Back

ⓘ Marcela Gracia Ibeas e Elisa Sánchez Loriga foron dúas mestras galegas. As dúas mulleres constituíron o segundo matrimonio entre persoas do mesmo sexo do que ha ..



Marcela Gracia Ibeas e Elisa Sánchez Loriga
                                     

ⓘ Marcela Gracia Ibeas e Elisa Sánchez Loriga

Marcela Gracia Ibeas e Elisa Sánchez Loriga foron dúas mestras galegas. As dúas mulleres constituíron o segundo matrimonio entre persoas do mesmo sexo do que hai constancia, sendo o primeiro datado en período medieval. Casaron o 8 de xuño de 1901 na Coruña, as sete da mañá na igrexa parroquial de San Xurxo, e para acadalo Elisa tivo que adoptar unha identidade masculina.

A nova da súa voda difundiuse axiña por toda España e por varios países europeos. Aínda non se sabe o que aconteceu con elas trala súa fuxida á Arxentina.

A súa unión matrimonial realizouse máis de cen anos antes de que a lei permitise o matrimonio entre persoas do mesmo sexo, co que este feito pode considerarse un precedente do matrimonio homosexual en España.

                                     

1. Primeiro encontro, separación e reencontro

Marcela e Elisa coñecéronse mentres estudaban na Escola Normal de Mestras da Coruña, onde se formaban as futuras profesoras de ensinanza primaria. A súa amizade deu paso a unha relación máis íntima. Os pais de Marcela, vendo que a amizade ía alén do socialmente permitido e temendo un posible escándalo, enviaron a súa filla a Madrid. Pasou o tempo e ambas, unha na Coruña e outra en Madrid, remataron os seus estudos. Atoparíanse de novo cando Elisa foi destinada como mestra interina a Couso, unha pequena parroquia de Coristanco. Preto, en Vimianzo, na aldea de Calo, instalouse Marcela xa coma mestra superior. Decidiron vivir xuntas en Calo, onde Elisa exercía. En 1889, Marcela tivo que ir dar clases a Dumbría mentres Elisa ficaba en Calo, aínda que Elisa percorría polas noites varios quilómetros para poder ver a súa amante.

                                     

2. Identidade falsa e matrimonio

En 1901 Elisa adoptou un aspecto masculino co cal se presentou na Escola Normal para solicitar un certificado de estudos, inventou un pasado e converteuse en Mario. Para este pasado inventado tomou como referencia un curmán seu morto nun naufraxio. Inventou tamén que pasara a infancia en Londres e que o seu pai era ateo. Ante esta última circunstancia, o padre Cortiella, párroco de San Xurxo, bautizou a Mario o 26 de maio de 1901 e administroulle a primeira comuñón, e posteriormente casou a parella o 8 de xuño de 1901 trala publicación das amoestacións. A cerimonia foi breve, os padriños deron fe da súa validez e a parella pasou a noite de vodas na pensión Corcubión, na rúa de Santo André.

                                     

2.1. Identidade falsa e matrimonio Consecuencias

Finalmente, os veciños non puideron seguir indiferentes ante o que, a partir dese intre, deuse en coñecer como o" matrimonio sen home”. A parella sería portada de xornais galegos e madrileños e, como consecuencia disto, foron excomungadas, perderon o seu emprego e ditouse unha orde de busca e captura. Semella que para que tivese lugar a excomuñón, o párroco pediulle a un doutor que examinase a Mario para comprobar se era home ou muller. Mario accedeu e, cando o doutor emitiu o seu diagnóstico, tentou pasar por un hermafrodita cuxa condición fora diagnosticada en Londres. A Garda Civil perseguiunas até a localidade de Dumbría, onde ambas exercían coma mestras. Tense constancia de que pasaron por Vigo e Porto Portugal na súa fuxida. Nesta cidade, Elisa fíxose chamar Pepe e, de novo baixo a aparencia dunha parella heterosexual, as mulleres viviron como marido e muller durante dous meses.

O 1 de xullo de 1901 o xuíz Pedro Calvo Camina acordou procesalas e ordenar a súa busca e captura. O 18 de agosto, a petición da policía española, foron detidas e encarceradas. Foron liberadas trece días despois porque un movemento solidario liderado por activistas portuguesas esixiu a súa liberdade, realizándose ademais varias colectas públicas para axudalas economicamente. Entre tanto, Elisa xuraba que era un home para xustificar a situación. Porén, os dous médicos que a recoñeceron concluíron que o seu sexo era feminino e foi obrigada a vestirse de muller. A pesar do rebumbio, a administración española solicitou a extradición da parella e Portugal aceptouna. Non obstante, antes de ser enviadas a España, foron xulgadas e absoltas polos delitos que se lles imputaban nese país. Antes de escapar do Porto cara a América, Elisa e Marcela transformáranse nunha familia, pois Marcela dera a luz unha nena o 6 de xaneiro de 1902. Subiron entón nun barco cara á Arxentina, coma tantos outros galegos da época, onde pasaron a lúa de mel e, finalmente, ficaron a vivir. O desembarco en Buenos Aires, ese mesmo ano non foi doado. Traballaron como criadas durante un ano, mais o salario non daba para manter unha familia, polo que tiveron que recorrer a novas estratexias para superar as circunstancias que impuñan a separación. Para iso Elisa, que nese país se identificaba como María Sánchez Loriga, casou en 1903 co dinamarqués Christian Jensen, un home vinte e catro anos máis vello ca ela, para apousentarse nun fogar ao que facer chegar despois a Marcela, baixo a identidade de Carmen, como se fose a súa irmá, e a súa filla.

