Back

ⓘ Sindicatos de Galicia ..



                                               

Asociación de Trabajadores de la Enseñanza de Orense

Fundada o 31 de maio de 1931, posteriormente incorporouse á FETE Federación Española de Trabajadores de la Enseñanza. O primeiro presidente foi Albino Núñez Domínguez. En marzo de 1932 comeza a editar a revista Escuela del Trabajo. Caracterizouse pola mestura de correntes galeguistas de esquerda republicana, pero máis adiante definiuse pola súa pluralidade. Albino Núñez presentou a súa dimisión irrevogable en setembro de 1932, o que da orixe a unha nova etapa da vida societaria. Foi substituído na Presidencia da Asociación por Evaristo Suárez Alberte de forma provisional, e na Asemblea ord ...

                                               

Asociación Sindical Galega de Guionistas

A Asociación Sindical Galega de Guionistas, anteriormente Asociación Galega de Guionistas, é unha asociación sindical fundada en 1997 que conta cos seguintes obxectivos fundamentais: A representación dos intereses xerais da profesión fronte ás administracións, institucións, empresas e outros colectivos de ámbito autonómico, estatal e internacional participando nos órganos consultivos das mesmas cando sexa necesario, defendendo os dereitos recoñecidos pola Lei da Propiedade Intelectual. A difusión social e cultural da profesión de guionista e a súa tarefa. A representación, defensa e promoc ...

                                               

Comisións Obreiras de Galicia

O Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia é un sindicato galego federado á Confederación Sindical de CCOO. O seu congreso fundacional tivo lugar en Vigo en 1978, dous anos despois da creación da Confederación estatal, e o actual secretario xeral é Ramón Sarmiento.

                                               

Confederación Intersindical Galega

A Confederación Intersindical Galega é un sindicato nacionalista galego formado a partir da unión da INTG e CXTG en abril de 1994. O seu primeiro secretario xeral foi Fernando Acuña. O actual secretario xeral é Paulo Carril.

                                               

Confederación Rexional Galaica

A Confederación Rexional Galaica é a organización territorial da CNT en Galicia. Na actualidade están adheridos a ela sete sindicatos de Oficios Varios. Constituíuse o 21 de agosto de 1922 no Salón "Ideal Cinema" de Vigo, con José Suárez Duque como o seu primeiro secretario. Nese momento confederáronse 52 sociedades de resistencia, representando a 25.256 afiliados.

                                               

Confederación Xeral de Traballadores Galegos

A Confederación Xeral de Traballadores Galegos foi un sindicato nacionalista galego que se formou en 1985 como unha escisión da INTG. En outubro celebrou o seu primeiro congreso, no que Fernando Acuña foi elixido secretario xeral. Nas eleccións sindicais de 1986 conseguiu 1.087 delegados. Editou a revista Adiante entre 1987 e 1993. En 1990 formou coa INTG a Converxencia Intersindical Galega para concorreren as dúas en coalición ás eleccións sindicais. En 1994, ao se fusionaren as dúas organizacións, a Converxencia Intersindical Galega deu paso á Confederación Intersindical Galega CIG.

                                               

Asociación Agraria de Meirás

A Asociación Agraria de Meirás foi un sindicato agrario fundado no 1931 en Meirás e que, no 1932, daría lugar ao Sindicato de Profesiones Varias de Meirás. No momento da súa fundación, a directiva compúñase de Florencio Caño González, Francisco Cotos, Antonio Carballeira Muñiz, José Mosquera Rey, Juan Prego e José A. Martínez Muñiz, Luis Méndez Muñiz, Ramón González, Manuel Babío Portela, Salvador Suárez, Manuel Pardo e Francisco Fernández Díaz.

                                               

Central Obreira Galega

A Central Obreira Galega é un sindicato nacionalista galego fundado en 2009 e liderado por Mario Díaz. Conta con arredor de 600 afiliados na comarca da Coruña, de máis dunha vintena de empresas. Está formada principalmente por delegados saídos da Central Unitaria de Traballadores.

                                               

Central Unitaria de Traballadores

A Central Unitaria de Traballadores/as, CUT, é un sindicato galego creado o 4 de decembro de 1998. O Congreso fundacional celebrouse en Vigo o 19 de abril de 1999. Defínese como un sindicato de clase, que ten como obxectivo a defensa dos intereses de clase de todos os traballadores e traballadoras de Galicia. Conta con locais en Santiago de Compostela, A Coruña, Vigo, Ribeira e Cangas.

