Back

ⓘ Símbolos anarquistas. Existe unha gran variedade de símbolos relacionados co anarquismo e a anarquía, entre os que destacan o A circulado e as bandeiras negra e ..



                                     

ⓘ Símbolos anarquistas

Existe unha gran variedade de símbolos relacionados co anarquismo e a anarquía, entre os que destacan o "A" circulado e as bandeiras negra e negrivermella.

                                     

1.1. "A" circulada Descrición

O símbolo anarquista máis recoñecido é o da esquerda: Unha letra A maiúscula rodeada por un círculo. É a inicial de "anarquía" e "anarquismo" na maioría dos idiomas, facéndoo un símbolo recoñecible a nivel internacional. O círculo simboliza unidade, e ademais de enfatizar a letra "A", simboliza determinación. O anarquismo significa e implica sentimento de solidariedade entre grupos, aínda que poidan estar separados xeograficamente e ter diferentes puntos de vista da anarquía.

O símbolo pode ser visto como unha representación da máxima de Pierre Joseph Proudhon: Anarquía é orde. Proudhon, anarquista do século XIX, tamén é coñecido pola famosa frase A propiedade é un roubo, dunha das súas obras máis importantes, Quest-ce que la propriété?. De acordo coa lectura deste símbolo, o círculo representa a "orde" coincidindo tamén nalgúns idiomas coa inicial da palabra.

O "A" ten un significado simbólico adicional en varios idiomas: autoxestión ou autodeterminación. Isto refírese á acción radical dos traballadores das fábricas ó tomar o control dos seus propios lugares de traballo, manexándoos democraticamente sen un xefe. Os movementos anarquistas adoitaban estar relacionados cos sindicatos.

Mentres que as orixes do símbolo non son de todo claras, pénsase que existe desde antes da guerra civil española. Foi adoptado como un símbolo da Alliance Ouvrière Anarchiste AOA, fundada en 1956 en Bruxelas, e sería novamente reinventado independentemente en 1964 polo grupo francés Jeunesse Libertaire.

Este carácter pódese escribir en Unicode con U+24B6

                                     

1.2. "A" circulada ¿Por que o "A" dentro dun círculo?

Segundo a investigación de Amadeo Bertolo publicada en La Rivista Anarchica de maio de 1981, a adopción do "A" no círculo como emblema universal data de 1964. Concretamente, en abril dese ano usouse na portada dun boletín interno dun grupo francés das mocidades libertarias, seguido dunha interrogación. O propósito era crear un símbolo que aglutinase ó conxunto do movemento anarquista, sen distinción de tendencias.

Nese boletín deron os seus motivos:

A inspiración púidose atopar no símbolo pacifista o círculo coa "pata de galiña". A proposta dos franceses, ó parecer, non tiña gran transcendencia, ata que en 1966 un mozo anarquista milanés que formaba parte do círculo Sacco e Vanzetti comezou a usala. En 1968 saíu en Milán ás rúas e no Maio francés de 1968 logrou perpetuarse.

                                     

1.3. "A" circulada Historia previa

O primeiro uso dun "A" dentro dun círculo por parte de anarquistas -aínda que non o mesmo símbolo que se coñece na actualidade- foi do Consello Federal de España da Asociación Internacional dos Traballadores I Internacional. Foi establecido polo masón Giuseppe Fanelli en 1868. A revista Fight the State falou dun miliciano anarquista co símbolo no seu casco durante a guerra civil española 1936–1939.

Algúns erros individuais fan crer que este símbolo xurdiu co movemento Anarcopunk, que foi parte do movemento musical punk a finais dós anos 70. Con todo, o movemento punk axudou a dar a coñecer o símbolo, incluso entre persoas non anarquistas.

                                     

2.1. Bandeira negra Descrición

A cor negra asociouse coa anarquía desde finais do século XIX. Moitos grupos anarquistas conteñen a palabra "negro" nos seus nomes. Houbo un gran número de periódicos anarquistas titulados Bandeira Negra, así como unha banda de hardcore punk do mesmo nome en inglés Black Flag.

