Back

ⓘ Carlos Velo Cobelas, nado nos Pereiros o 15 de novembro de 1909 e morto en México, onde viviu exiliado, o 1 de marzo de 1988, foi un cineasta galego e figura cl ..



Carlos Velo
                                     

ⓘ Carlos Velo

Carlos Velo Cobelas, nado nos Pereiros o 15 de novembro de 1909 e morto en México, onde viviu exiliado, o 1 de marzo de 1988, foi un cineasta galego e figura clave do cinema mexicano.

                                     

1.1. Traxectoria Primeiros anos

Naceu nunha pequena aldea, onde o seu pai, José Velo Castro 1880-1973, exercía de médico. De rapaz, trasladouse á cidade de Ourense a estudar o bacharelato e despois Maxisterio. Nesta época coñeceu a Vicente Risco e da súa man embebeuse de galeguismo. Agromou tamén nestes anos a súa dobre vocación pola bioloxía e polo cinema.

                                     

1.2. Traxectoria Universidade

Por decisión familiar trasladouse a Madrid para realizar a carreira de medicina, pero Velo decantouse pola bioloxía.

Acadou a licenciatura en 1932 e iniciouse na investigación baixo a dirección de Cándido Bolívar Pieltain, quen tamén terminou os seus días exiliado en México. Impartiu na Universidade Central de Madrid as materias de entomoloxía e ciencias naturais. Curiosamente, dende a súa especialización como biólogo entrou en contacto co mundo profesional do cine, pois foi Velo o encargado de subministrarlle a Luis Buñuel as formigas vermellas que precisaba na filmación de Un chien andalou.

Velo coñeceu a través das sesións de cinema da Residencia de Estudiantes a obra de Robert Flaherty, Eisenstein, Pudovkin, Vertov e Alexandre Dovxenko. Entusiasmado cos seus descubrimentos fundou en 1933, e dirixiu, o cineclub da FUE. De aí viña o seu coñecemento persoal de Federico García Lorca. A repetida visión e estudo d O acoirazado Potemkin marcou para sempre a súa vocación polo cine, adentrándose na técnica cinematográfica da man de Fernando Gutiérrez Mantilla. Experimentou coa fotografía utilizando unha pequena cámara Leica. Froito da colaboración co Mantilla foi a estrea en Madrid o 27 de marzo de 1934 de La ciudad y el campo. Tamén en 1934 realizou o documental, Almadrabas, ao que ía seguir Infinitos en 1935 con música de Rodolfo Halfter. Realizou Felipe II y el Escorial e axiña, durante unhas vacacións na terra, Galicia. Cando este último documental se exhibiu na Exposición Internacional de París recibiu o primeiro premio e mais o diploma dun xurado que presidía Buñuel. Até o ano 2010 conservábanse só 8 minutos da cinta, pero nese ano unha copia de 20 minutos foi atopada en Moscova polo profesor Vladimir Magidov.

                                     

1.3. Traxectoria Guerra civil

Ao inicio da guerra civil atopábase en Segovia preparando as oposicións á cátedra de Ciencias Naturais. Marchou para Cartelle pensando en fuxir coa súa muller Marylin Santullano a Portugal; desistiu do plan e rematou en Marrocos filmando, por espazo de seis meses, Yerbala.

En febreiro do 39 cun salvoconduto do exército republicano pasou a Francia como refuxiado, para o campo de concentración de Saint Cyprien-Josafat.

Xunto coa muller, grazas aos irmáns Fernando e Susana Gamboa, embarcou rumbo a México no vapor Flandre. Na capital mexicana, reuniuse na casa do pintor David Alfaro Siqueiros canda outros intelectuais españois. Deu clases de Bioloxía Xeral no Instituto Politécnico Nacional, recentemente inaugurado polo presidente Lázaro Cárdenas e nacionalizouse mexicano.

No número 6 da revista España Peregrina, de xullo de 1940, publicou Galicia, paisaje de sangre. Realizou varias colaboracións sobre temas de cinema para a revista Romance. En 1942 colaborou na fundación da revista Saudade, xunto a Florencio Delgado Gurriarán, Xosé Caridad Mateo e Ramiro Isla Couto. Foi membro da Unión de Profesores Universitarios Españoles que dirixía en México dende 1943 o científico Ignacio Bolívar y Urrutia da que tamén eran membros os galegos Bibiano Fernández Osorio-Tafall e Lois Tobío Fernández. Proseguiu coa docencia en distintos centros ata que en 1944 decidiu abandonar o traballo afectado dunha forte depresión que lle causou a súpeta morte da muller.

