Back

ⓘ Cruceiro. Un cruceiro é un monumento relixioso constituído por unha cruz de pedra, cunha ou varias imaxes, elevada sobre unha columna asentada sobre unha plataf ..



                                               

Complexo Arp2/3

O complexo Arp2/3 é unha proteína celular implicada no control da disposición da actina no citoesqueleto das células. É de vital importancia na fisioloxía celular e atópase amplamente difundida por todo o dominio dos eucariotas. Composta por sete subunidades, algunhas delas posúen unha topoloxía claramente relacionada coa súa función biolóxica: dúas das súas subunidades, denominadas "ARP2" e "ARP3", posúen unha estrutura moi semellante á dos monómeros de actina. Dita homoloxía permite a ambas as unidades comportarse como axentes nucleantes da polimerización dos monómeros de actina G a acti ...

                                               

Obsidian Entertainment

Obsidian Entertainment é unha empresa estadounidense desenvolvedora de videoxogos fundada en 2003 con sede en Irvine, California. Foi fundada por Chris Jones, Chris Avellone, Darren Monahan e Feargus Urquhart, ex-empregados de Black Isle Studios. Esta empresa é recoñecida polo desenvolvemento de xogos para PC, como Star Wars: Knights of the Old Republic II: The Sith Lords, Neverwinter Nights 2, Pillars of Eternity, Fallout New Veigas e The Outer Worlds. No evento de Xbox X018 Microsoft anunciouse a adquisición do estudo xunto coa compra doutro estudo similar, InXile.

Cruceiro
                                     

ⓘ Cruceiro

Un cruceiro é un monumento relixioso constituído por unha cruz de pedra, cunha ou varias imaxes, elevada sobre unha columna asentada sobre unha plataforma e situado, normalmente, en lugares públicos, principalmente encrucilladas, beiras de camiños, adros de igrexas etc., lugares nos que ás veces existían xa cultos pagáns á natureza.

O cruceiro é un dos monumentos máis fortemente enraizado na terra e na cultura galegas, intimamente vencellado á paisaxe rural galega. Xorde nos máis inesperados recunchos e constitúese en obxecto de respecto e devoción populares. Hoxe séguense a esculpir e plantar en prazas, xardíns e propiedades particulares pero xa cun obxectivo decorativo nada máis. O cruceiro tamén é característico doutras rexións do mundo con fortes raíces católicas, por exemplo Irlanda en Europa onde se chaman high cross as que son de moita influencia celta e que existen desde o século VII. Tamén aparecen cruceiros semellantes aos galegos e portugueses en amplas zonas de Francia especialmente na Bretaña, Alemaña e Gran Bretaña.

Non se coñece o número dos existentes en Galicia, e a distribución por provincias é desigual, observándose unha maior abundancia nas provincias da Coruña e Pontevedra e sendo máis escasos en Lugo e Ourense. Clodio González Pérez di que pasan dos 10.000, entre cruces e cruceiros. A Universidade da Coruña, que está realizando desde 1993 un inventario concello a concello, estima o número en "polo menos 12.000". como exemplo, hai catalogados "case 140 cruceiros, cruces e petos" no Porriño, 118 en Rianxo "algo más de 300" en Vilalba, máis de 250 na comarca de Pontevedra. Segundo o inventario que realizou Yves Castel en 1980, a Bretaña francesa contaría cuns 9.000.

                                     

1. Clasificación

A efectos dunha máis sinxela análise, cómpre diferenciar na denominación común de cruceiro as seguintes tipoloxías:

  • as cruces, sen máis elementos figurativos.
  • os cruceiros propiamente ditos, cos elementos que se describirán a seguir.
  • os cruceiros de capeliña ou cruceiros de loreto, nos cales o capitel está substituído por unha furna ou capeliña en pedra con imaxes no seu interior. Este tipo de cruceiros agrúpanse case todos na zona occidental da provincia da Coruña.

Mención á parte merecen os petos de ánimas, outra mostra tipicamente galega da escultura relixiosa pero de características propias.

