristo serviu o viño na Derradeira Cea. Isto deu lugar a unha materia específica na literatura medieval, dentro da cal os heroes artúricos debían ir buscar o Graal polo mundo, pois este obxecto tería enormes poderes. A tradición conta que foi Perceval o que o atopou, mentres que trala cristianización do mito sería Galaaz quen o fixo. Unha das lendas que chegaron ata os nosos días conta que o cáliz está localizado no Cebreiro.

O Santo Graal é un dos símbolos máis antigos de Galicia, aparecendo no escudo de Reino de Galicia dende o século XIII.

                                     

1. A lenda do Cáliz Sagrado

Segundo a lenda, Xosé de Arimatea tería recollido no cáliz, empregado na Última Cea, o sangue que brotou de Cristo cando el recibiu o golpe de misericordia, dado polo soldado romano Longinus, usando unha lanza, despois da crucifixión.

Noutra versión da lenda, tería sido a propia María Madalena, segundo a Biblia a única muller alén de María, a nai de Xesús presente na crucifixión de Xesús, quen tería ficado coa custodia do cáliz e o tería levado a Francia, onde pasou o resto de súa vida.

A lenda tornouse popular en Europa nos séculos XII e XIII por medio dos romances de Chrétien de Troyes, particularmente a través do libro "Le Conte du Graal" publicado arredor de 1190, e que conta a busca de Sir Percival polo cáliz.

Máis tarde, o poeta francés Robert de Boron publicou Roman de LEstoire du Graal, escrito entre 1200 e 1210, e que se tornou a versión máis popular da historia, e xa contén todos os elementos da lenda que hoxe coñecemos.

Na literatura medieval, a procura do Graal representaba a tentativa por parte do cabaleiro de alcanzar a perfección. En torno del creouse un complexo conxunto de historias relacionadas co reinado de Artur en Inglaterra, e da busca que os cabaleiros da Táboa Redonda fixeron para obtelo e devolver a paz ao reino. Nas historias mestúranse elementos cristiáns e pagáns relacionados coa cultura celta.

A presenza do Graal en Inglaterra está xustificada por ter sido Xosé de Arimatea o fundador da Igrexa inglesa, para onde foi ao saír de Palestina.

Segundo algunhas historias, o Santo Graal tería ficado baixo a tutela da Orde do Temple, tamén coñecida como Orde dos Pobres Cabaleiros de Cristo e do Templo de Salomón, institución militar-relixiosa creada para defender as conquistas nas Cruzadas e os peregrinos en Terra Santa. Algúns asocian aos templarios a irmandade que Wolfram cita en "Parsifal".

Noutra versión, o cáliz tería sido levado de Constantinopla para Troyes, en Francia, onde desapareceu durante a Revolución francesa.

                                     

2. Véxase tamén

Ligazóns externas

  • O Santo Graal, en portugués
  • MATERIA DE BRETAÑA EN GALICIA castelán
  • O Milagre do Santo Graal de Pedrafita do Cebreiro en Galicia espallada
Free and no ads
no need to download or install

Pino - logical board game which is based on tactics and strategy. In general this is a remix of chess, checkers and corners. The game develops imagination, concentration, teaches how to solve tasks, plan their own actions and of course to think logically. It does not matter how much pieces you have, the main thing is how they are placement!

online intellectual game →