Back

ⓘ Arquivo de Galicia. O Arquivo de Galicia é un centro que recibe, custodia, comunica e difunde o patrimonio documental de Galicia, para o servizo da Administraci ..



Arquivo de Galicia
                                     

ⓘ Arquivo de Galicia

O Arquivo de Galicia é un centro que recibe, custodia, comunica e difunde o patrimonio documental de Galicia, para o servizo da Administración e os cidadáns. Custodia os documentos producidos pola Xunta de Galicia e os órganos e entidades dela dependentes desde a súa creación, así como outros de calquera procedencia que, polo seu ámbito e interese, se lle poidan asignar.

É cabeceira do Sistema de Arquivos de Galicia, por iso simboliza a unidade do patrimonio documental da comunidade. Este patrimonio comprende unha porción notable da súa cultura escrita e caracterízase, entre outros aspectos, pola súa calidade, antigüidade, diversidade, invisibilidade e dispersión.

Depende organicamente da Secretaría Xeral de Cultura da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e foi inaugurado en xaneiro de 2011.

                                     

1. Edificio

O arquivo ocupa o edificio do extremo leste do complexo que compón a Cidade da Cultura de Galicia, proxectada polo arquitecto norteamericano Peter Eisenman. O conxunto articúlase a través dunha trama de rúas, soportais, xardíns e prazas inspirada no casco histórico da cidade de Santiago de Compostela, declarado Patrimonio Cultural da Humanidade pola UNESCO en 1985.

                                     

2. Funcións

O Arquivo de Galicia exerce as funcións de centro de referencia do Sistema de Arquivos de Galicia e arquivo intermedio e histórico do Subsistema de Arquivos da Xunta de Galicia, e como tal ten o deber de conservar, difundir e acrecentar o patrimonio documental de Galicia.

En concreto correspóndenlle as seguintes:

  • Establecer e desenvolver normas técnicas arquivísticas para o Sistema de Arquivos de Galicia.
  • Recibir os documentos procedentes de organismos, institucións e entidades públicas de ámbito autonómico dependentes da Xunta de Galicia que fosen suprimidos, con independencia da súa antigüidade, e calquera outro fondo de carácter público ou privado de interese xeral para a comunidade autónoma que se acorde despositar nel.
  • Recibir os documentos procedentes dos diferentes órganos da Xunta de Galicia ou das entidades públicas dependentes dela cun ámbito territorial superior a unha provincia.
  • Programar, coordinar e dirixir a identificación, valoración e selección documental de todos os arquivos do subsistema de arquivos da Xunta de Galicia.
  • Difundir por calquera medio os fondos documentais que custodie e, en xeral, o patrimonio documental de Galicia.
  • Facilitar o acceso aos documentos que custodie e á información contida neles nos termos que establece a lexislación.
  • Conservar os fondos documentais que custodie.
  • Coordinar os programas de reprodución con fins de conservación de fondos do patrimonio documental de Galicia.
  • Organizar e describir os fondos documentais que custodie.

En xeral, calquera outra función que lle sexa encomendada por razón da súa competencia.

                                     

3. Historia

En febreiro de 2008 créase a Subdirección Xeral do Arquivo Nacional de Galicia coa finalidade de exercer as funcións de centro de referencia do Sistema de arquivos de Galicia de arquivo histórico do subsistema de arquivos da Xunta de Galicia.

Como consecuencia da reestruturación da Xunta de Galicia ano 2009, o Decreto 337/2009, do 11 de xuño, polo que se desenvolve a estrutura orgánica da Consellería da Cultura e Turismo - DOG nº 125, do 29 de xuño - asignará estas funcións ao Servizo do Subsistema de Arquivos da Comunidade Autónoma hoxe Arquivo de Galicia, dependente da Subdirección de Arquivos e Museos, dentro da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural.

O Decreto 207/2010, do 19 de decembro, DOG 246, do 24 de decembro crea o Arquivo de Galicia como cabeceira e centro de referencia do Sistema de Arquivos de Galicia, con carácter intermedio e histórico.

Estas normas asígnanlle un papel fundamental na infraestrutura que debe servir para asegurar o mellor funcionamento da Administración Pública de Galicia de acordo cos principios de eficacia, eficiencia e transparencia, ligando os seus fins aos conceptos de conservación permanente de acceso aos documentos públicos.



                                     

4. Servizos

O Arquivo de Galicia presta os servizos de todo arquivo:

  • Poderán realizarse préstamos de documentos orixinais ás institucións produtoras cando sexa necesario para o cumprimento das actividades relacionadas co ámbito da súa competencia. Tamén se poderán realizar préstamos para participar en actividades de difusión cultural, especialmente exposicións temporais, ás institucións que así o soliciten, sempre que se cumpran os requisitos previstos e sexan previamente autorizados polo órgano competente.
  • O Arquivo fomentará a difusión dos seus fondos e actividades, principalmente, a través da publicación de instrumentos de descrición, da periódica organización de exposicións e da recepción de visitas guiadas de escolares e outros colectivos.
  • Sempre que as disposicións legais e o estado de conservación dos documentos o permitan poderán solicitarse reproducións copias simples ou copias compulsadas/certificadas. Os prezos das reproducións deberán aterse ao regulado na normativa vixente sobre taxas e prezos públicos.
  • O acceso é libre e gratuíto. Unicamente poderá ser restrinxido de acordo co establecido na lexislación vixente ou, nos casos da consulta directa de orixinais, cando supoña riscos para a súa conservación.
  • Para a consulta na sala de lectura será necesaria, para os efectos de identificación, a presentación dun documento oficial DNI ou pasaporte e a subxección ás normas de consulta dispoñibles na sala.
  • As solicitudes de información poderán facerse directamente na sala de lectura ou por medio de correo electrónico, correo postal, fax, teléfono ou internet.
Free and no ads
no need to download or install

Pino - logical board game which is based on tactics and strategy. In general this is a remix of chess, checkers and corners. The game develops imagination, concentration, teaches how to solve tasks, plan their own actions and of course to think logically. It does not matter how much pieces you have, the main thing is how they are placement!

online intellectual game →