                                     

2. Orixe

Xa desde os principios do cristianismo se buscou unha sacralización dos lugares de culto pagán ou sospeitosos de ter tal culto. Con ese obxectivo colocáronse cruces sobre pedras con algunha simboloxía, sobre menhires ou pedras significativas. Outro exemplo desta intención cristianizante é o cruceiro de Presqueira Baños de Molgas, levantado sobre un petróglifo. Por outra banda, están as cruces colocadas sobre miliarios romanos, das que aínda quedan exemplos como o cruceiro de Foncuberta, en Maceda Ourense.

En calquera caso, parece aceptarse unanimemente a teoría de Castelao de que os cruceiros son unha creación gótica. A orixe dos cruceiros, tal como os entendemos hoxe, pode situarse na segunda metade do século XIV ou xa no século XV. O seu maior desenvolvemento produciuse no século XVII, se ben non foron realmente valorados e estudados ata ben entrado o século XX, a partir dos exhaustivos traballos de Castelao sobre as cruces de pedra en Galicia e na Bretaña.

Castelao defendía a tese de que os cruceiros foron introducidos en Galicia por influencia das viaxes de San Vicente de Ferrer, que estivo por terras galegas en 1412 e trouxo o modelo das cruces de termo levantinas. Tamén viaxou pola Bretaña francesa en 1419, onde morreu, o que lle permite explica-la semellanza entre os cruceiros galegos e bretóns, esa semellanza podería deberse á influencia que exerceu o Camiño de Santiago, que permitiu que os peregrinos bretóns trouxeran e levaran estilos e iconografía.

O cruceiro máis antigo que se conserva o Cruceiro do adro de San Roque de Melide, do século XIV é unicamente unha cruz sobre unha columna moderna, do que Castelao deduce que, en orixe, os nosos cruceiros eran só cruces de pedra que se trasladaban dun lugar a outro ata asentarse nalgún momento sobre unha pedra ou sobre un pedestal. Da mesma época son tamén os cruceiros realmente, cruces das Ribeiras do Sor en Mañón e o de Neda.

                                     

3. Evolución

Co século XVI veu unha redución da carga figurativa e a simplificación da cruz. Simultaneamente, os cruceiros van estendéndose ó longo da Galicia rural para ir aparecendo en aldeas e lugares remotos.

No concilio de Trento 1545-1563 acórdase, entre outras cousas, que existe un purgatorio no que as almas deben redimirse dos seus pecados antes de poder ascender ó ceo. Tamén se acepta, no que agora nos interesa, que os familiares e amigos vivos do defunto poden interceder polo seu perdón mediante penitencias e obras piadosas. Deste xeito comezan a construírse cruceiros pagados por persoas que buscaban gañar indulxencias para si mesmo ou para as súas persoas queridas. Así queda ben reflectido nun cruceiro de Fornelos de Montes que un tal José Benito Correa Alemparte mandou facer por perdón de Dios y para los herederos de mi hija María, muerta de mala muerte ".

Igualmente, os cregos das ordes mendicantes, especialmente franciscanos e dominicos, estenden nas súas prédicas a idea do purgatorio e incitan ós veciños a costea-la construción de cruceiros, entre outras formas de facer esmolas.

Vexamos outros exemplos:

  • MANDAZER / ESTA CRVZ / AÑO DE 1719 /// FRANO OS / SNO / ORACIN / PIAS ANIM Cruceiro de Barcia de Mera, Covelo.
  • ESTE CRUCERO HIZO / A SU COSTA DE O. Mo. Rz. / RUEGUEN A DIOS PR / LAS ANI / MAS Cruceiro de Salcidos, A Guarda.
  • MANDO HAZER / I PINTAR VN DEVOTO / AÑO DE 1732 / PIDE VN AVEMARA / POR LAS ANIMAS DE PVR / GATORIO Cristo de Torroso, Mos
  • DEVOTOS A / MIGOS ES / TAMOS AR / DIENDO EN / TRE LLAMAS / VIBAS DE PE / NOSO FVEGO / CON BVES / TRA LIMOS / NA SE ALI / VIA EL SFR / MENTO.
  • RVEGEN A DYOS P / OR QUEN HIZO EST / A OBRA AÑO DE DCI.

