Back

ⓘ Grupo Galaico de Arte Rupestre. Un petróglifo é unha representación gravada sobre unha pedra ou rocha. O Grupo Galaico de Arte Rupestre está constituído polos g ..



Grupo Galaico de Arte Rupestre
                                     

ⓘ Grupo Galaico de Arte Rupestre

Un petróglifo é unha representación gravada sobre unha pedra ou rocha. O Grupo Galaico de Arte Rupestre está constituído polos gravados galegos realizados en pedra en tempos prehistóricos. A denominación vense usando xa dende 1993 por arqueólogos como De La Peña Santos ou Rey García.

                                     

1. Características

O conxunto de petróglifos galegos é un dos máis ricos e peculiares dentro do marco europeo e incluso mundial. Os petróglifos do Grupo Galaico de Arte Rupestre están realizados sobre granito, agás os máis primitivos, que están gravadas sobre lousa, e en Sarria e Samos sobre xisto. Non se sabe se esta foi unha escolla intencional ou se é que se trata simplemente do material máis duradeiro, e por ese motivo chegaron ata os nosos días. Os petróglifos galegos presentan unha elevada erosión e, en ocasións, son difíciles de observar.

Os conxuntos de petróglifos sitúanse nas abas das serras, e en ocasións atópanse rodeando brañas e cubetas, así como nas liñas de tránsito que comunican estas zonas cos lugares onde se atopan os poboados, como demarcando un territorio. Durante a Idade de Bronce os poboados eran establecidos en zonas con fácil acceso á auga. Nas sociedades prehistóricas a arte sempre estivo relacionada con actividades de carácter ritual e relixioso, é dicir, que ademais de servir como marca territorial, os petróglifos puideron funcionar como lugares de agregación de guerreiros e como indicadores de sitios cunha especial carga simbólica.

                                     

2. Cronoloxía

Os petróglifos abranguen tres períodos:

  • Idade de Ferro I milenio a.C. até o século III d.C.
  • Neolítico IV e III milenios a.C.
  • Idade de Bronce II milenio.

Tradicionalmente os petróglifos galegos foron datados na Idade de Bronce, aínda que algúns investigadores cínguena ao cambio do III ao II milenio, no inicio da Idade de Bronce. Nalgúns casos aparecen gravados de datacións posteriores mesturados cos existentes anteriormente, nalgunhas ocasións perseguindo a finalidade de cristianizar os símbolos considerados pagáns, a imaxe do que sucedeu con moitos castros nos que se erixiron ermidas, igrexas ou cruceiros no lugar que ocupaban como proceso de cristianización de lugares que eran obxecto de lendas cos mouros de protagonistas na súa maioría e cultos pagáns por parte do pobo.

                                     

3. Temática

Existen dous tipos de deseños: naturalistas ou figurativos, que son respectivamente aqueles nos que é posíbel adiviñar que representan, como por exemplo os cervos, os cabalos, figuras humanas e armas; e os xeométricos ou abstractos, aqueles que non sabemos que representan, como son as combinacións circulares. Os petróglifos naturalistas son os máis característicos da arte rupestre galaica ao ar libre a pesar de ser menos abondosos que os xeométricos, por mor da súa orixinalidade que a diferenza doutras zonas atlánticas. Pola contra, os xeométricos ou abstractos son os máis abundantes e os que están máis espallados xeograficamente.

Nas representacións naturalistas destacan as representacións zoomorfas, antropomorfas de certas armas:

  • Nas representacións zoomorfas, os cérvidos acadan o 95% do total de figuras deste tipo, o que fala da importancia deste animal na sociedade da época tanto alimentaria, como o seu uso de peles ou ósos e como animal simbólico do seu mundo mítico. Hai numerosas escenas do ciclo reprodutivo dos cervos, como machos adultos a facer a berrea en grandes laxes en costa, desde as cales o berro se expandiría mellor e femias acompañando as crías. Ademais tamén son representados cabalos xeralmente montados por unha figura humana e serpes.
  • As representacións antropomorfas adoitan ir asociadas a figuras animais, así principalmente a figura humana aparece representada en escenas de caza, pastoreo ou, como se dixo antes, de a cabalo. As representacións humanas son moi esquemáticas e simples.
  • Nas representacións de armas distínguense sobre todo as espadas curtas, os puñais, as alabardas e os escudos. Porén, nalgúns casos, é difícil distinguir se pretende debuxar un arma ou distinguir cal é. É o caso de diversos deseños, tanto circulares coma triangulares, que poden suxerir un escudo.

