Back

ⓘ Camiño Inglés. O camiño inglés é a vía do camiño de Santiago usada polos peregrinos procedentes das Illas Británicas e doutros portos do norte de Europa, que ch ..



                                               

The Numismatist

The Numismatist é unha revista numismática estadounidense de periodicidade mensual editada pola American Numismatic Association. A revista contén artigos acerca das moedas, as medallas, as fichas comerciais, os billetes e outras cuestións relacionadas coa numismática. Todos os membros da ANA reciben The Numismatist como parte dos beneficios da súa afiliación.

                                               

Editor de gráficos vectoriais

Un editor de gráficos vectoriais é un programa que permite aos usuarios compor e editar imaxes de gráficos vectoriais de forma interactiva na pantalla do ordenador e gardalas nun dos moitos formatos de gráficos vectoriais populares como EPS, PDF, WMF, SVG ou VML.

                                               

Declaración de Malé sobre a dimensión humana do cambio climático global

A Declaración de Malé sobre a dimensión humana do cambio climático global é un tratado elaborado por representantes dos pequenos estados insulares en desenvolvemento que se reuniron para asinar a declaración en novembro de 2007. A Declaración estableceu unha estratexia e un camiño claros paia vincular o cambio climático e os dereitos humanos, e cambiar a axenda da campaña para previr o cambio climático, así como crear a nova Convención Marco das Nacións Unidas sobre o Cambio Climático. Había pouca conexión entre o cambio climático e os dereitos humanos, pero a declaración deixou en claro q ...

Camiño Inglés
                                     

ⓘ Camiño Inglés

O camiño inglés é a vía do camiño de Santiago usada polos peregrinos procedentes das Illas Británicas e doutros portos do norte de Europa, que chegaban ós portos da Coruña e Ferrol para emprende-lo camiño rumbo sur cara a Santiago de Compostela.

                                     

1. Trazado da ruta

Ruta dende Ferrol

A ruta dende Ferrol pode dividirse en cinco etapas:

  • 2ª etapa: Neda - Miño
  • 1ª etapa: Ferrol - Neda
  • 3ª etapa: Miño - Bruma
  • 4ª etapa: Bruma - Sigüeiro
  • 5ª etapa: Sigüeiro - Compostela
                                     

1.1. Trazado da ruta Ruta dende A Coruña

A ruta dende A Coruña pode dividirse en tres etapas:

  • 2ª etapa: Bruma - Sigüeiro
  • 3ª etapa: Sigüeiro - Compostela
  • 1ª etapa: A Coruña - Hospital de Bruma

A pesar de que a ruta entre A Coruña e Compostela é menor de 100 km, o cabido compostelán concedeu en decembro de 2016 a posibilidade de recibir a Compostela aos peregrinos que realicen este percorrido.

O camiño parte da igrexa de Santiago na Cidade Vella e atravesa logo A Pescadería pola rúa Real e Os Cantóns. Atravesa logo cara a Catro Camiños e abandona a cidade por Eirís de Arriba, Pedralonga e a estrada N-550.

A continuación atravesa o concello de Culleredo polo paseo marítimo do Burgo, pasando polos muíños de Acea de Ama ata a igrexa de Santiago, preto da ponte do Burgo. Bordea logo o castro de Alvedro e cruza o río Valiñas pola ponte da Xira. Segue logo ata o antigo cruceiro de Sigrás e diríxese ao peto de ánimas de santo Antón e á igrexa de Santiago, onde existía un hospital de peregrinos, hoxe casa reitoral.

Continúa bordeando os pazos de Loriga, Drozo e Anceis para entrar no concello de Carral, onde se atopa o albergue de Sergude, inaugurado no 2014. Despois de cruzar Sarandós únese ao camiño que procede de Ferrol nas Travesas.

                                     

2. Véxase tamén

Bibliografía

  • El Camino Inglés. Ed. Consellería de Cultura. Xunta de Galicia. 1999.
  • El Camino de Santiago. Antón Pombo. Ed. Anaya Touring. 2004.
  • Itinerario de la Ruta Jacobea Camino Inglés. Asociación Galega de Amigos do Camiño de Santiago. Ed. Deputación da Coruña. 1999.

Ligazóns externas

  • DECRETO 110/2014, do 4 de setembro, polo que se aproba a delimitación do Camiño de Santiago Inglés.
  • Asociación Galega de Amigos do Camiño de Santiago
  • Guía do camiño inglés dende A Coruña en turismo.gal
  • santiagoturismo.com
  • Delimitación do camiño Inglés na páxina da Xunta de Galicia con mapas de tódolos concellos
  • Camiño Inglés na Deputación da Coruña
  • Camiño Inglés La Voz de Galicia en galego
  • Violeta Miraz Seco 2013. La peregrinación marítima. El camino inglés desde la ría de Ferrol en la Baja Edad Media Tese de doutoramento en castelán
  • caminodesantiago.gal
  • Guía do camiño inglés do concello da Coruña
Free and no ads
no need to download or install

Pino - logical board game which is based on tactics and strategy. In general this is a remix of chess, checkers and corners. The game develops imagination, concentration, teaches how to solve tasks, plan their own actions and of course to think logically. It does not matter how much pieces you have, the main thing is how they are placement!

online intellectual game →