Back

ⓘ Cultura - Cultura, Capital Europea da Cultura, Tumaco-La Tolita, dos Campos de Urnas, Kurgan, Ministerio de Cultura de España, Cool, estética ..



                                               

Cultura

Cultura é un termo con varias acepcións, en diferentes niveis de profundidade e diferente especificidade. Segundo a filosofía é o conxunto de manifestacións humanas que contrastan coa natureza ou comportamento natural. Pola súa quenda, en bioloxía unha cultura é normalmente unha creación especial de organismos en xeral microscópicos para fins determinados por exemplo: estudo de modos de vida bacterianos, estudos microecolóxicos etc. No día-a-día das sociedades civilizadas especialmente a sociedade occidental e no vulgo acostuma ser asociada á adquisición de coñecementos e prácticas de vida ...

                                               

Capital Europea da Cultura

A Capital Europea da Cultura é unha iniciativa da Unión Europea que ten por obxectivo a promoción dunha cidade de Europa por un período dun ano durante o cal a cidade posúe unha oportunidade de mostrar a Europa a súa vida e desenvolvemento cultural, permitindo un mellor coñecemento mutuo entre os cidadáns da Unión Europea. Esta iniciativa comezou en 1985 co nome de Cidade Europea da Cultura. Só se nomeaba unha cidade por ano, sendo a responsabilidade da organización do evento do Estado membro ao cal pertencía esa cidade e sucedíanse por orde alfabética dos países. En 1990, o Consello de Mi ...

                                               

Cultura Tumaco-La Tolita

A cultura de Tumaco-La Tolita foi unha cultura precolombiana que se difundiu pola rexión costeira de Colombia e Ecuador. Dous dos xacementos máis notables desta cultura amerindia son Tumaco e La Tolita, dos que toma o seu nome. A evidencia arqueolóxica dispoñible desta cultura é antiga no caso do sitio de La Tolita, cuxos materiais foron datados arredor do ano 600 a.C., mentres que en Tumaco as datas máis antigas corresponden a 300 a.C.

                                               

Cultura dos Campos de Urnas

A coñecida como cultura dos campos de urnas ou cultura sorotáptica é un ritual da cultura indoeuropea da Idade de Bronce de Europa central, caracterizada polas súas necrópoles de incineración e a grande expansión que levaron a cabo no século -XIII.

                                               

Cultura Kurgan

A cultura Kurgan foi unha hipotética cultura neolítica nómade e gandeira, desenvolvida cara ao V milenio antes de Cristo en adiante nas chairas situadas ó nordeste do mar Negro e nos lugares cara os que se expandiu. A hipótese da existencia desta cultura creouna Marija Gimbutas, e nela combina arqueoloxía e lingüística para situar a sede orixinaria dos pobos falantes do protoindoeuropeo. É a primeira cultura indoeuropea, e polo tanto, a polémica en séculos pasados causada pola Urheimat patria ancestral dos indoeuropeos, é establecida segundo as hipóteses de Gimbutas nas chairas meridionais ...

                                               

Ministerio de Cultura de España

O Ministerio de Cultura de España foi, en distintas épocas da historia de España, o departamento ministerial encargado da promoción e protección do patrimonio histórico español, dos museos, bibliotecas e arquivos estatais e da promoción e difusión das artes e do libro. En coordinación co Ministerio de Asuntos Exteriores de Cooperación tamén se chegou a ocupar do impulso da cooperación e das relacións internacionais en materia cultural. A partir de 2011 as competencias culturais que permanecían no estado e non foran transferidas ás comunidades autónomas foron traspasadas ao Ministerio de Ed ...

                                               

Cool (estética)

A estética ou actitude cool, é un comportamento, aparencia ou estilo, influenciado e como produto da expresión xermana Zeitgeist. Por mor dos variados cambios nas connotacións do termo, ademais da súa natureza subxectiva, non se pode establecer un único significado para a palabra. Frecuentemente adoita empregarse coma unha expresión de admiración ou aprobación. Malia ser percibida coma un termo coloquial ou informal, este é empregado por unha grande amplitude de grupos sociais.

Free and no ads
no need to download or install

Pino - logical board game which is based on tactics and strategy. In general this is a remix of chess, checkers and corners. The game develops imagination, concentration, teaches how to solve tasks, plan their own actions and of course to think logically. It does not matter how much pieces you have, the main thing is how they are placement!

online intellectual game →