Recuperou azos mergullándose no cinema. Ocupouse dende 1946 ata 1953 da dirección do Noticiero Mexicano EMA e realizou os documentais México eterno, México incógnito e Historia de México. Coñeceu en 1952 o produtor iucateco Manuel Barbachano Ponce co que realizou a curtametraxe Tele-revista. Cando ao ano seguinte os irmáns Barbachano fundaron Teleproducciones, Velo pasou a ocupar o cargo de director técnico. Desenvolveu para Barbachano o proxecto Cine Verdad e puxeron en marcha o proxecto Raíces da autoría de Velo, pero que por problemas sindicais asinou Benito Alazraki. Con Raíces obtivo o Premio da Crítica no Festival Internacional de Cannes en 1955. Para Fernando Gamboa realizou un gran documental sobre a pintura mural mexicana.



                                     

1.4. Traxectoria Actividades no exilio

Participou en diversas actividades alentadas polos exiliados. Foi, en 1949, un dos socios fundadores do Ateneo Español de México, ao igual que outros galegos como José Almoina, Caridad Mateo, Manuel Porteiro Viñas e Arturo Souto. Identificado coa causa galeguista, foi un dos fundadores en 1953 do Padroado da Cultura Galega no cal se sumou á liña máis radical representada por Luís Soto e, en 1958 alentou, sendo presidente do Padroado, a aparición da revista Vieiros que integraba tamén a Florencio Delgado Gurriarán, Luís Soto e Elixio Rodríguez. Antes, en 1956 enviara ao Primeiro Congreso da Emigración de Buenos Aires a súa proposta para a creación dun Centro Cinematográfico Galego. Realizou tamén un documental sobre a pintura do seu amigo Arturo Souto. É de salientar que o primeiro número de Vieiros codirixido por Carlos Velo, Florencio Delgado Gurriarán e Luís Soto saíu en 1959. Un segundo número, codirixido polos mesmos, saíu en 1962. No terceiro, de 1965, Florencio Delgado foi substituído por Xosé Caridad Mateo. O último número de Vieiros saíu na primavera de 1968.

En 1956 dirixiupara a produtora de Barbachano a súa primeira longametraxe, Torero, trasunto cinematográfico da biografía de Luís Procuna, coa que recibiu unha Mención do Xurado na 17 edición da Mostra de Venecia e unha preselección na categoría Mellor Documental para o premio Óscar de 1957. Dende o seu posto en Teleproducciones colaborou de maneira decisiva en Nazarín 1958 de Buñuel e en Sonatas 1959 de Juan Antonio Bardem. A petición de Alfredo Guevara participou na creación do Instituto Cubano de Arte e Industria Cinematográfica ICAIC. En 1960, tamén con Barbachano, asumiu o desafío de levar ao cine Pedro Páramo, a novela do seu amigo Juan Rulfo. Carlos Fuentes colaborou no guión, axudándolle a recrear a atmosfera do universo rulfiano. O mesmo Rulfo colaborou na localización de paisaxes nos estados de México e Hidalgo. A película estreouse en 1966 sen que Velo se considerase satisfeito do resultado a pesar de que a crítica loou o coidado técnico e a fotografía en branco e negro. A polémica que arrodeou a presentación do filme levouno a un cine máis comercial. En 1967 a película presentouse ao Festival de Cannes.

Para a produtora da súa segunda muller, Angélica Ortiz, realizou Don Juan 67, Cinco de chocolate y uno de fresa, Alguien nos quiere matar e El medio pelo. En 1971 dirixiu o Centro de Producción de Cortometraje dende o que impulsou unha fonda renovación do cine mexicano. En 1975 pasou a dirixir o Centro de Capacitación Cinematográfica, aceptándose a súa proposta de nomear a Buñuel Presidente honorario do mesmo. Seguiu a realizar documentais como Universidad comprometida, no cal incluíu o discurso de Salvador Allende aos estudantes da Universidade de Guadalaxara en decembro de 1972; esta curtametraxe foi premiada en 1976 co Colón de Oro do Público no II Festival de Cine Iberoamericano de Huelva. Filmou tamén Homenaje a León Felipe e Cartas de Japón.

