Back

ⓘ Premios María Casares. Os Premios María Casares son uns galardóns entregados anualmente pola Asociación de actores e actrices de Galicia que destacan os mellore ..



                                               

Mónica García Prieto

Mónica García Prieto, nada en Badaxoz en 1974, é unha xornalista española, reporteira internacional para distintos medios de comunicación españois, recoñecida e galardoada con importantes premios xornalísticos.

                                               

Fatima Jibrell

Fátima Jibrell é unha activista ambiental somalí-americana. Foi cofundadora e directora executiva da organización "Horn of Africa Relief" e da Organización para o Desenvolvemento, cofundadora de "Sun Fire Cooking" e foi fundamental na creación da Coalición Mulleres pola Paz.

                                               

Antonia Maury

Antonia Caetana de Paiva Pereira Maury, máis coñecida como Antonia Maury, nada en Cold Spring on Hudson, Nova York o 21 de marzo de 1866 e finada o 8 de xaneiro de 1952, foi unha astrónoma estadounidense que deseñou un novo sistema de clasificación estelar que sería a base da astrofísica moderna.

                                               

Curzio Malaparte

Kurt Erich Suckert, nado en Prato o 9 de xuño de 1898 e finado en Roma o 19 de xullo de 1957, foi un xornalista, dramaturgo, escritor e diplomático italiano coñecido como Curzio Malaparte. O apelido escollido para asinar as súas obras, que empregou desde 1925 significa literalmente "de mal lugar" e é un xogo de palabras con "Buonaparte", en referencia a Napoleón Bonaparte.

                                               

Hiroko Oyamada

Hiroko Oyamada, 小山田 浩子, Oyamada Hiroko, nada en Hiroshima o 2 de novembro de 1983, é unha escritora xaponesa. Gañou o Premio Shincho para escritores noveis, o Premio Oda Sakunosuke e o Premio Akutagawa.

                                               

Julia Bonds

Julia "Judy" Bonds, nada o 27 de agosto de 1952 e finada o 3 de xaneiro de 2011, foi unha organizadora e activista das montañas Apalaches de Virxinia occidental, Estados Unidos. Criada nunha familia de mineiros do carbón, traballou desde unha idade temperá en empregos de soldo mínimo. Bonds era a directora da Coal River Mountain Watch. Foi alcumada "a madriña do movemento en contra da minería de carbón a ceo aberto".

Premios María Casares
                                     

ⓘ Premios María Casares

Os Premios María Casares son uns galardóns entregados anualmente pola Asociación de actores e actrices de Galicia que destacan os mellores espectáculos, actores e actrices e profesionais técnicos da temporada teatral anterior. Concedéronse por vez primeira ano 1997 e reciben o nome de María Casares debido á que foi a actriz galega con máis éxito internacional de sempre. Os gañadores son decididos por todas as persoas asociadas mediante votación electrónica.

A gala de entrega realízase no teatro Rosalía de Castro, na Coruña, en datas próximas ao Día Mundial do Teatro 27 de marzo. Os patrocinadores habituais son o Concello e a Deputación da Coruña, a AGADIC, a Fundación AISGE, a SGAE e nos últimos anos contou coa colaboración do Padroado da Cultura do Concello de Narón, do Centro Dramático Galego de Gadis. Ademais, é emitida a través da primeira canle da Televisión de Galicia e das redes sociais, menos na edición de 2019 que foi transmitida exclusivamente a través da plataforma YouTube.

A mecánica é a habitual deste tipo de entregas, aínda que con varias peculiaridades. Desde o comezo, o obxecto entregado a cada gañadora era unha cunca de Sargadelos coa cara de María Casares, mais en 2019 substituiuse por un deseño da ceramista Paula Pereira. A escenografía, ḿúsica e guión de cada edición son encargadas a unha compañía ou dirección diferente, realizando representacións entre as entregas e agradecementos. A edición de 2010 foi conducida por Voadora, a de 2014 por Ibuprofeno Teatro, a de 2015 por Elefante Elegante, a de 2016 por Chévere, a de 2018 por Talía Teatro e a de 2019 polos directores Carlos Sante e Juanillo Esteban.

En cada edición tamén é lido o Manifesto Galego do Día Mundial do Teatro, repasando os resultados da temporada pasada e facendo habitualmente alegacións á melloría das condicións de traballo do gremio e á importancia do sector no universo cultural galego.

                                     

1. Resultados

Por compañías, tanto Sarabela Teatro ten 39 galardóns acadados e o Centro Dramático Galego levaba 37 en 2013. Teatro do Atlántico conseguira 18, Teatro de Aquí 14 e Lagarta 10.

Por individuos, o iluminador e escenógrafo Baltasar Patiño e o escenógrafo Carlos Alonso teñen once, e a maquilladora Carmela Montero, o dramaturgo Roberto Vidal Bolaño, o escritor e actor Avelino González, a directora Ánxeles Cuña e o iluminador, actor e escenógrafo Suso Díaz Seoane, 7.

                                     

2. Véxase tamén

Outros artigos

  • Escena Galega
  • Revista Galega de Teatro
  • María Casares

Ligazóns externas

  • Galas de premios á carta na web da TVG
  • Asociación de Actores e Actrices de Galicia
  • Información sobre todas as edicións dos Premios na páxina da AAAG
Free and no ads
no need to download or install

Pino - logical board game which is based on tactics and strategy. In general this is a remix of chess, checkers and corners. The game develops imagination, concentration, teaches how to solve tasks, plan their own actions and of course to think logically. It does not matter how much pieces you have, the main thing is how they are placement!

online intellectual game →