As representacións xeométricas ou abstractas son as máis abondosas, con exemplos coma os círculos concéntricos, deseños labirínticos salientando o Labirinto de Mogor, deseños reticulados, espirais, puntos e coviñas. Todas estas representación posúen un significado simbólico.



                                     

4. Estacións arqueolóxicas

A maior parte dos petróglifos descubertos e que chegaron aos nosos días dan como resultado que é no sur de Galiza, na provincia de Pontevedra, na zona costeira que abrangue dende a ría de Muros ata a desembocadura do río Miño, e concretamente no val do río Lérez, onde se conservan a maior parte dos gravados. Canto máis nos afastamos deste lugar cara ao norte ou ás provincias de interior atopamos un número moi inferior e case sempre relacionados cos vales dos ríos.

Algunhas das estacións máis destacadas son as seguintes:

  • Petróglifos do Monte Farelo, no concello de Antas de Ulla.
  • Parque arqueolóxico de Campo Lameiro Pontevedra conxunto considerado por moitos autores como a "Capela Sistina" dos petróglifos galegos.
  • Labirintos de Mogor Marín, Pontevedra.
  • Castriño de Conxo, no concello de Santiago de Compostela.
  • Pedra Redonda no concello de Cerdedo-Cotobade.
  • Petróglifos de Fontemoureira, lugar do Freixo, concello de Outes.
  • Auga da Laxe, no concello de Gondomar.
  • Coto do Corno, no concello de Teo.
  • Varias estacións en Oia, na Serra da Groba.
  • Vigo, destacando o da Pedra Moura ou petróglifo do Fragoselo, en Coruxo ou o petróglifo das Millaradas.
                                     

5. Conservación

Cando se visite unha "estación" con petróglifos non se deben tocar e moito menos pintar con xiz ou ceras escolares para que saian ben na foto. Isto deterióraos. Os especialistas pódeno facer contando sempre cun permiso previo da Dirección Xeral de Patrimonio e utilizan técnicas non destrutivas. se quere obter boas fotos abonda con esperar ás últimas luces do día, cando os raios do sol inciden lateralmente sobre os sucos e resaltan o seu trazado.

                                     

6. Véxase tamén

Ligazóns externas

  • Resultados da busca de petróglifos en patrimoniogalego.net
  • Petróglifos e arte rupestre en Galicia
  • Listas en onosopatrimonio.blogspot.com: A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra
                                     

6.1. Véxase tamén Bibliografía

  • García Alén, Alfredo e Peña Santos, A. de la 1981. Grabados rupestres de la provincia de Pontevedra. Fundación Pedro Barrié de la Maza. ISBN 84-85728-04-1.
  • Vázquez Rozas, Roberto 1997. Petroglifos de las Rías Baixas gallegas. Pontevedra. Deputación de Pontevedra. ISBN 84-89690-00-6.
  • Sobrino Buhigas, Ramón 2000. Corpus Petroglyphorum Gallaeciae. Sada: Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-956-3. orixinal de 1935
  • Peña Santos, A. de la 1999. Os petroglifos galegos. A NOSA TERRA. ISBN 84-89976-68-6.
  • Peña Santos, A. de la e Vázquez Varela, J. M. 1996. Los petroglifos gallegos. Grabados rupestres prehistóricos al aire libre en Galicia. Sada. Ediciós do Castro. ISBN 84-85134-99-0. 3ª edición
  • Vázquez Varela, J. M. 1990. Petroglifos de Galicia. Santiago de Compostela. Universidade de Santiago de Compostela. ISBN 84-7191-655-X.
  • Guitián Castromil, Jorge e Xoán Guitián Rivera 2001. Arte rupestre do Barbanza. Noia. Editorial Toxosoutos. ISBN 84-95622-21-1.
  • Costas Goberna, F. J., Hidalgo Cuñarro, José Manuel e Peña Santos, Antonio de la 1999. Arte rupestre no sur da Ría de Vigo. Vigo. Instituto de Estudios Vigueses. ISBN 84-89599-13-0.


                                     

6.2. Véxase tamén Ligazóns externas

  • Resultados da busca de petróglifos en patrimoniogalego.net
  • Petróglifos e arte rupestre en Galicia
  • Listas en onosopatrimonio.blogspot.com: A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra
Free and no ads
no need to download or install

Pino - logical board game which is based on tactics and strategy. In general this is a remix of chess, checkers and corners. The game develops imagination, concentration, teaches how to solve tasks, plan their own actions and of course to think logically. It does not matter how much pieces you have, the main thing is how they are placement!

online intellectual game →