                                     

2.1. Filmografía incompleta Curtametraxes documentais

  • Baja California: Paralelo 28 1973, director, produtor e guionista Carlos Velo foi candidato a XVI Premio Ariel na categoría Mellor Curtametraxe Documental por este filme
  • Forum de Roma 1974, director, produtor e guionista
  • Terra do chicle Tierra de chicle, 1952, 14 min. V.O. subtitulada en galego, director
  • Baja California: Último paraíso 1973, director, produtor e guionista
  • Castillos en Castilla 1935, B/N, codirector e guionista
  • El rumbo que hemos elegido 1972, director, produtor e guionista
  • La ciudad y el campo 1934, B/N, 9 min. 31 s., director e guionista
  • Infinitos 1935, B/N, codirector e guionista
  • la mitad del camino 1973, director, produtor e guionista
  • Galicia y Compostela 1935, codirector e guionista
  • Tarraco Augusta 1935, codirector e guionista
  • Los que sí y los que no 1972, director, produtor e guionista
  • Cartas a Japón 1973, director, produtor e guionista
  • Almadrabas 1934, B/N, 21 min., codirector e guionista
  • En un lugar de Castilla 1934, director e guionista
  • Yebala 1937, director
  • Laberinto 1975, director, produtor e guionista
  • El pueblo maya 1983, director, produtor e guionista
  • Homenaje a León Felipe 1974, 13 min., director
  • Saudade 1936, codirector e guionista
  • Felipe II y El Escorial 1935, B/N, 17 min. 20 s., codirector e guionista
  • Galicia 1937, director
                                     

2.2. Filmografía incompleta Longametraxes documentais

  • Torero! 1956, B/N, 80 min., director e guionista Mención do Xurado na 17 edición da Mostra de Venecia 1956; candidata ao Mellor Documental no premio Óscar edición 30 de 1957; escollida como un dos Mellores Filmes Estranxeiros Top Foreign Films polo National Board of Review of Motion Pictures en 1957 canda Ordet, Gervaise, The Red Baloon e A Man Escaped)
  • Romancero marroquí Der Stern von Tetuan 1939, codirector
                                     

2.3. Filmografía incompleta Longametraxes de ficción

  • Don Juan 67 1966, director e guionista
  • Cinco de chocolate y uno de fresa 1967 director e guionista
  • El medio pelo 1970 director e guionista
  • Alguien nos quiere matar 1977 director e guionista
  • ¡Vuelve Chistelandia! 1958, codirector
  • Nueva Chistelandia 1958, codirector
  • Entre hermanos 1944, coguionista
  • Nazarín 1958, B/N, 93 min., conselleiro de produción
  • Secreto eterno 1966
  • Pedro Páramo 1969, director
  • Chistelandia 1958, codirector
  • Raíces 1953, B/N, 103 min., guionista
  • Sonatas Aventuras del marqués de Bradomín 1959, produtor
                                     

3. Literatura

Relatos

  • Memoria erótica. 1998. Colección O fardel da memoria, 6. Edicións A Nosa Terra. Promocións Culturais Galegas, S.A., 104 páxinas, limiar de Miguel Anxo Fernández, ISBN 84-89976-53-8.

Documentos

  • O Centro de Imaxe de Galicia. Axencia Audiovisual Galega.
  • Informe. O Centro Cinematográfico Galego: Un manifesto de intencións. Primeiro Congreso da Emigración Galega, celebrado en Bos Aires en 1956.
                                     

4. Recoñecementos

Dende España, se ben moi tarde, comezan a chegarlle os recoñecementos. En 1976 a Filmoteca Española tribútalle unha homenaxe. En 1977 as V Xornadas de Cine de Ourense promoven unha primeira homenaxe galega, á que asiste o propio Velo. Pero, antes do recoñecemento pleno a un e outro lado do Atlántico, Velo habería de pasar serias dificultades. No sexenio do presidente José López Portillo foi inxustamente acusado, como logo se demostrou, de fraude na xestión de fondos públicos. Os catro meses pasados no cárcere minguaron a súa saúde. Velo é reivindicado publicamente no sexenio de goberno do presidente Miguel de la Madrid, que en 1984 o nomea subdirector de medios audiovisuais no Consejo Nacional de Ciencia y Tecnología.

Comezada a década dos oitenta, o Ministerio de Cultura do goberno español, presidido por Felipe González, encárgalle unha serie de curtametraxes, finalmente editadas en vídeo, sobre os republicanos exiliados en México. Velo realiza Tres pintores e Pintura e poesía. En 1983 recibe da Xunta de Galicia o premio "Mestre Mateo" e en 1985 fíxoselle unha retrospectiva-homenaxe no Festival do Carballiño. Despois da súa morte en México, na súa memoria a Consellería de Cultura constituíu en 1989 o Premio de Guións "Carlos Velo". En 2009 recibiu a título póstumo o Premio Chano Piñeiro xunto con Xosé Luis Cabo, María Bouzas e Xavier Villaverde.

Free and no ads
no need to download or install

Pino - logical board game which is based on tactics and strategy. In general this is a remix of chess, checkers and corners. The game develops imagination, concentration, teaches how to solve tasks, plan their own actions and of course to think logically. It does not matter how much pieces you have, the main thing is how they are placement!

online intellectual game →