Back

ⓘ Premios de Teatro Castelao. Cando facemos referencia ao Premio Castelao debemos ter en conta a realización de dous certames diferentes, por unha parte o que tiv ..



                                               

José Mardones

José García de Mardones Ortiz de Pereda, máis coñecido como José Mardones, nado en Fontecha o 14 de agosto de 1868 e finado en Madrid o 4 de maio de 1932, foi un cantante vasco con rexistro de baixo. José Mardondes chegou ser considerado o mellor baixo do mundo, co seu amplo rango vocal. O tenor Enrico Caruso dixo sobre el que "cando canta, oio a un arcanxo". Durante doce anos foi baixo titular da Metropolitan Opera House de Nova York.

                                     

ⓘ Premios de Teatro Castelao

Cando facemos referencia ao Premio Castelao debemos ter en conta a realización de dous certames diferentes, por unha parte o que tivo lugar en Galiza entre 1963 e 1966 e por outra parte o que se celebrou na Arxentina en 1975.

No ámbito galego, e tendo como antecedente o Certame de Teatro do Miño celebrado en Lugo en 1960, xorden en 1963 os Premios de Teatro Castelao tamén coñecidos como Concurso de Teatro Castelao, os cales se prolongarán até o ano 1966. A celebración deste acto é un dos acontecementos que marcan o inicio da renovación do teatro galego.

As obras gañadoras foron as seguintes:

  • Un Hotel de Primeira sobre Río 1966, de Xohana Torres.
  • A revolta 1965, de Jenaro Marinhas del Valle.
  • Cando Morren os Farois 1963, de Ángel de la Peña.

O final dos Premios de Teatro Castelao produciuse como consecuencia do nacemento do teatro independente en Galicia, supoñendo este último feito na opinión de autores como Laura Tato Fontaíña ou Manuel F. Vieites o inicio dunha nova etapa do Teatro Galego.

Por outra banda, ano 1975 o Instituto Argentino de Cultura Gallega Bos Aires convocou un certame literario que tamén se denominaría Premio Castelao polo 25 aniversario da morte do escritor Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.

                                     

1.1. O premio galego Contexto literario e sociocultural

O proceso de recuperación cultural, xa iniciado na década dos anos 50 coa creación da Editorial Galaxia e a Editorial Monterrey, verase acentuado desde 1960, o que tamén mellorará a situación da literatura galega. Desta maneira, ano 1960 celebrarase en Lugo a primeira e única edición do Certame de Teatro do Miño, que verá a súa continuación nos Premios de Teatro Castelao.

Así, o ano 1963 foi unha data clave, pois a primeira edición deste último certame literario terá lugar o mesmo ano en que se celebra por primeira vez o Día das Letras Galegas e no cal ve a luz a Revista Grial, que será un órgano de vital importancia no ámbito literario e cultural.

                                     

1.2. O premio galego Obxectivos

Os Premios de Teatro Castelao nacen como resposta á necesidade de promover un teatro galego perdurábel e máis elaborado, unha das preocupacións mais destacábeis no ámbito da cultura galega.

A Agrupación Cultural O Galo que xogou un papel esencial en relación ao xénero dramático, decidiu recadar mediante a "campaña do peso" o importe necesario para o premio.

A iniciativa de celebrar os Premios de Teatro Castelao xurdiu como resposta ao rechazo ao cal a lingua galega estaba exposta nos diversos certames literarios que se realizaban. Por outra banda, a ralización dunha actividade destas características permitiría facer chegar a literatura á poboación galega, dándolle a oportunidade de descubrir obras dunha excelente calidade como sería o caso de A revolta de Jenaro Marinhas del Valle e d A outra banda do Iberr de Xohana Torres.

O concurso reunía a personalidades importantes do ámbito do galeguismo implicadas na recuperación do teatro, como Otero Pedrayo e en moitos artigos da prensa fíxose referencia ao éxito do premio.

                                     

1.3. O premio galego O asociacionismo galego e a súa importancia

É importante facer referencia á situación do asociacionismo en Galiza, pois foi a Agrupación Cultural O Galo, fundada en 1961 en Santiago de Compostela, a que se encargaría de recadar os fondos que fixeron posíbel a celebración do Premio de Teatro Castelao.