Co tempo e a negativa de Elisa María a consumar o matrimonio co seu home, xurdiron as sospeitas deste, o que o levou a pescudar e descubrir que María e Carmen eran efectivamente as célebres Elisa e Marcela das que tempo atrás informara a prensa. Víronse de novo enfrontadas aos tribunais ao tratar Jensen de anular o seu matrimonio. A sentenza ditaminou que o matrimonio si era válido por realizarse entre un home e unha muller, polo que non houbo cargos contra Elisa María. Neste momento 1904 perdéuselles a pista. Algúns veciños de Dumbría espallaron un rumor, varios anos despois, sobre o falecemento de Elisa e o posterior casamento de Marcela cun home. Algúns medios publicaron en 1909 o suposto suicidio de Elisa en Veracruz, hipótese da que non hai evidencias.

En 2018 unha muller arxentina considerou a posibilidade de que a súa bisavoa fose Marcela Gracia Ibeas.



                                     

3. Impacto social e legado

En 1902 publicouse o libro La sed de amar, do escritor estremeño Felipe Trigo, que tivo unha gran repercusión na época. Esta obra incorpora a historia de Marcela e Elisa dándolles os nomes de Rosa e Claudia. O perfil das mulleres e a historia da súa relación transcribe con case total equivalencia a historia real. O propio autor fai constar a pé de páxina nalgunhas versións publicadas que a historia é real e que ocorreu na Coruña en 1901.

En 2003, o redactor xefe da cadena SER Isaías Lafuente publicou o libro Agrupémonos Todas 2003, no que fixo un percorrido polo máis destacado do feminismo no século XX. Nesa obra sinala a historia de Marcela e Elisa como un dos feitos máis significativos relacionados con este movemento acontecidos en Galicia xunto coa figura de Emilia Pardo Bazán.

O 18 de decembro de 2008 presentouse no paraninfo da Universidade da Coruña o libro de Narciso de Gabriel Elisa e Marcela - Alén dos homes, traballo de máis de 300 páxinas que recolle o periplo da parella entre que fuxiron da Coruña en xuño de 1901 ata o ano 1904.

A finais de 2011, a Universidade da Coruña presentou na sala "La Normal", unha exposición sobre o momento histórico vivido por estas mulleres así como a súa propia historia. Nun dos paneis contábase que a prensa mexicana anunciara en 1909 o suicidio de Elisa.

En 2017 a compañía de teatro A Panadaría coproduciu co Centro Dramático Galego e os concellos de Rianxo, Vimianzo e A Coruña a obra Elisa e Marcela que narra a historia delas.

En 2018, o concello da Coruña inaugurou en San Roque de Fóra unha rúa co nome Marcela e Elisa.

En 2019 estreouse o filme Elisa y Marcela, dirixido por Isabel Coixet.

                                     

4. Matrimonios homosexuais baixo a lei 13/2005

ano 2005 fíxose legal o matrimonio homosexual en España coa modificación do Código Civil que o regula. Deste xeito, o primeiro matrimonio de persoas homosexuais baixo a nova lei 13/2005 tivo lugar o 11 de xullo de 2005. Celebrouse en Tres Cantos Madrid, entre Emilio Menéndez e Carlos Baturin, que levaban convivindo como parella máis de 30 anos. O primeiro casamento entre mulleres baixo a nova lei celebrouse en Barcelona, once días despois.

                                     

5. Véxase tamén

Outros artigos

  • Matrimonio entre persoas do mesmo sexo
  • Elisa y Marcela filme

Ligazóns externas

  • Elisa y Marcela "Mas alla de los hombres"
  • Marcela Gracia Ibeas e Elisa Sánchez Loriga no Álbum de Mulleres do Consello da Cultura Galega.
Free and no ads
no need to download or install

Pino - logical board game which is based on tactics and strategy. In general this is a remix of chess, checkers and corners. The game develops imagination, concentration, teaches how to solve tasks, plan their own actions and of course to think logically. It does not matter how much pieces you have, the main thing is how they are placement!

online intellectual game →