Back

ⓘ Gala do Deporte Feminino Galego. A Gala do Deporte Feminino Galego é un evento organizado pola Asociación de Mulleres Deportistas Galegas para premiar o deporte ..



                                               

Gabriela García

Gabriela Antonia García Segura, coñecida como Gaby, nada en Tunapuy, Estado Sucre, Venezuela, o 2 de abril de 1997, é unha futbolista venezolana, que xoga de dianteira e centrocampista. Milita dende 2017 no Deportivo da Coruña, sendo a xogadora con máis partidos disputados na historia do equipo. É internacional coa selección de Venezuela.

                                               

Josefina Salgado

Josefina Salgado, nada en Ourense o 16 de marzo de 1946 e finada en Madrid o 4 de xuño de 1989, foi unha atleta galega especializada en carreiras de velocidade e salto de lonxitude. Foi a primeira muller española que participou nun Campionato de Europa de Atletismo, ademais de ser catorce veces campioa de España e bater vinte e nove récords de España.

                                     

ⓘ Gala do Deporte Feminino Galego

A Gala do Deporte Feminino Galego é un evento organizado pola Asociación de Mulleres Deportistas Galegas para premiar o deporte feminino en Galicia así como ás súas deportistas e as entidades, medios e organismos que apoian e fomentan. Con este acto búscase lograr a visibilidade do deporte feminino e que os seus éxitos sexan recoñecidos pola sociedade. A primeira gala organizouse en 2011.

                                     

1. Premios

I Gala 2011

Celebrouse no pazo da Cultura de Pontevedra, organizada en colaboración co Concello de Pontevedra e coa axuda da Secretaría Xeral para o Deporte.

II Gala 2013

Celebrouse en Ames, organizada en colaboración co Concello de Ames

III Gala 2014

Celebrouse no Porriño, organizada en colaboración co Concello do Porriño

IV Gala 2016

Celebrouse na Casa da Cultura de Allariz, organizada en colaboración co Concello de Allariz

V Gala 2017

Celebrouse no Pazo Provincial de Pontevedra, organizada coa colaboración da Deputación de Pontevedra

VI Gala 2018

Celebrouse no Museo Verbum de Vigo, organizada coa colaboración da Deputación de Pontevedra

VII Gala 2019

Celebrouse no Auditorio Municipal de Vilagarcía de Arousa, organizada coa colaboración da Deputación de Pontevedra

                                     

2. Véxase tamén

Ligazóns externas

  • Web da Asociación de Mulleres Deportistas Galegas MUDEGA
  • VII Gala do Deporte Feminino Galego, na web da Deputación de Pontevedra
  • VI Gala do Deporte Feminino Galego, na web da Deputación de Pontevedra
  • V Gala do Deporte Feminino Galego, na web da Deputación de Pontevedra
                                               

Aurita Rodríguez

Naceu nunha familia moi vinculada ao deporte: os seus irmáns homes, Delio, Emilio, Manuel e Pastor, foron ciclistas profesionais con triunfos internacionais, mentres que outro dos irmáns, José, xogou ao fútbol. Ela participou en competicións de ciclismo e está considerada uhnha das pioneiras do deporte feminino en Galicia. Foi campioa de ciclismo de Galicia anos corenta.

Free and no ads
no need to download or install

Pino - logical board game which is based on tactics and strategy. In general this is a remix of chess, checkers and corners. The game develops imagination, concentration, teaches how to solve tasks, plan their own actions and of course to think logically. It does not matter how much pieces you have, the main thing is how they are placement!

online intellectual game →