Back

ⓘ Ignacio Echeverría Miralles de Imperial, nado nas Pontes o 25 de maio de 1978 e asasinado en Londres o 3 de xuño de 2017 foi un empregado de banca galego, coñec ..



                                     

ⓘ Ignacio Echeverría

Ignacio Echeverría Miralles de Imperial, nado nas Pontes o 25 de maio de 1978 e asasinado en Londres o 3 de xuño de 2017 foi un empregado de banca galego, coñecido por enfrontarse aos terroristas do Atentado de Londres de xuño de 2017.

                                     

1. Traxectoria

Seu pai, natural de Oviedo era enxeñeiro e estaba destinado na Central térmica das Pontes de Endesa, e súa nai era avogada. Con 9 anos marchou a Madrid, onde se estableceu a familia ao cambiar o pai de destino. Estudou Dereito na Universidade Complutense e na Sorbona. Traballara nun banco e marchara a Londres a traballar no banco HSBC.

Ao redor das 23 horas do 3 de xuño de 2017, Ignacio dirixíase en bicicleta cuns amigos á zona londiniense de Whitechapel. Á altura de Borough Market viron un home que estaba a bater nun policía que estaba no chan. Vendo que o home deixaba o corpo do axente e comenzaba a agredir a unha muller, Ignacio bateu co seu monopatín no agresor conseguindo que deixase a muller e que outras persoas puidesen fuxir. Outros dous terroristas acoitelárono polas costas, morrendo polas feridas.

                                     

2. Recoñecementos

  • O concello de Ferrol acordou poñer unha placa co seu nome na cidade.
  • Gran Cruz da Orde do Mérito Civil, a título póstumo 2017.
  • Medalla de Ouro de Las Rozas de Madrid, concedida por primeira vez.
  • Medalla de San Xurxo, Reino Unido 2018.
  • O Instituto onde cursou bacharelato, en Las Rozas de Madrid, adoptou como nome Ignacio Echeverría.
  • Premio COBITE, en Donostia, Colectivo de Vítimas do Terrorismo.
  • Concesión conxunta do Comendador dos Corpos da Policía de Londres concedida de forma conxunta polos tres corpos, por primeira vez. O seu nome usouse para nomear pistas de skate en diferentes lugares de España. A súa familia recibiu o pésame da raíña Isabel II do Reino Unido por medio do Xefe de Protocolo da Casa Real. Estas condolencias foron presentadas na Embaixada de España en Londres con motivo da visita dos reis de España no mes de xullo de 2017.
  • Gran Cruz da Orde de Recoñecemento Civil para as Vítimas do Terrorismo, a título póstumo 2018.
  • Medalla de Ouro concedida por Dignidad y Justicia.
  • Medalla de Ouro da Comunidade de Madrid 2019.
  • Medalla de prata ao Mérito Policial, a título póstumo 2017.
Free and no ads
no need to download or install

Pino - logical board game which is based on tactics and strategy. In general this is a remix of chess, checkers and corners. The game develops imagination, concentration, teaches how to solve tasks, plan their own actions and of course to think logically. It does not matter how much pieces you have, the main thing is how they are placement!

online intellectual game →