                                               

Confederación Sindical Galega

A Confederación Sindical Galega foi un sindicato nacionalista galego que se formou como unha escisión da USO en 1980. Celebrou o seu primeiro Congreso en setembro de 1980, e boa parte dos cadros elixidos eran membros do PSG. En setembro de 1982 unificouse coa INTG. Silo Castro foi o seu secretario nacional de coordinación.

                                               

Fundación 10 de Marzo

A Fundación 10 de Marzo foi promovida polo sindicato CCOO de Galicia ano 1991 ao abeiro da Lei de Fundacións de Interese Galego. O nome fai referencia aos sucesos do 10 de marzo de 1972, os cales son lembrados anualmente co gallo do Día da Clase Obreira Galega. Debido á súa orixe, o estudo do movemento obreiro galego forma parte dos obxectivos principais desta institución. O seu actual presidente é Xan María Castro Paz, exsecretario xeral de CCOO de Galicia.

                                               

Sindicato Agrario de Palas de Rei

O Sindicato Agrario de Palas de Rei foi unha organización agraria que existiu no concello de Palas de Rei durante a Segunda República. Nunha das súas manifestacións na que ían uns cincocentos afiliados, feita polas rúas da cidade de Lugo o venres 25 de setembro de 1931, levaban un cartel diante que poñía "Vivan los agrarios republicanos. Abajo los caciques".

                                               

Sindicato Agrícola da Fonsagrada

O Sindicato Agrícola da Fonsagrada foi unha organización agraria creada na vila da Fonsagrada. O 9 de setembro de 1910 ás catro da tarde celebrouse un mitin nesa vila para confirmar a súa fundación, e resultou elixido primeiro presidente Serxio Peñamaría. Segundo os xornais houbo 4000 persoas na reunión. Entre os oradores había representantes do movemento Acción Gallega.

                                               

Sindicato Agrícola de Ouviaño

O Sindicato Agrícola de Ouviaño foi unha organización agraria que existiu na parroquia de Ouviaño no concello de Negueira de Muñiz durante a Segunda República.

                                               

Sindicato Agrícola Republicano de Castroverde

O Sindicato Agrícola Republicano de Castroverde foi unha organización agraria que existiu no concello de Castroverde durante a Segunda República. Constantino Dorado e Bonifacio Sarille foron o primeiro presidente e secretario respectivamente. As actividades centrábanse, sobre todo, na parroquia de Montecubeiro.

                                               

Sindicato Campesino de Mondego

O Sindicato Campesino de Mondego foi un sindicato da parroquia de Mondego vencellado á CNT e activo entre o 1933 e o 1936. Estivo presidido por Eugenio Taibo.

                                               

Sindicato de Oficios Varios y Campesinos de Carnoedo

O Sindicato de Oficios Varios y Campesinos de Carnoedo foi creado na parroquia de Carnoedo no 1933, e existiu durante a II República. Tiña unha base fundamentalmente agraria, e estivo vencellado á Confederación Nacional do Traballo.

                                               

Sindicato do Traballo de Lugo

O Sindicato do Traballo de Lugo, foi unha organización sindical que existiu en Lugo durante a Segunda República. Estaba afiliado á Confederación Rexional Galaica. Nun mitin do ano 1932 en Lugo participou José Villaverde Velo e Mario Rico.

                                               

Unión Campesina de Osedo y sus Contornos

A Unión Campesina de Osedo y sus Contornos foi un sindicato agrario creado na parroquia de Osedo poucos días antes do alzamento fascista do 1936. A súa directiva compúñana José Manuel Abruñedo Presidente, Claudino Fernández Vicepresidente, José Fernández Babío Secretario, José Amor Vicesecretario, Camilo Suárez Castro Tesoureiro, Benito Souto Vicetesoureiro, Antonio Manteiga Bibliotecario e Antonio Pampín, Andrés Díaz, Benito López e Manuel López Vocais. Contaba con 70 afiliados.

Free and no ads
no need to download or install

Pino - logical board game which is based on tactics and strategy. In general this is a remix of chess, checkers and corners. The game develops imagination, concentration, teaches how to solve tasks, plan their own actions and of course to think logically. It does not matter how much pieces you have, the main thing is how they are placement!

online intellectual game →