Back

ⓘ Denominacións de Orixe de Galicia ..



                                               

Denominacións de Orixe de Galicia

As denominacións de orixe de Galicia abranguen diversos produtos representativos da gastronomía de Galicia, clasificados como denominación de orixe protexida. Na actualidade existen 27 produtos galegos con este distintivo, que van dende os queixos aos mexillóns, pasando polos viños os licores, a carne, o pan e ata os grelos.

                                               

Augardente de Galicia

Augardente de Galicia protexe a augardente elaborada a partir de bagazos de viños colleitados nos viñedos situados no ámbito xeográfico de Galicia. Os produtos a protexer son: augardentes de bagazo, comercializadas ben ano da súa obtención ou despois dun período de repouso, e augardentes de bagazo envellecidas que deberán permanecer en envases de madeira durante un período mínimo dun ano. Son augardentes de aroma e sabor intenso, fino e delicado, exento de elementos estraños; incoloro de aspecto transparente e limpo nas augardentes de bagazo e ambarino-torrdo nas augardentes envellecidas. ...

                                               

Denominación de Orixe Horta de Mondoñedo

A Denominación de Orixe Horta de Mondoñedo é un selo que recoñece a calidade de diversos produtos da horta do concello de Mondoñedo. Foi concedido polo Ministerio de Industria, Comercio e Turismo en decembro de 2018.

                                               

Denominación de Orixe Monterrei

A Denominación de Orixe Monterrei é unha das cinco zonas con denominación de orixe para os seus viños existentes en Galiza. Esténdese polo val do río Támega, ocupando algo menos de 500 hectáreas dos concellos de Castrelo do Val, Monterrei, Oímbra e Verín; outras 13.000 tamén están dedicadas a viñedos, mais fora da denominación de orixe. As 24 adegas e 380 viticultores producen dous millóns de litros anuais de viño cualificado. Uva branca: verdello, dona branca, verdello louro Uva tinta: mencía, bastardo, araúxa

                                               

Denominación de Orixe Rías Baixas

A Denominación de Orixe Rías Baixas é unha das cinco zonas con denominación de orixe para os seus viños existentes en Galiza. Creouse en 1980, e foi recoñecida como Denominación de Orixe en 1988.

                                               

Denominación de Orixe Ribeira Sacra

A Denominación de Orixe Ribeira Sacra é unha das cinco zonas con denominación de orixe para os seus viños existentes en Galiza. Os viñedos, cultivados en socalcos nas pendentes ladeiras dos ríos Miño e Sil, constitúen xa elas soas un atractivo turístico. A D.O. Ribeira Sacra está dividida en 5 subzonas: Amandi, Chantada, Quiroga-Bibei, Ribeiras do Sil-Ourense e Ribeiras do Miño. As variedades de uva usadas son: Tintas autorizadas: Garnacha Tintorera e Mouratón. Tintas preferentes: Mencía, Brancellao, Merenzao, Tempranillo, Sousón e Caíño tinto. Brancas preferentes: Albariño, Loureira, Trei ...

Free and no ads
no need to download or install

Pino - logical board game which is based on tactics and strategy. In general this is a remix of chess, checkers and corners. The game develops imagination, concentration, teaches how to solve tasks, plan their own actions and of course to think logically. It does not matter how much pieces you have, the main thing is how they are placement!

online intellectual game →