Castelao recolle así esta intención expiatoria dos cruceiros:

Desta época século XVI datan moitos dos cruceiros galegos, como os da Virxe dos Remedios en Muros, 1586, o de Fondo da Vila Padrón, 1587, o de Ferreiros O Pino, 1622, do Campanario Vilagarcía de Arousa, 1683 ou o de Ansemil Silleda, 1698, entre outros moitos.

Entre os séculos XVI a XVIII segue a expansión dos cruceiros por toda Galicia e adquiren cada vez máis carácter de obxecto de culto popular. A imaxinería barroca propia da época vai engadindo novos elementos ás figuras talladas e aumentando o dramatismo da escena representada, sobre todo segundo imos entrando no século XIX, coa representación da Virxe con Xesús morto no seu colo ou ben ela soa, cunha espada ou varios puñais cravados no peito. Deste estilo son, por exemplo, as obras de Manuel González Perdiz, André Castaño Castro ou de Xosé Cerviño García autor do Hío, en Cangas.



                                     

4. Estrutura

Estruturalmente, os cruceiros son esculturas en pedra de granito, coa cruz a parte superior esculpida normalmente nunha soa peza, aínda que os hai con imaxes engadidas á cruz. De altura variable, adoitan ter entre 3 e 5 metros da base ó cumio da cruz. Moitas delas estiveron policromadas nun principio e hoxe en día poden verse restos de policromía en moitos deles e, nalgún caso, a pintura renóvase ata a actualidade.

Salvo excepcións, os cruceiros están constituídos por unha única cruz, pero hai casos nos que atopamos grupos de tres cruces. Son os calvarios, nos que habitualmente só está tallada a cruz central e, ás veces, nin esta. Polo seu merecemento, cómpren destaca-los calvarios de Santa María, de Castro Barbudo Ponte Caldelas, o de San Martiño en Bueu, o de Beade ou o de Bieite Leiro, moito máis simple.

A expresión simplificada do cruceiro é a cruz de pedra, soa, sen máis nada, pero resultan moito máis habituais os cruceiros máis elaborados. A tipoloxía dos cruceiros galegos é moi variada, segundo os recursos económicos da persoa que encargara a súa construción, pero basicamente consta dos seguintes elementos:

  • O basamento ou plataforma dun ou máis chanzos, habitualmente tres, ás veces desigual para adaptarse á pendente do terreo. A base adoita ser cuadrangular pero tamén as hai octogonais, triangulares e mesmo circulares. Hainos tamén -moi poucos- sen base ningunha.
  • O pedestal, peza normalmente cuadrangular, cúbica, coas arestas biseladas. As caras poden ser lisas ou con algunha inscrición, na cara frontal. Esta inscrición permite coñece-la data na que se erixiu e o motivo, co nome de quen o encargou.
Hai bases moi elaboradas, con caveiras, ósos, serpes e outros elementos decorativos e figurativos. Hai tamén un tipo particular que presenta un retablo ou peto de ánimas no pedestal que serve de base ó fuste.
  • O fuste: columna de sección cuadrangular, octogonal ou cilíndrica; en ocasións pode ser torsionada. ou nodosa. Pode te-la superficie lisa, estriada ou acanalada, e non mostrar adorno ningún, pero é máis habitual que estea decorada con motivos diversos que representan a Paixón de Cristo ou o pecado orixinal caveira, serpe. En ocasións, tamén presenta outras figuras denominadas santiños, imaxes de santos que responden á devoción do lugar ou dos doadores.
Outros nomes comúns do fuste son os de vara, varal ou esteo.
  • A cruz, cun Cristo crucificado na súa cara anterior, a orientada ó camiño principal, e a imaxe da Virxe ou de algún santo na súa cara posterior. Hai cruceiros especialmente decorados, como os de Hío, en Cangas, ou o Cruceiro do Home Santo, en Compostela.
  • O capitel, de complexa e variada composición, imitando os estilos arquitectónicos clásico, románico ou gótico, con volutas, follas, caveiras, anxos, santos etc. En ocasións, o capitel é unha esfera que simboliza o mundo.
A cruz, como o fuste, pode ser de sección redonda, cuadrangular con ou sen as arestas matadas, octogonal. Nalgún caso, imita o tronco dunha árbore. Os extremos dos brazos da cruz tamén poden ser moi simples, sen remate, ou máis ou menos complicados.
  • O pousadoiro, unha mesa situada xunto á base do cruceiro. Este elemento só está presente nos cruceiros situados nun camiño sacramental ou nos camiños ó cemiterio, e servía para que a comitiva fúnebre puidera pousa-lo cadaleito e reza-los responsos ó morto. Nalgunha ocasión utilízase tamén como altar para celebrar misas ó aire libre, o que é máis común nos cruceiros bretóns.
                                     

