Back

ⓘ Graf é un título nobiliario histórico xermánico, equivalente en xeral ao título de conde e ao título de earl británico. É inmediatamente superior a freiherr e i ..



Graf
                                     

ⓘ Graf

Graf é un título nobiliario histórico xermánico, equivalente en xeral ao título de conde e ao título de earl británico. É inmediatamente superior a freiherr e inferior a raugraf.

                                     

1. Historia

A súa orixe do graf é incerta; Paulo, o Diácono escribiu en latín contra 790:

Isto leva a crer que o termo sexa de orixe xermánica, aínda que tamén se suxeriu unha relación co termo grego graphēin "escribir".

Desde agosto de 1919, en Alemaña, Graf e todos os outros títulos pasaron a ser considerados parte integrante do sobrenome dos titulares e dos seus descendentes que aínda residían no país. O título condal Graf tamén era utilizado entón por falantes do alemán tanto como lingua oficial como vernácula en Austria e noutras terras dominadas polos Habsburgo como Hungria e as terras eslavas, en Liechtenstein e boa parte de Suíza.

Primeiramente, ata o século XV, un graf obrigatoriamente exercía autoridade ou xurisdición sobre un territorio coñecido como Grafschaft, literalmente "condado", mais desde esa data o título pasou a ser empregado só como grao de nobreza.

Os títulos nobiliarios de graf concedidos na primeira metade do Sacro Imperio Romano Xermánico 962-1806, frecuentemente estaban relacionados coa xurisdición ou a autoridade sobre un territorio, ou ao exercicio dalgunha función pública e representabam concesións especiais, tanto en termos de autoridade como de posición. Após o século XV, recibiron o título membors da nobreza, mais sen que tivesen adscrita ningunha función pública, só como grao de nobreza. Só os títulos nobiliarios máis importantes permanecen en uso na actualidade.

Free and no ads
no need to download or install

Pino - logical board game which is based on tactics and strategy. In general this is a remix of chess, checkers and corners. The game develops imagination, concentration, teaches how to solve tasks, plan their own actions and of course to think logically. It does not matter how much pieces you have, the main thing is how they are placement!

online intellectual game →