Back

ⓘ Josefina Salgado, nada en Ourense o 16 de marzo de 1946 e finada en Madrid o 4 de xuño de 1989, foi unha atleta galega especializada en carreiras de velocidade ..



                                     

ⓘ Josefina Salgado

Josefina Salgado, nada en Ourense o 16 de marzo de 1946 e finada en Madrid o 4 de xuño de 1989, foi unha atleta galega especializada en carreiras de velocidade e salto de lonxitude. Foi a primeira muller española que participou nun Campionato de Europa de Atletismo, ademais de ser catorce veces campioa de España e bater vinte e nove récords de España.

                                     

1. Traxectoria

Naceu en Ourense o 16 de marzo de 1946, a máis vella de tres irmáns. Comezou a practicar o atletismo en 1965, seguindo a súa irmá máis nova, Aurora, quen tamén acabou logrando medallas nacionais. A finais dese ano xa conseguira entrar na clasificación nacional de salto de lonxitude e 800 metros.

En 1966 obtivo o seu primeiro título de campioa de España, nos 400 metros, proba que foi a súa preferida.

En xullo de 1967 bateu por primeira vez o récord de España nesa distancia cunha marca de 59.1, fronte aos 59.7 que tiña María José Álvarez. Unha semana despois debutou como internacional nun encontro contra Bélxica, volvendo bater o récord de España 58.5. A finais dese ano a RFEA ofreceulle adestrar con José Manuel Ballesteros, polo que se trasladou a vivir a Madrid, cidade en que residiu até a súa morte. Ademais dos 400, Salgado competía con éxito nos 800 metros, dos que tamén bateu o récord de España en 1968 2:12.9.

En 1970, tras un período de certo estancamento, deixou a Ballesteros e comezou a adestrar con Manuel Pascua. Isto levouna a preparar tamén os 200 metros, distancia en que tamén se converteu na mellor atleta de España.

En 1971 acudiu ao Campionato de Europa, converténdose na primeira muller española que participaba nel. Salgado acabou última da súa serie cunha marca de 56.3. Non obstante, en outubro do mesmo ano conseguiu a medalla de bronce nos Xogos Mediterráneos.

En 1973 bateu por novena e última vez o récord de España dos 400 m, deixándoo en 54.1, 5.6 segundos por baixo de onde estaba cando o conseguiu por primeira vez. Tamén bateu o dos 200 metros 24.6 e o de 400 metros valados 1:04.7, distancia que non adoitaba disputarse en categoría feminina. Ese ano foi a única muller española no Campionato de Europa en pista cuberta. Acabou terceira da súa serie cunha marca de 56.04.

En 1974 participou por última vez no campionato de España, gañando o ouro en 200 m e en salto de lonxitude. A partir de entón, debido ás súas obrigas laborais e aos seus enfrontamentos coa federación, a súa carreira deportiva entrou en declive e retirouse pouco despois.

Josefina Salgado morreu o 4 de xuño de 1989, vítima dun cancro de mama. Trala súa morte púxose o seu nome ás pistas de atletismo de Monterrei O Pereiro de Aguiar e en 2014 a Xunta de Galicia outorgoulle a distinción ao Mérito Deportivo, a título póstumo.

                                     

2. Competicións

Campionatos de España

Josefina Salgado foi doce veces campioa de España ao aire libre e dúas en pista cuberta:

Ao aire libre

  • 800 metros: 1967, 1973
  • 200 metros: 1970, 1971, 1974
  • Salto de lonxitude: 1974
  • 400 metros: 1966, 1967, 1968, 1970, 1971, 1973
                                     

3. Récords

Josefina Salgado conseguiu bater o récord de España de diversas probas atléticas en polo menos vinte e nove ocasións. Entre elas, as seguintes:

Ao aire libre

  • 400 metros: Nove veces, até 54.1 1973, dúas máis con cronometraxe eléctrica
  • 4×400 metros: Cinco veces, até 3:43.2 1973
  • 800 metros: 2:12.9 1968
  • 400 metros valados: 1:04.7 1973
  • 200 metros: 24.6 1973

En pista cuberta

  • 400 metros: Cinco veces, até 55.9 1973, unha máis con cronometraxe eléctrica 56.04, tamén en 1973
Free and no ads
no need to download or install

Pino - logical board game which is based on tactics and strategy. In general this is a remix of chess, checkers and corners. The game develops imagination, concentration, teaches how to solve tasks, plan their own actions and of course to think logically. It does not matter how much pieces you have, the main thing is how they are placement!

online intellectual game →