5. Iconografía

As imaxes representadas nos cruceiros galegos son moi variadas pero podemos agrupalas nas seguintes tipoloxías:

  • Xesús crucificado: a figura de Xesús na cruz é a imaxe máis característica, con variantes na expresión, na colocación de pés e mans, nos detalles anatómicos, na roupa que o cobre pano de pureza, máis ou menos complicado etc. Como excepción, no cruceiro de Melide represéntase a Xesús sedente amosando as mans, aínda que no anverso aparece crucificado.
Unha variante pouco frecuente é a representación do Desencravo ou descendemento, momento no que a Virxe e os apóstolos, rematada a crucifixión, baixan a Xesús da cruz.
  • Ferramentas da Paixón: trátase das ferramentas utilizadas na crucifixión de Cristo ou obxectos relacionados coa Paixón: o látego, a coroa de espiñas, os cravos, o martelo e as tenaces, a lanza, o cáliz no que se recolleu o sangue, a esqueira do desencravo etc. Nalgún caso aparece un galo que representa as tres negacións de San Pedro.
Habitualmente, a cruz está coroada cunha cartela coa inscrición INRI que, en moitos casos, estaba pintada e desapareceu co paso do tempo.
  • A Virxe: aparece case sempre no reverso da cruz pero nos cruceiros de estilo gótico tamén pode estar ó pé da cruz, con Xoán o Evanxelista.
A Virxe aparece representada en moi diferentes situacións, como Virxe-nai, co fillo no colo, ou como Virxe Dolorosa, co corazón atravesado por un ou varios puñais tradicionalmente sete, lembrando os sete momentos máis dolorosos da súa vida. Hai cruceiros que mostran o corazón fóra do peito da Virxe. Outras advocacións da Virxe que podemos ver nos cruceiros galegos son a Virxe da Soidade cos dedos cruzados sobre o peito, a Inmaculada Concepción en actitude orante e sobre anxos ou sobre os cornos da lúa, a Virxe do Socorro co neno en brazos e golpeando ó demo, ós seus pés, a Asunción entre dous anxos que a coroan, a Virxe do Carme, a Peregrina, a Virxe do Leite dando o peito ó fillo etc. Castelao recolleu unha ampla mostra das Virxes esculpidas nos cruceiros galegos en diferentes actitudes e advocacións.
  • Santos e santas: a figura de Xoán o Evanxelista é común nos cruceiros góticos, situado ó pé da cruz, á esquerda coa Virxe á dereita da cruz. Podémolo ver no cruceiro do Home Santo, en Santiago, no cruceiro de Neda e no cruceiro do Hío.
  • O Espírito Santo está representado en contadas ocasións, na figura dunha pomba, como por exemplo no cruceiro gótico de Pazos, ou nun de Vilalonga Sanxenxo
Outros santos representados nos cruceiros son San Francisco ; Santiago, San Pedro, San Xoán Bautista, Santa Lucía, Santo Agostiño etc. Moitas veces trátase da imaxe dun frade. Normalmente, estas imaxes de santos están esculpidas no fuste, apoiadas en pequenas peañas. Os efectos da erosión e, moi probablemente, da acción humana foron borrando as liñas das imaxes facéndoas irrecoñecibles na maioría dos casos.
  • Adán e Eva e o Pecado Orixinal: co barroco faise común a inclusión das figuras de Adán e Eva nos cruceiros, no momento da tentación que se representa coa serpe ofrecendo a mazá a Eva ou da expulsión do paraíso con Adán e Eva conscientes do seu estado nu, avergonzados e expulsados por un anxo cunha espada de lume. O demo pode estar tamén representado en forma de píntega, animal tipicamente pezoñento na imaxinación popular galega.
  • O Demo: a figura do demo non é frecuente e, cando existe, adoita toma-la forma dunha serpe ou dun mostro. Podémolo ver ós pés da Virxe, trala cruz, ou tamén no capitel, no fuste ou no pedestal, como unha serpe esculpida nun lateral ou enrolada no fuste. Cómpre cita-lo caso do calvario de Bueu, no que o demo aparece no capitel do ladrón malo, coa lingua de fóra e burlándose do espectador.
  • Anxos: son frecuentes as cabezas de anxos, arcanxos e querubíns ós pés da Virxe ou nas catro esquinas do capitel. Máis raros son os anxos de corpo enteiro, e entre estes merece ser mencionado do cruceiro da Ascensión, en Entenza Salceda de Caselas, representado fronte a Xesús co cáliz nas mans para recolle-lo seu sangue.
Como as figuras de Adán e Eva adoitan estar a media altura do fuste, hai autores que ven unha representación da árbore da vida ou árbore do paraíso, por debaixo deles, e da árbore da resurrección, entre eles e a cruz.
  • Figuras non relixiosas: ocasionalmente, nos cruceiros aparecen tamén figuras non relixiosas. Así temo-los casos do cruceiro de Mourente Pontevedra, no que un garda civil custodia a cruz, ou o de Santiago de Covelo, con catro grandes figuras que simbolizan a Agricultura, a Industria, as Artes e a Xustiza.
  • A morte: aparece simbolizada cunha caveira de onde lle vén o nome de calvario que tamén reciben estas esculturas, e particularmente o pedestal, por veces completada con dous ósos cruzados debaixo. Representa que a resurrección de Xesús vence a morte do pecado.
No cruceiro de Fervenzas Aranga, A Coruña, o doador do cruceiro figura axeonllado e rezando ós pés do Cristo, entre a Virxe e San Xoán.
                                     

