Back

ⓘ Vianesa. Cun peso medio duns 550-600 quilos, aínda que os touros poden acadar os 850–920 kg. Esta raza posúe unha pelaxe marrón escura e uns característicos cor ..



Vianesa
                                     

ⓘ Vianesa

Cun peso medio duns 550-600 quilos, aínda que os touros poden acadar os 850–920 kg. Esta raza posúe unha pelaxe marrón escura e uns característicos cornos largos en espiral. A pelaxe dos touros é máis escura. Os francos son sombríos e o fociño escuro e aureolado cunha banda clara. De gran poder de tracción, críase tamén pola súa carne. É unha raza típica da provincia de Ourense.

                                     

1. Orixe

A orixe da raza é bastante antiga, posiblemente xurdiu a partir do cruzamento entre as razas rubias e vermellas autóctonas de Galicia e do gando vacún escuro introducido trala chegada dos árabes no século VIII. Actualmente a poboación é moi reducida, cuns 1.362 exemplares 2007, aínda que dende a década de 1990 benefíciase dun programa de preservación do seu patrimonio xenético e reprodúcese na súa forma pura para manter os seus efectivos.

                                     

2. Utilidade

Dende época antiga as vacas de raza vianesa empréganse de forma ecléctica para usos de tracción e produción de carne e leite. A vacas son boas nais e producen un leite moi rico e nutritivo para o crecemento dos becerros. Habitualmente pastoréase cun sistema semiextensivo-extensivo, con estabulación no inverno, e pastoreo ó aire libre durante o resto do ano, alimentándose tanto en pastos abertos como en zonas frondosas. A raza está ben adaptada ó rudo clima montañés da súa zona de distribución e resulta adecuada para a produción de carne como outras razas próximas, como a rubia galega.

                                     

3. Véxase tamén

Ligazóns externas

  • Ficha da raza vianesa na Sociedad Española para los Recursos Genéticos Animales SERGA en castelán
  • Ficha da raza vianesa en PDF na Conselleria do Medio Rural da Xunta de Galicia
Free and no ads
no need to download or install

Pino - logical board game which is based on tactics and strategy. In general this is a remix of chess, checkers and corners. The game develops imagination, concentration, teaches how to solve tasks, plan their own actions and of course to think logically. It does not matter how much pieces you have, the main thing is how they are placement!

online intellectual game →