Back

ⓘ Premio Fonseca. O Premio Fonseca de divulgación científica é un premio internacional anual, creado en 2008 pola Universidade de Santiago de Compostela e o Conso ..



                                     

ⓘ Premio Fonseca

O Premio Fonseca de divulgación científica é un premio internacional anual, creado en 2008 pola Universidade de Santiago de Compostela e o Consorcio de Santiago, no marco do Programa ConCiencia.

                                     

1. Historia e características

Dirixido polo profesor Jorge Mira, catedrático de Electromagnetismo na Facultade de Física da Universidade de Santiago de Compostela, divulgador científico na prensa, radio e televisión e promotor do Programa ConCiencia, o premio recoñece a capacidade de difusión e achegamento ao público xeral da ciencia.

Son obxecto de recoñecemento aquelas persoas acredoras dunha destacada traxectoria nese campo que chegase a amplos sectores da poboación en todo o mundo. Tamén son candidatas aquelas persoas que, a través da súa actividade, supoñan un referente público que estimule o interese xeral polo coñecemento.

A dotación económica do premio é de 6 000 €.

O premio recibe o nome de Alonso III de Fonseca, un dos fundadores da Universidade de Santiago de Compostela.

Free and no ads
no need to download or install

Pino - logical board game which is based on tactics and strategy. In general this is a remix of chess, checkers and corners. The game develops imagination, concentration, teaches how to solve tasks, plan their own actions and of course to think logically. It does not matter how much pieces you have, the main thing is how they are placement!

online intellectual game →