6. Escultores

A maior parte dos cruceiros galegos son anónimos, non quedando constancia dos canteiros que os fixeron tamén chamados santeiros. Resulta máis habitual sabe-lo nome de quen os encargou o que abona a teoría de que a súa intención fose a de conseguir oracións para salva-las súas almas e a data na que foron erguidos, porque no pedestal do cruceiro adoita constar inscrito. A seguinte relación, incompleta, recolle os nomes dalgúns dos santeiros coñecidos, xunto ós cruceiros que fixeron e a data. Nos máis recentes indícanse as datas de nacemento e morte.

  • Ignacio Cerviño Quinteiro 1820-1905.
  • Xoán Fernández.
  • José Ferreiro natural de Noia, comezos do XX.
  • José Couto Ponteareas.
  • Xoán de Bouzas Beiro.
  • Xoán de Santiago Fondo de Vila, 1587; Beiro Cordeiro, Valga).
  • Andrés Castaño Castro o Novo Santeiro de Chave, 1881-1961.
  • Esteban Gómez.
  • Xosé Ferreiro Quireza finais do XIX, autor do cruceiro de Aciveiro.
  • Andrés Castaño Fernández o Vello Santeiro de Chave, 1825-1914.
  • Xacinto Gómez.
  • Manuel González Perdiz 1833-1905, autor dos cruceiros de Padrenda, Cenlle, Goiás de Lalín etc.
  • Xosé Cerviño García 1843-1922, autor de, entre outros, o cruceiro do Hío. Tamén coñecido como Mestre Cerviño ou Pepe da Pena.
  • Xosé Bieito de Castro.
  • Felipe de Sa finais do XVIII.
  • Xoán de Vilasó.