Os inicios desta asociación encádranse nun período marcado pola censura e a prohibición de representación de obras por seren consideradas unha ameaza para o réxime, sendo esta a primeira mostra de asociacionismo en Galiza. A pesar destas limitacións, O Galo conseguiu manter a súa actividade até a actualidade.

No ámbito teatral, destaca tamén a formación en 1965 do Grupo de Teatro O Facho, ligado á Agrupación Cultural O Facho. O seu labor estaba destinado a crear unha conciencia nacionalista, actuando de forma independente, sen apoiarse en ningunha institución ou organismo. Inaugurouse a súa fundación, dirixida por Manuel Lourenzo, cunha representación teatral na Sala de Exposicións da Casa da Cultura e foi este acto unha das primeiras mostras de teatro independente en Galicia.



                                     

1.4. O premio galego Obras gañadoras e finalistas

As obras gañadoras das diferentes edicións do certame foron: Cando morren os farois, de Ángel de la Peña, A revolta, de Jenaro Marinhas del Valle e Un Hotel de Primeira sobre o Río, de Xohana Torres, aínda que desta última escritora tamén merece ser mencionada A outra banda do iberr. Esta foi finalista na edición de 1964 dos premios, na cal o xurado recomendou a súa publicación, que posteriormente, en 1965, foi dirixida e editada por Galaxia.

A segunda das obras triunfantes, A revolta, narra unha historia propia da época na que se encadra. Abórdanse temas como a pobreza, a emigración e o sometemento, mais tamén a loita.

                                     

2. O premio arxentino

ano 1975 cumpríanse 25 anos da morte de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao e na Arxentina organizáronse ao longo dese ano numerosos actos en homenaxe ao escritor e líder galeguista.

Unha das iniciativas levadas a cabo para lembrar ao escritor foi a realización dun certame literario que levaría o seu nome. Este premio xurdiu como proposta do Instituto Argentino de Cutura Gallega pertencente ao Centro Gallego de Buenos Aires.

Aceptáronse como participantes a este certame todas aquelas obras que amosasen compromiso por Galiza. Por outra banda, o premio que se entregou foi unha réplica en bronce dunha escultura de Castelao, modelada e fundida na fábrica de cerámica de Pontecesures, como ben se informou na edición 197 do Correo de Galicia publicada o 20 de outubro de 1975.

O gañador deste valioso premio foi Ramón Otero Pedrayo, que foi tamén recoñecido ese mesmo ano como patriarca da cultura galega.

                                     

3.1. Véxase tamén Bibliografía

  • Lourenço Módia, Cilha. O Teatro Circo na configuración do Teatro Independente Galego 1967-1978, Brion: Laiovento, 2013.
  • Marinhas del Valle, Jenaro. A revolta, Vigo, Editorial Galaxia, 1965.
  • F. Vieites, Manuel. Historia do Teatro Galego. Unha lectura escénica. Santiago de Compostela: Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, Dirección Xeral de Promoción Cultural, 2005.
  • Samartim, Roberto. O processo de construçom do sistema literario galego entre o franquismo e a transiçom 1974-1978. Margens, Relaçons, estrutura e Estratégias de planificaçom cultural.
  • A Agrupación Cultural o Facho: A Coruña na cultura galega, 1991.
  • Ogando, Iolanda. Aproximación ó teatro histórico en Galicia ata 1981, repertorio e funcións.: Universidade de Santiago de Compostela, Departamento de Filoloxía Galega e Portuguesa, 1999.
  • Lourenzo, Manuel. O teatro galego, de esguello. Notas ceibes encol da nosa vida teatral. A Coruña: Casa Provincial de Caridad Imprenta-Escuela, 1975.


                                     

3.2. Véxase tamén Ligazóns externas

  • Fundación Luís Seoane: Un canto e unha luz na noite. Asociacionismo cultural en Galicia 1961-1975.
  • Páxina oficial do Centro Gallego de Buenos Aires
  • Páxina web da Agrupación Cultural O Galo
  • Agrupaçom Cultural O Facho
Free and no ads
no need to download or install

Pino - logical board game which is based on tactics and strategy. In general this is a remix of chess, checkers and corners. The game develops imagination, concentration, teaches how to solve tasks, plan their own actions and of course to think logically. It does not matter how much pieces you have, the main thing is how they are placement!

online intellectual game →