Back

ⓘ Gabriela García. Gabriela Antonia García Segura, coñecida como Gaby, nada en Tunapuy, Estado Sucre, Venezuela, o 2 de abril de 1997, é unha futbolista venezolan ..



                                     

ⓘ Gabriela García

Gabriela Antonia García Segura, coñecida como Gaby, nada en Tunapuy, Estado Sucre, Venezuela, o 2 de abril de 1997, é unha futbolista venezolana, que xoga de dianteira e centrocampista. Milita dende 2017 no Deportivo da Coruña, sendo a xogadora con máis partidos disputados na historia do equipo. É internacional coa selección de Venezuela.

                                     

1. Traxectoria

Practicou varios deportes, destacando no balonmán, e aos 15 anos pasou ao fútbol, comezando nun equipo de rapaces. Pasou logo polo Centro Árabe de Carúpano e en 2013 chegou ao Estudiantes de Guárico, onde militou catro anos.

En 2017 cruzou o Atlántico xunto a Kika para asinaren as dúas co Deportivo da Coruña, que xogaba na Segunda división española. Alí formou unha gran dupla goleadora con Peke e na tempada 2018/19 o equipo ascendeu á Primeira división. Na máxima categoría o adestrador Manu Sánchez atrasou a súa posición ata a mediapunta.

En febreiro de 2021 converteuse na primeira futbolista da historia do Deportivo en acadar os 100 partidos.

                                     

1.1. Traxectoria Selección venezolana

Foi internacional coa selección venezolanas sub-17, coa que se proclamou campioa suramericana en 2013, e coa que disputou a Copa do Mundo de 2014 en Costa Rica, chegando a semifinais. Coa selección sub-20 foi subcampioa suramericana en 2015 e ao ano seguinte participou na Copa do Mundo en Papúa Nova Guinea.

Debutou coa selección venezolana absoluta o 10 de xuño de 2017 nun amigable contra a selección mexicana.

Free and no ads
no need to download or install

Pino - logical board game which is based on tactics and strategy. In general this is a remix of chess, checkers and corners. The game develops imagination, concentration, teaches how to solve tasks, plan their own actions and of course to think logically. It does not matter how much pieces you have, the main thing is how they are placement!

online intellectual game →