Os modernos canteiros seguen esculpindo cruceiros e en numerosos lugares, sobre todo chalés e xardíns e prazas públicas, podemos velos acabados de facer, con mellor ou peor fortuna. Escultores de sona, como Francisco Asorey ou Antonio Faílde, tamén seguiron este estilo.



                                     

7. Patrimonio a conservar

Os cruceiros son unha mostra clara do patrimonio histórico, artístico, cultural e etnográfico que cómpre conservar. Non obstante, o estado de conservación dos cruceiros galegos, como todo o resto do seu patrimonio, é moi irregular. Hainos perfectamente conservados, protexidos, coñecidos e respectados, pero só gozan desta situación os máis sobranceiros. Moito máis común é unha situación de protección teórica, establecida por lei, que non foi quen de evitar un innúmero de casos de destrución accidental ou provocada de espolios, tanto de imaxes como do cruceiro completo. Tamén resulta desgraciadamente frecuente a presenza nas inmediacións do cruceiro de cables eléctricos, postes de luz, sinais de tráfico, contedores de lixo, marquesiñas de autobús etc.

Os cruceiros forman parte do Patrimonio Cultural de Galicia dunha forma expresa xa desde 1963, que obrigaba ós propietarios a non realizar ningunha intervención neles sen autorización oficial, asimilaba o seu comercio ó das obras de arte e facía recaer nos concellos a responsabilidade de vixialos e conservalos.

Tódolos construídos con anterioridade a 1901 son bens de interese cultural.

Creouse o Rexistro de Bens de Interese Cultural de Galicia, pero este inventario aínda está sen facer polo que, por non saber, nin se sabe o número de cruceiros en Galicia e moito menos o seu estado de conservación. Moitos concellos teñen feito xa un inventario dos seus bens histórico-artísticos, sexa por necesidade de regulación dentro dos seus Plans de Ordenación Urbana, sexa por iniciativa municipal ou dalgún particular ou organización cultural local, pero tamén é certo que a experiencia demostra que moitos destes catálogos recollen cruceiros xa inexistentes ou son incompletos.

Desde 1993, a Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, en colaboración coa Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña, está realizando un inventario pormenorizado de tódolos cruceiros e petos de ánimas galegos, coa creación dunha ficha de cada exemplar co plano de situación, fotografías e debuxos, descrición, datos históricos e etnográficos, estado legal, estado de conservación etc. Xan Casabella, director deste proxecto de catalogación, explicaba a principios de 2007 que xa estaba feito o 80% do traballo.

                                     

8. Os cruceiros na cultura popular

Os cruceiros son moito máis que unha manifestación de arte relixiosa, por máis que esa fose a razón orixinal da súa construción. Cumpren, efectivamente, unha función relixiosa, sacralizadora, dun determinado lugar, sexa certo ou non que alí se celebraran cultos pagáns, pero chegan moito máis aló. Tamén son moito máis que un simple fito xeográfico que marca un lugar ou un linde entre parroquias. Son sinais de identidade da aldea ou da parroquia, lugares de encontro de referencia na vida diaria da xente da aldea. Os cruceiros son obxectos sagrados e, por extensión, tamén o é lugar onde se levantan. Ante os cruceiros rezábase polas ánimas dos mortos, pero tamén pedindo axuda a Deus: lémbrese a lámina de Castelao no caderno Nós: Non me fan xustiza, Señor ".

Ó redor dos cruceiros xurdiron ó longo dos séculos crenzas e supersticións, case sempre relacionadas coa morte de alguén -normalmente, violenta-, e buscouse neles protección contra o sobrenatural, especialmente contra a Santa Compaña, as meigas e a morte quizais aí estea a razón da presenza de tantos cruceiros nas encrucilladas e nos camiños ó cemiterio. Erguéronse na praza da aldea para protección da xente e no campo da feira para a protección do gando.

