Back

ⓘ Can de palleiro. O can de palleiro é unha raza de can de tamaño medio orixinaria de Galicia. Tradicionalmente, era o can por antonomasia do agro galego e a súa ..



Can de palleiro
                                     

ⓘ Can de palleiro

O can de palleiro é unha raza de can de tamaño medio orixinaria de Galicia. Tradicionalmente, era o can por antonomasia do agro galego e a súa función era a de can pastor e tamén de garda, mais hoxe en día hai exemplares adicados a distintas funcións, como axuda a discapacitados, cans de terapias, cans de salvamento ou en competicións deportivas como o canicross e o agility. É unha das catro razas de cans autóctonas de Galicia, xunto co guicho, o perdigueiro e o podengo galego.

Estivo a piques de desaparecer por mor dos cruzamentos con outras razas. O seu proceso de recuperación comezou na década de 2000, e en decembro de 2017 había 1 275 exemplares inscritos no libro xenealóxico do Club da Raza Can de Palleiro.

                                     

1. Nomes

Recibe o seu nome en alusión ó palleiro onde tradicionalmente adoitaban durmir estes cans. Tamén é coñecido por outros nomes segundo as zonas, como "can do gando", "can das vacas", "can da casa", "can lobo" ou "can lobeiro".

                                     

2.1. Historia Orixe

A orixe da raza remóntase ós cans pastores que empregaban as tribos das rexións do centro de Europa, os antergos comúns doutras razas de cans como o pastor alemán, o pastor belga e outros cans pastores europeos. É un can do tronco indoeuropeo, o seu agrotipo foi o principal antepasado dos cans de pastoreo do centro de Europa, acompañando os pobos precélticos atlánticos, centroeuropeos e nórdicos que poboaron a vertente atlántica do noroeste da Península Ibérica.

A súa área de distribución tradicional abrangue gran parte do agro galego, con animais identificados por terras de Lalín, Dozón, Rodeiro e Agolada Pontevedra, nos concellos ourensáns de Allariz, Celanova, Xinzo de Limia, A Merca, O Irixo, en terras dos Ancares e interior da provincia de Lugo, así como por distintas zonas da provincia da Coruña.

                                     

2.2. Historia Recuperación

O cruzamento con outras razas de cans traídas doutras partes de Europa durante as décadas de 1960 e 1970 sobre todo pastor alemán e belga case provoca a súa desaparición. A recuperación da raza comeza ano 1999, ano no cal a Xunta de Galicia empeza a verificar a existencia deste can. Mediante a identificación dos exemplares no rural galego, comprobouse a existencia do mesmo tipo de can en diferentes lugares de Galicia, de distintas capas e con distintos nomes. ano 2001, publicouse o estándar oficial da raza, e foi recoñecida oficialmente polo Ministerio de Agricultura como raza autóctona de Galicia por medio da publicación en BOE do Real Decreto 558/2001, o 25 de maio de 2001. O estándar racial deste can está baseado en nove exemplares orixinais con trazos ben definidos que subsistiron sen cruzarse con ningunha outra raza. ano 2002, creouse o Club Can de Palleiro, que é a principal iniciativa de promoción, protección e difusión da raza, baixo a supervisión da Xunta de Galicia.



                                     

3.1. Descrición Aparencia xeral

É un animal de tipo lupoide e tamaño medio, cunha alzada até a cernella de 59–65 cm nos machos e 57–63 cm nas femias. O seu peso rolda os 30–38 kg nos machos e os 25–33 kg nas femias. Ten unha constitución forte, con ósos anchos, mais as femias adoitan ter un aspecto máis lixeiro de proporcións máis lonxilíneas.

Ten o pelo mesto e tupido, máis durante o inverno. A pel é grosa, sen flaccidez, adherida ó corpo e á testa. O seu manto é normalmente uniforme, con gran variedade de tons, presentando cores areas, canelas, castañas, leonadas e mesmo negras. En ocasións poden presentarse exemplares coa capa binaria alobada pelos de cor amarela e nas puntas, negra, con mestura de pelos amarelos e escuros, amarelando no pescozo, gorxa, peito e extremidades.

                                     

3.2. Descrición Temperamento e comportamento

Destaca pola súa intelixencia e pola súa grande estabilidade psíquica, propia dun can pastor. Ten un temperamento forte, e pode desenvolver unha personalidade de sobreprotección pola súa familia e territorio. Ten un carácter doce e tranquilo e amosa unha gran fidelidade cara ó seu amo.

                                     

4. Na cultura popular

Ditos populares

  • "Non quedou can tras palleiro, todo canto e gato hai"
  • "Can merendeiro garda mal o palleiro"
  • "Can de palleiro non quere compañeiro"
  • só lle falta falar"

Música

Un dos temas máis coñecidos do cantautor Bibiano ten por título "Can de palleiro", e é unha composición chanceira e crítica coa ditadura que foi quen de pasar a censura franquista.

                                     

4.1. Na cultura popular Ditos populares

  • "Non quedou can tras palleiro, todo canto e gato hai"
  • "Can merendeiro garda mal o palleiro"
  • "Can de palleiro non quere compañeiro"
  • só lle falta falar"
                                     

4.2. Na cultura popular Literatura

O can de palleiro é mencionado por Rosalía de Castro nun anaco do seu poema "Vanidade" de Follas Novas, onde a autora fai unha defensa da infancia empobrecida da que ela foi testemuña en Compostela e no resto de Galicia. O can de palleiro funciona como metáfora e unha crítica aberta á pobreza e o analfabetismo.

O can de palleiro tamén está presente na literatura galega, como no libro Unha espía no reino de Galicia de Manuel Rivas 2004, no cal dedica un capítulo a este animal, chamado "O país do glorioso can de palleiro".

                                     

4.3. Na cultura popular Música

Un dos temas máis coñecidos do cantautor Bibiano ten por título "Can de palleiro", e é unha composición chanceira e crítica coa ditadura que foi quen de pasar a censura franquista.

Free and no ads
no need to download or install

Pino - logical board game which is based on tactics and strategy. In general this is a remix of chess, checkers and corners. The game develops imagination, concentration, teaches how to solve tasks, plan their own actions and of course to think logically. It does not matter how much pieces you have, the main thing is how they are placement!

online intellectual game →