A uniformidade da escuridade na bandeira representa a propensión anarquista a levantar barricadas. Especificamente, representa o internacionalismo, renegando de calquera tipo de límite. Unha simple bandeira negra é case unha antibandeira. Ademais, unha bandeira branca é o símbolo de rendición ante unha forza superior, polo que unha bandeira negra pode ser vista como a negativa a darse por vencido na loita. Tamén se fala do simbolismo do amencer para os mártires caídos na loita.

Así mesmo, no concepto de ser unha antibandeira, pode simbolizar a negación a toda ideoloxía, filosofía, culto ou tradición elementos que adoitan ter símbolos que pretendan escravizar ó ser humano baixo o seu nome.

A bandeira negra pode tamén ser relacionada coa Jolly Roger bandeira pirata coa caveira e dous ósos.



                                     

2.2. Bandeira negra Historia

Algúns dos primeiros anarquistas identificáronse coa bandeira vermella como provenientes da tradición do socialismo, representado historicamente por esta cor. Cando na familia socialista houbo a escisión final entre marxistas e anarquistas, os segundos adoptaron a bandeira negra como símbolo para diferenciarse do "socialismo de Estado" representado polos primeiros.

A cor negra da bandeira asociouse ó anarquismo na década de 1880 como un signo do amencer para a Comuna de París. O periódico francés Le Drapeau Noir, existente ata 1882, foi unha das primeiras publicacións que fai referencia ó uso da cor negra como símbolo do pensamento anarquista. Black International era o nome dun grupo anarquista londiniense fundado en xullo de 1881.

Na Revolución Rusa as forzas anarquistas de Nestor Makhno foron coñecidas popularmente como o Exército Negro. Loitaron baixo o símbolo da bandeira negra con algo de éxito ata que foron cribados polo Exército Vermello. Emiliano Zapata, o revolucionario mexicano da década de 1910, usaba unha bandeira negra cunha caveira con ósos e a Virxe María, co lema "Tierra y Libertad".

Os estudantes parisienses portaron bandeiras negras e vermellas durante a masiva folga xeral de maio de 1968. Nese mesmo ano despregáronse estas bandeiras na convención nacional do movemento estadounidense, "Estudantes por unha sociedade democrática". Tamén ó mesmo tempo o diario británico Black Flag iniciou a súa edición, manténdose na actualidade.

                                     

3. Bandeira negrivermella

Descrición

A bandeira negrivermella une a cor negra do anarquismo coa cor vermella do sindicalismo ou movemento obreiro. Adoita estar cosida en diagonal, se ben as primeras bandeiras estábano de forma horizontal simbolizando a falta de autoridade.

Historia

Aínda que hai usos anteriores de bandeiras que conxugaban ambas cores en Italia e México, a popularización definitiva chegou cando o sindicato español CNT tomou a bandeira negrivermella como emblema do anarcosindicalismo na década de 1920. Na actualidade a bandeira negrivermella é un dos símbolos máis populares do anarquismo nalgunhas zonas e xa non se limita a representar o anarcosindicalismo en exclusiva, senón que tamén é usada por anarcopunks, anarcocomunistas, anarcomutualistas, e outros grupos. En Costa Rica a bandeira negrivermella foi utilizada polo Centro de Estudios Germinal, tamén de ideoloxía anarquista.

                                     

4.1. Outros emblemas Gato negro

O gato negro, tamén chamado "gato salvaxe" ou "gato montés" "wild cat" en inglés amósase normalmente coas costas arqueadas e sacando as unllas e os dentes.

Foi deseñado por Ralph Chaplin, unha coñecida figura dentro do sindicato estadounidense Industrial Workers of the World IWW. A palabra "wildcat" dá idea de salvaxe ou fero en inglés, suxerindo coa postura do gato o simbolismo do sindicalismo revolucionario e as folgas sen descanso.

                                     

4.2. Outros emblemas Cruz negra

A cruz negra é o símbolo da Cruz Negra Anarquista, unha organización humanitaria que promove a liberación de presos e a abolición dos sistemas penitenciarios, apoiando diversas alternativas ás prisións.