O feito de erguelos naqueles puntos nos que tivo lugar unha morte violenta busca dar descanso á alma da vítima, propiciar que Deus a acolla e evitar que ande vagando polo lugar e poida producir algún dano ós viandantes.

Nalgúns cruceiros existiu o costume de soterrar ó seu pé os nenos mortos sen bautizar, como mostran as letras iniciais ou pequenas cruces gravadas na base do cruceiro.

Ó redor dos cruceiros naceron tamén tradicións, como o bautismo no ventre da nai testemuñado nos cruceiros situados nas pontes e outras prácticas máxicas para cura-lo tangaraño raquitismo ou para buscar un embarazo. Identifican, deste xeito, lugares de curación máxica.

Xa mencionamos que algúns cruceiros posuían unha pequena mesa ó pé. Nesta mesa pousaban o cadaleito no camiño ó cemiterio mentres rezaban un responso. Tamén, noutros sitios, as procesións celebradas con ocasión da festa do lugar aproveitaban esta mesa para pousa-lo Santo e rezar, ou ben os participantes daban unha volta ó redor do cruceiro.

Aínda hoxe poden verse nalgún caso cirios colocados nos banzos da base, ou ofrendas de froitos, espigas de millo, flores, exvotos, que non son outra cousa que anónimos xestos de piedade.

                                     

8.1. Os cruceiros na cultura popular Cantigueiro

  • Se te volvo ver, Rosina,/ de noite xunto ó cruceiro,/ ou has de velar comigo/ ou durmir co compañeiro.
                                     

8.2. Os cruceiros na cultura popular Lendas

Fermín Bouza-Brey recolle a seguinte lenda en torno ó cruceiro da Gándara, no lugar da Cerqueira Santa Cristina de Vea, A Estrada.

Cando o lugar da Cerqueira era todo unha carballeira, os lobos levaron unha meniña e os pais non foron quen de atopala, por máis que buscaron. Acudiron á Virxe de Aránzazu, na capela da Gándara, e despois de rezar volveron busca-la filla, atopándoa viva e sa, acariñando un lobo que tiña morto á beira. En sinal de agradecemento á Virxe mandaron construí-lo cruceiro e gravaron nel esta inscrición:" Xoán de Porto e Catalina de Ribeira, a súa muller, pagaron esta obra ano 1742. Ante este cruceiro unha salve pedimos por quen o mandou facer ”.

Cóntase tamén que no lugar –hoxe deshabitado- de Fromariz, en Moncelos, Abadín Lugo, puxeron un cruceiro porque alí se aparecían ós transeúntes estraños animais: unha vaca con sete becerros, unha cocha con oito ranchos, gatos que se enrodelaban nas pernas etc. E disque que desde que puxeron o cruceiro xa non se aparece nada.



                                     

9. Véxase tamén

Outros artigos

  • Cruz de termo
  • Cruz maior
  • Cruz monumental
  • Xosé Cerviño García

Ligazóns externas

  • Cruceiros do Concello de Guitiriz
  • Cruceiros de Pontevedra
  • Na terra dos cruceiros Televisión de Galicia, 24/8/2013.
  • Cruceiros, Cristos e Cruces da Pastoriza
  • Simboloxía relixiosa do Porriño cruceiros, cruces e petos de ánimas
  • Cruceiros, Cristos e cruces de Xermade
  • Cruceiros de Cospeito
  • Alfredo Eiras: "Cruceiros", na colección Debuxos de Galicia II
  • Catálogo de cruceiros da Terra Chá
Free and no ads
no need to download or install

Pino - logical board game which is based on tactics and strategy. In general this is a remix of chess, checkers and corners. The game develops imagination, concentration, teaches how to solve tasks, plan their own actions and of course to think logically. It does not matter how much pieces you have, the main thing is how they are placement!

online intellectual game →