Back

ⓘ Gómez Pérez das Mariñas e Ribadeneira, nado en Viveiro en 1539 e finado no mar de Célebes o 19 de outubro de 1593, foi un político, diplomático e militar galego ..



                                     

ⓘ Gómez Pérez das Mariñas e Ribadeneira

Gómez Pérez das Mariñas e Ribadeneira, nado en Viveiro en 1539 e finado no mar de Célebes o 19 de outubro de 1593, foi un político, diplomático e militar galego do século XVI. Foi gobernador das Filipinas, onde fundou a cidade de Dasmariñas.

                                     

1. Traxectoria

Fillo de Fernán Díaz de Ribadeneira de Berenguela das Mariñas, Gómez Pérez foi nomeado gobernador de León o 30 de xaneiro de 1579. No seu recordo pódese atopar unha inscrición na Casa das Carnicerías da capital leonesa, que reza: Hízose este edificio, más las fuentes y calzadas de la ciudad, siendo Gobernador el muy ilustre Gómez Pérez das Mariñas. Año de 1581, el cual gobernó bien. O éxito no seu labor redunda no seu nomeamento, polo rei Filipe II, como correxedor das cidades de Cartagena, Lorca e Murcia, o 27 de setembro de 1584, cargo que ocupa ata o 1 de xaneiro de 1587.

                                     

2. Gobernador das Filipinas

ano 1589, e en compensación aos seus servizos, recibe do Rei o hábito da Orde de Santiago e o nomeamento como Capitán Xeral das Illas Filipinas, a onde non chegará ata maio de 1590. Á súa xestión como Gobernador débense a construción das murallas de Manila, a reconstrución do Forte Santiago e o inicio das obras da catedral da cidade. Igualmente, fundou a poboación de Dasmariñas, a 24 quilómetros da capital, na provincia de Cavite Calabarzón, e que na actualidade conta con preto de 400.000 habitantes.

Destacou tamén no seu labor diplomático, sendo o primeiro gobernador español en establecer contactos co Xapón, e potenciando as relacións comerciais coa China. No entanto, falecería asasinado a bordo do navío "La Capitana", ao mando do cal se dirixía cara á conquista das illas Molucas. Sucederíao no cargo o seu fillo Luís.

                                     

3. Véxase tamén

Bibliografía

  • Donapetry Iribarnegaray, Juan 2003. Historia de Vivero y su Concejo. ISBN 84-86824-00-1.
  • Gómez Pérez das Mariñas, Capitán General de Murcia en el último tercio del siglo XVI. José Raimundo Núñez-Varela y Lendoiro 2001.
Free and no ads
no need to download or install

Pino - logical board game which is based on tactics and strategy. In general this is a remix of chess, checkers and corners. The game develops imagination, concentration, teaches how to solve tasks, plan their own actions and of course to think logically. It does not matter how much pieces you have, the main thing is how they are placement!

online intellectual game →