A cruz é unha modificación do emblema usado pola Cruz Vermella e ten na parte superior un puño pechado, un símbolo tamén relacionado coa loita e o desafío ó poder. Tamén representa a unión, o feito de que moitos dedos débiles xuntos poden formar un puño forte.

                                     

4.3. Outros emblemas Okupación

O símbolo do movemento de okupación converteuse xa nun máis dos símbolos anarquistas. Existen numerosos casos de okupacións promovidas por xente que busca crear alternativas culturais e asociativas nos barrios nos que viven, a través dos chamados centros sociais okupados. A súa finalidade é crear espazos autoxestionados desde onde poder crear actividades libres de presións económicas e políticas. Organízanse asembleariamente para evitar a creación de líderes e adoitan estar vinculados ideoloxicamente ó anarquismo ou a outras tendencias de esquerda revolucionaria.

                                     

4.4. Outros emblemas Sabot

Un símbolo de menor uso por parte de certos anarquistas é o sabot, símbolo da sabotaxe como forma de loita. Un símbolo paralelo a este é a chave de torcas.

A palabra sabotaxe orixinouse da palabra francesa sabot. En Francia as zocas calzado de madeira chámanse sabots. Como medio de presión nunha folga os obreiros dalgunhas fábricas usaron os seus sabots para inutilizar a maquinaria, e así amosar o seu desacordo cos patróns. Sabotaron as máquinas.

                                     

4.5. Outros emblemas Mutualismo e reciprocidade

Existe un símbolo relativamente recente que é representativo do mutualismo ou anarquismo de mercado e da axuda mutua ou reciprocidade.

                                     

5. Outras bandeiras

Bandeira verdinegra

A bandeira verdinegra é unha modificación da bandeira negrivermella. É usada polos partidarios dos movementos ecoloxistas de inspiración anarquista como a ecoloxía social, a anticivilización e o primitivismo.

Tómase xeralmente para simbolizar unha visión do anarquismo que se centra na autodeterminación de tódalas formas de vida. Ultimamente o seu uso volveuse máis popular xunto coa bandeira negrivermella.

Bandeira púrpura-negra

A bandeira púrpura-negra é usada polo movemento anarcofeminista e polos anarquistas que están involucrados no activismo polas cuestións de xénero.

Adoita ser usada por grupos de mulleres anarquistas e en accións de liberación feminina.

Bandeira lila-negra

A bandeira lila-negra pode significar liberación anarcofeminista, e tamén reivindicación das minorías sexuais. É usado indistintamente por mulleres anarquistas, como por sectores da comunidade LGBT, así como por algúns anarquistas adherentes da teoría queer.



                                     

6. Efemérides e días conmemorativos

Como toda organización e ideoloxía o movemento anarquista ten certas datas que considera relevantes recordar, xa sexa para reivindicación e memoria histórica, como para cuestionar a súa celebración. Non existe un calendario oficial, polo que non son en si "datas anarquistas", se ben contan con certa popularidade dentro do movemento. Estas datas replantéxanse e engádense novos días, actualizándose as conmemoracións para lembrar situacións de actualidade.

  • 1 de maio - Conmemora o día en que foron asasinados os mártires de Chicago. Día internacional da clase obreira.
  • 29 de marzo - Conmemórase en Chile o Día do mozo combatente.
  • 25 de setembro - Conmemoración da Primeira Xornada Libertaria en Quilpué, Chile.
  • 10 de marzo - Conmemórase o día dos sen teito.
  • 19 de xullo - Marca o inicio da Revolución Española.
  • 12 de outubro - Día da Resistencia Indíxena, conmemorando a chegada dos conquistadores españois a América.
  • 20 de novembro -Día da morte de Buenaventura Durruti en Madrid na fronte da Cidade Universitaria.
  • 2 de outubro - Se conmemora la masacre estudantil en México en 1968
  • 16 de outubro - Día Internacional dos Alimentos, por derivación día contra as multinacionais de comida rápida.
Free and no ads
no need to download or install

Pino - logical board game which is based on tactics and strategy. In general this is a remix of chess, checkers and corners. The game develops imagination, concentration, teaches how to solve tasks, plan their own actions and of course to think logically. It does not matter how much pieces you have, the main thing is how they are placement!

online intellectual game →